

Abraham
Presentation
•
Religious Studies
•
8th Grade
•
Practice Problem
•
Hard
manoliño arean
Used 1+ times
FREE Resource
8 Slides • 0 Questions
1
Discover new features in Lessons!
Finish all phases of “I-do ; We-do ; You-do” with Quizizz




You can also create lessons directly on Google Slides using “Quizizz Extension”.
Read more about it here
2
ABRAHAM
Vocación de Abraham
1O Señor díxolle a Abram: ‑"Vaite da túa terra, da túa patria, do teu clan, á terra que eu che
mostrarei.
2Eu farei de ti un pobo grande, bendicireite e dareiche un nome de sona, que será exemplo de
bendición.
3Bendicirei a quen te bendiga, maldicirei a quen te maldiga.
Os pobos todos da terra chamaranse benditos no teu nome".
4Abram púxose ó camiño, conforme lle dixera o Señor; e con el foi Lot. Abram tiña setenta e
cinco anos cando saíu de Harán. 5Levaba consigo a Sarai, súa muller, ó seu sobriño Lot e todas
as posesións e mais os criados que adquirira en Harán. Saíron na dirección do país de Canaán, e
chegaron alá.
6Abram percorreu o país ata o lugar santo de Xequem e a aciñeira de Moré. Daquela habitaban
no país os cananeos. 7O Señor aparecéuselle a Abram para dicirlle: ‑"Os teus descendentes
dareilles esta terra". Abram erixiu alí mesmo un altar ó Señor que se lle aparecera. 8Logo
seguiu pola montaña, ó oriente de Betel, e plantou a súa tenda entre Betel ó poñente e Ai ó
nacente. Alí construíu un altar ó Señor e invocouno polo nome. 9Despois seguiu por xornadas o
camiño cara ó sur.
Abraham en Exipto
3
10Houbo fame no país, e Abram baixou a Exipto, coa idea de quedar alí, mentres a fame
seguise apretando. 11Cando xa estaban chegando a Exipto, Abram díxolle a Sarai, súa muller:
‑"Estou pensando na túa fermosura. 12Os exipcios, en véndote, dirán: ‑É a súa muller. Entón a
min mataranme e a ti gardarante viva. 13Dilles que es miña irmá, para que por mor de ti me
traten a min ben e grazas a ti salve a vida".
14Cando Abram chegou a Exipto, os exipcios repararon en que a súa muller era moi bela.
15Vírona tamén os cortesáns e gabáronlla ó faraón, de xeito que a muller foi levada ó pazo.
16A Abram foille ben por conta dela. Adquiriu rabaños, gandos, asnos, servos, servas, asnas e
camelos. 17Mais o Señor inflixiulles ó faraón e á súa corte grandes pragas, por causa de Sarai,
muller de Abram.
18Entón chamou o faraón a Abram para lle dicir: ‑"¿Que fixeches comigo? ¿Por que non me
aclaraches que era a túa muller? 19¿Por que me dixeches que era túa irmá, deixándome que a
tomase por muller? Agora aí tes a túa muller. Cóllea e vaite". 20E o faraón deu ordes ós seus
homes para que despedisen a Abram coa muller e con todo o que tiña.
CAPÍTULO 13
Abraham e Lot
4
1Abram subiu de Exipto cara ó Négueb, coa muller e coas súas posesións, e levando consigo a
Lot. 2Abram era moi rico en gandos, en prata e en ouro. 3Desde o Négueb seguiu por treitos
camiño de Betel, onde fixera en tempos a súa tenda, entre Betel e Ai. 4Era o mesmo lugar onde
construíra anteriormente un altar e invocara o nome do Señor.
5Lot ía con Abram e era tamén rico en rabaños, en gandos e en tendas. 6A terra onde estaban
non chegaba para habitaren xuntos. A moita facenda xa non llelo consentía, 7de xeito que
xurdían agarradas entre os pastores de Abram e os de Lot. Daquela habitaban no país os
cananeos e os perizitas.
8Abram díxolle entón a Lot: ‑"Que non haxa liortas entre nós e entre os nosos pastores, pois
nós somos irmáns. 9Tes diante de ti o país enteiro; sepárate de min. Se ti colles á esquerda, eu
collerei á dereita; se ti á dereita, eu á esquerda".
