wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

A boca do monte (club de lectura)

Total questions: 25

Worksheet time: 13mins

Name
Class
Date
1.
A boca do monte é unha obra escrita por...
a)
Ledicia Costas
b)
Celia Díaz Núñez
c)
Héctor Cajaraville
d)
Rosalía de Castro
2.
O libro trata de...
a)
como viven os poboadores dos castros.
b)
unha historia de amor entre un rapaz e unha rapaza castrexos.
c)
como os romanos explotaban os recursos dos territorios conquistados.
d)
Todas son correctas!
3.
Navia aparece no primeiro capítulo...
a)
camiño da escola.
b)
buscando pebidas de ouro no río.
c)
traballando no campo.
d)
muxindo as vacas.
4.
Coas pebidas de ouro que atopara Navia pensaba...
a)
entregarllas aos romanos.
b)
darllas á súa nai para que as gardase.
c)
facer unha xoia par lucir nas festas.
d)
vendelas no mercado da cidade.
5.
Que é unha batea para Navia?
a)
Unha especie de fonte de madeira para peneirar a area do rio
b)
Unha estructura de madeira para a cría do mexilón
c)
Un instrumento para bater nos romanos
d)
Unha pa para bater o leite
6.
Unha fíbula servía para...
a)
poñer no peiteado.
b)
comer sen manchar as mans.
c)
para soster un brazo roto.
d)
para suxeitar a túnica.
7.
Quen é Deva?
a)
A deusa grega do amor
b)
A deusa romana da fortuna
c)
A deusa celta da guerra
d)
A deusa celta das augas
8.
Os homes que levaban o rebaño eran...
a)
Apilo, Tureno e Eburo
b)
Tureno, Aldriz e Tiberio
c)
César, Pompeio e Marco Antonio
d)
Carisio, Caio e Ares
9.
Que dous ríos se vían dende o cumio do castro?
a)
Sil e Pedras
b)
Sil e Lor
c)
Miño e Sil
d)
Cares e Lérez
10.
Os castros situábanse nos cumes para...
a)
ter mellores vistas.
b)
protexerse do vento.
c)
protexerse dos inimigos.
d)
ter mellores terras de cultivo.
11.
A festa do Sol era a celebración...
a)
do comenzo das vacacións de verán.
b)
da chegada da primavera.
c)
adicada ao xefe do castro,
d)
do solsticio de verán.
12.
O torque de ouro da tumba de Carisio roubouno...
a)
Tiberio
b)
Virio
c)
Karo
d)
Veroblo
13.
O torque de ouro significaba que...
a)
era presumido.
b)
era sacerdote da súa relixión.
c)
estaba viuvo.
d)
era o xefe da tribo e herdeiro dunha estirpe de guerreiros.
14.
Tureno pensou que algo ía mal...
a)
porque se sentía triste.
b)
porque ás veces se lle aparecía o fantasma de Carisio.
c)
porque lle faltaba o seu amigo.
d)
porque se lle estremecía o corpo.
15.
Carisio era...
a)
pai de Tureno.
b)
irmán de Tureno.
c)
pai da noiva de Tureno.
d)
colega de Tureno.
16.
Arausa deposita na tumba as cinzas do seu home e máis...
a)
unhas follas de loureiro.
b)
as roupas do defunto.
c)
o torque e a espada
d)
o reloxio
17.
No enterro de Carisio o druída agatuña polo carballo para....
a)
cortar o visgo e envolvelo nun pano branco.
b)
vixiar por se viñan os romanos.
c)
cortar unha pola e facer unha frauta.
d)
facer algo de parcour.
18.
A deusa Dana é unha deusa...
a)
grega
b)
romana
c)
celta
d)
cristiá
19.
Manumisión significa:
a)
a misión de Manu
b)
a liberación de un escravo
c)
a condena a morrer nun circo romano
d)
a construcción dun tunel no monte
20.
As árbores que predominaban en Ares eran...
a)
castiñeiros, eucaliptos e piñeiros.
b)
oliveiras, cerdeiras e maceiras.
c)
sobreiras, aciñeiras e eucaliptos.
d)
carballos, aciñeiras e érbedos.
21.
Unha centuria é...
a)
a moeda dos castrexos.
b)
cen persoas.
c)
un tipo de nécora.
d)
a unidade de infantería das lexións romanas.
22.
Un gladium era...
a)
unha espada usada polos lexionarios.
b)
unha planta que usaban os druídas.
c)
un habitante de Roma.
d)
un escravo que traballa nas minas.
23.
Cando chegaron os romanos, os castrexos tiveron que...
a)
permanecer agachados para que non os atoparan.
b)
loitar contra eles continuamente.
c)
traballar nas calzadas e darlles de comer.
d)
asistir a festas de benvida aos romanos.
24.
Moira era...
a)
a nai de Navia.
b)
a avoa de Navia.
c)
unha amiga de Navia.
d)
a irmá de Navia.
25.
A función das calzadas era...
a)
facilitarlles a vida aos castrexos.
b)
facer unhas bonitas rutas de turismo.
c)
facilitar o traslado do ouro a Roma e o movemento dos exércitos.
d)
dar emprego aos pobres castrexos.