wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

As revolucións liberais (americana e francesa)

Total questions: 20

Worksheet time: 10mins

Name
Class
Date
1.
Cal dos seguintes autores non foi precursor das ideas liberais?
a)
J. J. Rousseau
b)
J. Bossuet
c)
J. Locke
d)
Montesquieu
2.
Soberanía nacional e sufraxio censitario son conceptos incompatibles?
a)
Claro! O sufraxio censitario é propio do absolutismo
b)
Non! É unha combinación propia do liberalismo democrático
c)
Non! É unha combinación propia do liberalismo doutrinario
d)
Claro! A soberanía nacional supón un sufraxio universal
3.
O 4 de xullo de que ano se declaran independentes de Inglaterra as colonias americanas?
a)
1774
b)
1789
c)
1776
d)
1787
4.
Cal era o principal motivo de queixa dos colonos americanos?
a)
A imposición de impostos dende Inglaterra sen o seu acordo
b)
A prohibición do consumo de té nas colonias
c)
Os poucos representantes das colonias no Parlamento
d)
A presenza de tropas francesas no territorio americano
5.
Cando se promulgou a constitución americana?
a)
En 1787, pero a declaración de dereitos é posterior (1789)
b)
En 1789
c)
Os EE.UU. non teñen unha constitución escrita
d)
Cal de elas? A primeira foi en 1787
6.
Cal dos seguintes Padres Fundadores non chegou a ser nunca presidente dos EE.UU?
a)
G. Washington
b)
T. Jefferson
c)
J. Adams
d)
B. Franklin
7.
Cal das seguintes causas non influiu na revolución francesa?
a)
A crítica situación financeira do Estado
b)
O descontento social entre os non privilexiados
c)
A difusión das ideas ilustradas e liberais
d)
Todas foron esenciais no estoupido da revolución
8.
Por que Luis XVI se viu obrigado a convocar os Estados Xerais?
a)
Porque os non privilexiados querían votar por cabeza
b)
Porque os privilexiados se opuñan á reforma fiscal
c)
Porque o Terceiro Estado esixiu esta convocatoria
d)
Porque os Estados Xerais se convocaban cada 4 anos e tocaba
9.
Que momento da revolución se recolle neste grabado?
a)
A toma da Bastilla
b)
A reunión dos Estados Xerais
c)
A Asamblea Nacional que se declara constituínte
d)
O xuízo do rei
10.
Cal das seguintes non é obra da Asamblea Nacional?
a)
A declaración dos dereitos do home e do cidadán
b)
A Constitución de 1791
c)
A constitución civil do clero
d)
A lei do máximo xeral
11.
Que grupo defendía os intereses da burguesía media e era menos centralista?
a)
Os xirondinos
b)
Os xacobinos
c)
Os cordeeiros
d)
Os monárquicos constitucionais
12.
Cal das constitucións da revolución establece unha monarquía constitucional?
a)
Ningunha!
b)
A de 1793
c)
A de 1795
d)
A de 1791
13.
Que episodio provocou a perda de confianza no rei?
a)
A súa negativa a firmar a Constitución
b)
O seu rexeitamento a trasladar a súa residencia a París
c)
O escándalo do colar de Maria Antonieta
d)
O intento fallido de fuga e o seu arresto en Varennes
14.
Cando se proclama a República?
a)
En xaneiro de 1793, cando se guillotina ao rei
b)
En setembro de 1792, coa Convención xirondina
c)
En verán de 1793, coa Convención controlada polos xacobinos
d)
En xullo de 1794, coa Convención termidoriana
15.
Art. 25. A soberanía reside no pobo (Constitución de 1793)
a)
Soberanía nacional, polo tanto o sufraxio será censitario
b)
Soberanía popular, polo tanto o sufraxio será universal
c)
Soberanía popular, propia do liberalismo doutrinario
d)
Non existiu ningunha constitución de 1793
16.
Que era o Comité de Saúde Pública?
a)
O encargado da asistencia sanitaria na época do Terror
b)
O encargado de liberar aos sospeitosos detidos no Terror
c)
A institución de goberno creada polos xacobinos no Terror
d)
Era o tribunal revolucionario encargado da guillotina
17.
A constitución de 1795 establecía...
a)
un lexislativo bicameral e un executivo de cinco membros
b)
Cámara dos 500 lexislando e Consello de Anciáns gobernando
c)
un Directorio de 5 membros e unha asamblea lexislativa
d)
os mesmos valores revolucionarios da Constitución de 1793
18.
Que nova fase da República se inicia co golpe de Brumario de 1799?
a)
Ningunha, porque Napoleón acaba con ela e proclama o Imperio
b)
Comeza o Consulado, con Napoleón como cónsul vitalicio
c)
Comenza o Consulado, que abranguerá ata 1804
d)
A fase imperial, con Napoleón como máximo gobernante
19.
Cal das seguintes medidas non corresponden a Napoleón?
a)
O Código Civil de 1804
b)
A organización dos liceos (ensino secundario) e universidade
c)
A adopción do sistema métrico decimal
d)
A devolución dos bens expropiados á Igrexa
20.
Que correntes de pensamento acabaron xermolando nos territorios ocupados por Napoleón?
a)
O marxismo e o liberalismo
b)
O liberalismo e o nacionalismo
c)
O nacionalismo e o absolutismo
d)
O republicanismo e o socialismo