10Lot levantou os ollos e reparou na veiga do Xordán, toda ela regada. (Isto era antes de que
Deus destruíra Sodoma e Gomorra). Ata chegar a Soar era o mesmo ca un xardín do Señor,
coma a terra de Exipto. 11Lot escolleu para si a veiga do Xordán e dirixiuse cara ó oriente,
separándose de Abram. 12Abram asentou en Canaán e Lot nas cidades da veiga do Xordán,
chegando coa tenda a Sodoma. 13As xentes de Sodoma eran ruíns e moi pecadoras á vista do
Señor.
A terra prometida
14Despois de que Lot se separou del, o Señor díxolle a Abram: ‑"Desde o lugar onde estás
ergue os ollos e mira cara ó norte e cara ó sur, cara ó nacente e cara ó poñente. 15A terra toda
que ves, dareicha a ti e ós teus descendentes para sempre. 16Multiplicarei os teus
descendentes coma o po. Se alguén contase o po, poderíaos contar a eles. 17Anda, percorre a
terra ó longo e ó ancho, pois voucha dar para ti". 18Abram levantou a tenda e foise establecer
na carballeira de Mambré, onda Hebrón. Alí construíu un altar ó Señor.
5
CAPÍTULO 14
Invasión dos reis de oriente
1Amrafel rei de Xinar, Arioc rei de Elasar, Codorlaomer rei de Elam e Tidal rei de Goim
2emprenderon guerra contra Bera rei de Sodoma, Birxá rei de Gomorra, Xinab rei de Ademah,
Xeméber rei de Seboim e o rei de Bela que é Soar. 3Os últimos xuntáronse no val de Sidim que
é o mar Morto. 4Levaban doce anos pagando tributo a Codorlaomer, pero no décimo terceiro
revoltáronse.
5O ano décimo cuarto veu Codorlaomer cos reis aliados seus e derrotaron ós refaítas en
Axterot Carnaim, ós zuritas en Ham, ós emitas no val de Quiriataim 6e ós hurritas nos montes
de Seir, ata El-Parán, á beira do deserto. 7Logo deron volta e chegaron a Ein-Mixpat que é
Cadex, e arrasaron ós amalecitas en todo o seu territorio e ós amorreos que habitaban en
Hasesón-Tamar.
8Entón saíron os reis de Sodoma, de Gomorra, de Ademah, de Seboim e de Bela que é Soar, e
presentaron batalla no val de Sidim 9contra Codorlaomer rei de Elam, Tidal rei de Goim,
Amrafel rei de Xinar e Arioc rei de Elasar. Catro reis contra cinco.
10O val está acugulado de pozos de betume. Os reis de Sodoma e de Gomorra caeron neles e
os outros fuxiron á montaña. 11Os inimigos repañaron os bens e as provisións todas de
Sodoma e de Gomorra, e fóronse con elas. 12O marcharen, levaron tamén consigo a Lot,
sobriño de Abram, que habitaba en Sodoma, e as súas posesións.
Abraham envolto na loita
6
13Chegou un fuxitivo e contoulle todo a Abram o hebreo, que habitaba na carballeira de
Mambré o amorreo, parente de Excol e de Aner, aliados de Abram. 14Cando este oíu que o seu
sobriño estaba preso, mobilizou trescentos dezaoito dos seus criados adestrados, nacidos na
súa casa, e perseguiu os inimigos ata Dan. 15Dispuxo contra eles os seus homes, e de noite
botouse enriba deles e mallounos. Logo perseguiunos ata Hoba, ó norte de Damasco 16e
recobrou todos os bens, e tamén a Lot seu sobriño, coas súas posesións, as súas mulleres e
toda a súa xente.
Abraham e Melquisédec
17Cando Abram tornaba de derrotar a Codorlaomer e ós seus aliados, saíu ó seu encontro o rei
de Sodoma, no val de Xaveh, que é o val do rei. 18Melquisédec, rei de Salem, sacerdote do
Deus Altísimo, sacou pan e viño 19e bendiciu a Abram con estas palabras:
‑"Bendito sexa Abram polo Deus Altísimo, que fixo ceo e terra.
20Bendito sexa o Deus Altísimo,
que puxo os teus inimigos na túa man".
Abram deulle a Melquisédec o décimo de toda a súa presa.
21O rei de Sodoma díxolle a Abram: ‑"Dáme os homes, e garda para ti as posesións". 22Pero
Abram respondeulle: ‑"Xuro polo Señor, o Deus Altísimo, que fixo ceo e terra, 23que non
collerei nada teu, nin un fío nin o amalló dunha sandalia, para que non poidas dicir: Enriquecín
a Abram. 24Poñéndome a min fóra da conta, soamente acepto o que comeron os meus servos
e o que lles corresponde ós que me acompañaron, Aner, Excol e Mambré. Eles, que collan o
que é seu".
