WorksheetsEspecie e medio.
Total questions: 16
Worksheet time: 16mins
A ecoloxía é unha rama da bioloxía que estuda...
As relacións que manteñen os seres vivos entre sí
Os xeitos de coidar do planeta
As relacións que manteñen os seres vivos entre sí e co medio no que viven
As relacións que manteñen os seres vivos co medio no que viven
Os ecosistemas son os sistemas ecolóxicos que están formados por...
Os seres vivos
Os seres vivos (bioxénese) e o contorno físico (xeoesfera)
As prantas, os animais e a terra
Os seres vivos (biocenose) e o contorno físico (biótopo)
A valencia ecolóxica é
O rango de tolerancia dunha especie respecto a uns factores ambientais concretos
A suma de todas as valencias dos elementos químicos presentes no medio
Un plan anticontaminación en Valencia
A capacidade de adaptarse os factores abióticos
Atendendo á gráfica...
A especie C (morado) ten maior valencia ecolóxica
A especie B (vermello) prefire baixas temperaturas
A especie B (vermello) é a mellor adaptada o medio
A especie B (vermello) ten maior rango de tolerancia
Mediante as adaptacións as pobacións van axustando a súa valencia ecolóxica ós factores ambientais. Estas adaptacións poden ser...
Anatómicas e fisiolóxicas
Fisiolóxicas e por mutación
Anatómicas, fisiolóxicas e de comportamento
Todas as respostas anteriores son falsas
Unhas cantas adaptacións etolóxicas ou de comportamento serían...
A hibernación dos osos, as xibas dos dromedarios ou a caída das follas nas árbores
O cortexo das aves, a vixilancia dos suricatos ou a aparición da agricultura
A forma das flores, o mimetismo do insecto pau ou a camuflaxe do camaleón
As dúas anteriores son correctas
Así pois, voltando ó das valencias ecolóxicas, dicimos que as especies poden clasificarse segundo ó seu acceso ós recursos en
Xeneralistas e oportunistas
Herbívoros, carnívoros e carroñeiros/detritívoros
Xeneralistas e especialistas
Productores, consumidores primarios, consumidores secundarios e descompoñedores
Un nicho ecolóxico
é unha forma de dar sepultura ós falecidos coidando do medio ambente
é o ambiente ou lugar físico que reúne as condicións idóneas de vida da especie
describe o papel, a función ou a posición dunha especie dentro dun ecosistema
está composto por especies eurioicas
As especies EURIOICAS teñen amplos nichos ecolóxicos en contraposición ás ESTENOICAS que os teñen estreitos. Cales das seguintes especies son do segundo tipo?
O oso pardo, o ser humán e a mosca
Os peixes abisais, os koalas e o urogalo
O oso panda, lebre ártica ou o cactus
As dúas anteriores son correctas
As relacións que se establecen entre os seres vivos poden ser
de amizade ou de inimizade
interespecíficas e intraespecíficas
positivas (relacións cooperativas) ou negativas (relacións competitivas)
as expostas nas dúas respostas anteriores
Cal é falsa?
As prantas agrúpanse creando poboacións monoespecíficas que dominan a paisaxe vexetal
Os animais sociais gardan parentesco e se agrupan para a reproducción, a defensa ou a obtención de alimento
Os animais gregarios agrúpanse para acadar un fin común (defenderse, moverse...)
Os animais que viven fixos en grandes colectividades son os coloniais
E agora: cal é a correcta?
O tamaño final dunha poboación é a resta dos individuos que nacen menos os que morren
A taxa de natalidade (TN) é o número total de nacementos por ano
Canto menor é o potencial biótico (r) máis rápido crecerá unha poboación
A diferenza entre a taxa de natalidade (TN) e a taxa de mortalidade (TM) coñécese como potencial biótico (r)
Atendendo ó que mostra a gráfica
A capacidade de carga (K) é canto peso pode chegar a acadar como máximo unha poboación
O paso dun crecemento exponencial (j) a unha curva sigmoidal é debido a resistencia ambiental
O ambiente, ó ser cambiante, é o responsable das fluctuacións observadas na parte final da gráfica
As dúas opcións anteriores son correctas
Segundo a pirámide poboacional que podes ver trátase...
dunha poboación en regresión
dunha poboación estabilizada
dunha poboación en crecemento
dunha poboación pero non se pode saber en que estado se atopa
A dinámica dunha poboación pódese ver afectada por outra especie a través da...
competencia entre elas
relación predador e presa que poda existir entre as dúas especies
dependencia entre ambas
Todas son correctas
A simbiose diferénciase do mutualismo en...
que a simbiose é necesaria para os seres vivos implicados e o mutualismo non
que o mutualismo prodúcese de xeito mutuo
que o mutualismo é un tipo de parasitismo
o nome
