Font size
WorksheetsA Terra... Meus mapiñas!!!
Total questions: 10
Worksheet time: 5mins
Que son mapas?
Son unha forma de reproducir a imaxe esférica do planeta sobre unha superficie plana
É un papel cun debuxo dun país
É unha forma de reproducir a imaxe plana do planeta nunha superficie esférica
É unha forma de reproducir a imaxe esférica do planeta nunha superficie esférica
Carmen, Lucas e María van de viaxe. Teñen un mapa para saber por onde deben ir, e queren saber a distancia aproximada que van percorrer. Que precisan consultar para calcular esa distancia?
A escala do mapa
A previsión meteorolóxica
A lenda do mapa
O país no que está o mapa
Se nun mapa podemos observar o relevo, os ríos, os lagos... estaremos a falar dun...
Mapa físico
Mapa político
Mapa mental
Mapa temático
Mateo, Ismael, Carla e Iris teñen diante un mapa diante. Figuran continentes, países e fronteiras.
- Mateo di que é un mapa físico
- Ismael que é un mapa temático de países
- Carla sostén que é un mapa político
- Iris pensa que é un mapa temático de poboación
Quen ten razón?
Mateo
Ismael
Carla
Iris
Alex, Rubén e Marta van de viaxe Perú. Teñen que estar alí ás 20:00 da noite. Saben canto tempo lles leva a viaxe, pero teñen unha dúbida sobre a hora de Perú... Que teñen que consultar?
Un mapa de fusos horarios
Un mapa de meridianos
Un mapa de paralelos
Un mapa de puntos cardinais
Canadá ten...
Latitude Norte
Latitude Sur
Lonxitude Norte
Lonxitude Sur
Brasil ten...
Lonxitude Oeste
Lonxitude Leste
Latitude Oeste
Latitude Leste
Que é un paralelo?
Unha liña imaxinaria que mide a Latitude
Unha liña imaxinaria que miede a Lonxitude
O contrario dun paralisto
Unha liña real que mide a Latitude
Unha liña real que mide a Lonxitude
Marcos, Lola e Iago teñen un mapa político nas mans. A escala pon 1 : 10.000. Que quererá dicir? Marca as respostas correctas
1 cm no mapa son 10.000 cm na realidade
1 cm no mapa equivale a 1 km na realidade
1 cm no mapa é aproximadamente 1 m na realidade
1 m no mapa son 100 cm na realidade
10.000 cm no mapa son 1 cm na realidade
Eva, Shaila, Naia e Kevin teñen diante un mapa que indica as temperaturas medias e as precipitacións nos países do planeta. Trátase dun mapa...
Temático - climático
Temático - turístico
Climático - histórico
Político
Físico