7
CAPÍTULO 15
Alianza de Abraham
1Despois disto Abram oíu en visión palabra do Señor: ‑"Non teñas medo, Abram. Eu son para ti
un escudo. O teu pago será moi grande".
2Abram preguntou: ‑"Señor e dono meu, ¿que me darás, se vou morrer sen fillos, e o
damasceno Eliézer será o meu herdeiro?" 3E insistiu: ‑"Mira que non me deches descendencia
e que un criado da casa será o meu herdeiro".
4O Señor respondeulle: ‑"Non será ese o teu herdeiro. Será un fillo teu". 5Logo levouno fóra e
prometeulle: ‑"Olla cara ó ceo e conta as estrelas, se é que podes. Así terás de descendentes".
6Abram creu ó Señor, que llo tivo en conta para a xustificación.
7Despois díxolle o Señor: ‑"Eu son o Señor, que te sacou de Ur dos Caldeos, para che dar en
herdo esta terra".
8Abram preguntou: ‑"Señor e dono meu, ¿como saberei que será miña?"
9O Señor respondeu: ‑"Tráeme unha becerra, unha cabra e un carneiro, todos eles de tres
anos, e mais unha rula e unha pomba".
10Abram trouxo todo, partiu os animais polo medio e puxo unha metade fronte á outra; pero
as aves non as partiu. 11Os voitres descendían á carnada, e Abram espantábaos. 12Cando o sol
estaba para se pór, apoderouse de Abram un sono profundo e invadiuno unha escura
ansiedade.
8
13Entón díxolle o Señor: ‑"Saberás que os teus descendentes terán que estar coma forasteiros
nunha terra allea, e que os escravizarán e os oprimirán por catrocentos anos. 14Pero has de
saber tamén que eu castigarei ó pobo que os escravice, e despois eles sairán con moitos bens.
15Ti irás xuntarte en paz con teus pais; serás enterrado ó cabo dunha boa vellez. 16Despois de
catro xeracións volverán eles aquí, pois aínda non chegou ó seu cúmulo a maldade dos
amorreos".
17Cando se puxo o sol e se fixo noite pecha, Abram viu pasar entre os membros dos animais
tallados un fume coma de forno e un facho de lume. 18Aquel día fixo o Señor con Abram esta
alianza: ‑"Os teus descendentes dareilles esta terra, desde o torrente de Exipto ata o gran río
Éufrates, 19as terras dos Quenitas, dos Quenizitas, dos Cadmoneos, 20dos Hititas, dos
Perizitas, dos Refaítas, 21dos Amorreos, dos Cananeos, dos Guigarxitas e dos Iebuseos".
Leer más: https://www.abibliagalega.com/pentateuco/xenese/capitulos-11-15/
Discover new features in Lessons!
Finish all phases of “I-do ; We-do ; You-do” with Quizizz




You can also create lessons directly on Google Slides using “Quizizz Extension”.
Read more about it here
Show answer
Auto Play
Slide 1 / 8
SLIDE
Similar Resources on Wayground
7 questions
In-ecuaciones y Fundamentos de Geometría
Lesson
•
8th Grade
8 questions
Naturaleza y origen de la justicia en La república de Platón
Lesson
•
KG
9 questions
Zero and Negative Exponents
Lesson
•
8th Grade
6 questions
Cladograms
Lesson
•
9th Grade
5 questions
Reino de los cielos
Lesson
•
KG
4 questions
GRAN CONFLICTO - LECCIÓN 13
Lesson
•
KG
7 questions
famosos
Lesson
•
8th Grade
6 questions
SISTEM PERNAPASAN MANUSIA
Lesson
•
8th Grade
Popular Resources on Wayground
15 questions
Fractions on a Number Line
Quiz
•
3rd Grade
10 questions
Probability Practice
Quiz
•
4th Grade
15 questions
Probability on Number LIne
Quiz
•
4th Grade
20 questions
Equivalent Fractions
Quiz
•
3rd Grade
25 questions
Multiplication Facts
Quiz
•
5th Grade
22 questions
fractions
Quiz
•
3rd Grade
6 questions
Appropriate Chromebook Usage
Lesson
•
7th Grade
10 questions
Greek Bases tele and phon
Quiz
•
6th - 8th Grade