wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

A reprodución

Total questions: 37

Worksheet time: 19mins

Name
Class
Date
1.
Clica nos caracteres sexuais primarios.
a)
Barba, peluxe corporal, voz aguda
b)
Vaxina, útero, pene, próstata
c)
Mamas desenvolvidas
d)
Cadeiras anchas, barba
2.
Clica nos caracteres sexuais secundarios.
a)
Pene, útero, vaxina
b)
Mamas desenvolvidas, cadeiras anchas
c)
Próstata, testículos
d)
Trompas de Falopio
3.
Peluxe corporal e voz aguda son...
a)
caracteres sexuais secundarios
b)
caracteres sexuais primarios
4.
Barba e mamas desenvolvidas son...
a)
caracteres sexuais primarios
b)
caracteres sexuais secundarios
5.
Vaxina e ovarios son...
a)
caracteres sexuais primarios
b)
caracteres sexuais secundarios
6.
Uretra e próstata son...
a)
caracteres sexuais secundarios
b)
caracteres sexuais primarios
7.
Leva os espermatozoides ao exterior.
a)
Uretra
b)
Testículos
c)
Vexiga
d)
Vesículas seminais
8.
É onde se forman os espermatozoides.
a)
Pene
b)
Próstata
c)
Testículos
d)
Escroto
9.
Conducen os espermatozoides desde os testículos ata a uretra.
a)
Pene
b)
Uretra
c)
Condutos deferentes
d)
Escroto
10.
Glándulas que fabrican un líquido que serve de alimento e transporte aos espermatozoides.
a)
Próstata e vesículas seminais
b)
Condutos deferentes
c)
Trompas de Falopio
d)
Testículos
11.
Médico encargado da saúde dos órganos do aparello reprodutor masculino.
a)
Urólogo
b)
Xinecólogo
c)
Peneólogo
d)
Lurólogo
12.
Médico encargado da saúde dos órganos do aparello reprodutor feminino.
a)
Vaxinólogo
b)
Xinecólogo
c)
Urólogo
d)
Xirólogo
13.
As células sexuais femininas son os...
a)
óvulos
b)
ovarios
c)
espermatozoides
d)
plaquetas
14.
As células sexuais masculinas son os...
a)
espermatozoides
b)
óvulos
c)
espermatozoidos
d)
oarios
15.
Onde se forman os óvulos?
a)
Nos testículos
b)
Nos ovarios
c)
No útero
d)
Nas trompas de Falopio
16.
Onde se forman os espermatozoides?
a)
No escroto
b)
No pene
c)
Nos testículos
d)
Na uretra
17.
Onde se encontran o óvulo e o espermatozoide?
a)
No útero
b)
Nas trompas de Falopio
c)
No útero
d)
Na uretra
18.
Que é a fecundación?
a)
A unión dun óvulo e un espermatozoide
b)
A unión dun ovario e un espermatozoide
c)
A unión dun espermatozoide e o útero
d)
O nacemento dun novo ser
19.
Célula que resulta da unión dun espermatozoide cun óvulo.
a)
Cigoto
b)
Embrión
c)
Bebé
d)
Feto
20.
En que se transforma o cigoto?
a)
En bebé
b)
En embrión
c)
En óvulo
d)
En feto
21.
Como se chama o líquido que lles serve aos espermatozoides como medio de transporte e fonte de alimento?
a)
Urina
b)
Líquido amniótico
c)
Seme
d)
Uretra
22.
Período de tempo durante o cal maduran os órganos do aparello reprodutor.
a)
Puberdade
b)
Adolescencia
c)
Infancia
d)
Pubertad
23.
Onde se adhire o embrión para desenvolverse?
a)
Á trompa de Falopio
b)
Aos testículos
c)
Á parede da vaxina
d)
Á parede do útero
24.
Órgano no que se desenvolve o bebé durante o embarazo.
a)
Útero
b)
Vaxina
c)
Próstata
d)
Ovario
25.
Parte externa do aparello reprodutor feminino.
a)
Pene
b)
Útero
c)
Vulva
d)
Vaxina
26.
Condutos que comunican os ovarios co útero.
a)
Trompas de Flopio
b)
Condutos seminais
c)
Condutos deferentes
d)
Trompas de Falopio
27.
Canal que comunica o útero co exterior.
a)
Vulva
b)
Vaxina
c)
Uretra
d)
Trompa de Falopio
28.
Sangrado vaxinal que se produce cando un óvulo non é fecundado.
a)
Puberdade
b)
Menopausa
c)
Menstruación
d)
Mentruación
29.
Período de nove meses desde que o embrión se adhire á parede do útero ata o nacemento do bebé.
a)
Menstruación
b)
Fecundación
c)
Nacemento
d)
Embarazo
30.
Líquido que contén a bolsa na que está envolto o bebé.
a)
Líquido amniótico
b)
Seme
c)
Placenta
d)
Sangue
31.
Que nome recibe o embrión aos tres meses?
a)
Felo
b)
Feo
c)
Feto
d)
Cigoto
32.
Unión entre a placenta e o embrión.
a)
Trompa de Falopio
b)
Conduto deferente
c)
Placenta
d)
Cordón umbilical
33.
Por orde, as fases do parto son:
a)
Romper augas, dilatación, expulsión e libramento
b)
Libramento, romper augas, expulsión e dilatación
c)
Romper augas, dilatación, libramento e expulsión
d)
Dilatación, libramento, romper augas e expulsión
34.
Clica o correcto.
a)
Embrión - feto - bebé - cigoto
b)
Cigoto - feto - embrión - bebé
c)
Feto - cigoto -embrión -bebé
d)
Cigoto - embrión - feto - bebé
35.
Órgano que se forma no útero durante o embarazo.
a)
Cigoto
b)
Embrión
c)
Placenta
d)
Líquido amniótico
36.
Saída do bebé ao exterior a través da vaxina da nai.
a)
Parto
b)
Embarazo
c)
Lactación
d)
Cesárea
37.
Bolsa de pel que protexe os testículos.
a)
Escorto
b)
Pelocho
c)
Escroto
d)
Esproto