NEW
Font size
WorksheetsO Universo
Total questions: 20
Worksheet time: 10mins
Se miramos o Universo de maior a menor tamaño, cal sería a orde?
galaxias, planetas, Sol, cometas
galaxias, Sol, planetas, cometas
planetas, Sol, galaxias, cometas
cometas, planetas, Sol, galaxias
Os planetas interiores son:
Rochosos e pequenos
Rochosos e grandes
Rochosos e gasosos
Rochosos, pequenos e gasosos
Os planetas exteriores son:
Rochosos e grandes
Rochosos e de gases
Pequenos e están formados principalmente de gases
Grandes e están formados principalmente de gases
Marte é o planeta máis pequeno de todos.
Verdadeiro
Falso
A Lúa posúe luz propia.
Verdadeiro
Falso
Astro de forma redonda que xira arredor dunha estrela e non ten luz propia.
SOL
PLANETA
SISTEMA SOLAR
SATÉLITE
Cando ocorreu o Big bang?
Hai 4.600 millóns de años
Hai 15.000 millóns de años
Hai 13.700 millóns de años
Hai 6.000 millóns de años
"A fin do Universo será un novo achegamento das galaxias xusto antes dun novo Big bang"
Esta teoría chámase...
Big Rip
Big Crunch
Multiverso
Ningunha das anteriores
"A fin do Universo será a continua separación das galaxias que acabe coa desintegración da materia ata o seu fin"
Esta teoría chámase...
Big Rip
Big Crunch
Multiverso
Ningunha das anteriores
Son acumulacións de estrelas, nubes de gas e pó cósmico
Constelacións
Galaxias
Estrelas
Planetas
Ten forma de espiral, con máis de 100.000 millóns de estrelas.
Unha constelación
A Vía Láctea
Unha galaxia
A Lúa
Como se chama o xiro da Terra arredor do Sol?
Rotación
Traslación
Como se chama o xiro da Terra sobre si mesma?
Rotación
Traslación
Un corpo que orbita arredor dun planeta é
Unha constelación
Unha estrela
Un satélite
Un planeta
A teoría xeocéntrica sitúa
Á Terra no centro do Universo
Á Terra orbitando en torno ao Sol
Ao Sol no centro do Sistema Solar
Ningunha é correcta
A teoría heliocéntrica sitúa
Ao Sol no centro do Sistema Solar
Ao Sol orbitando en torno á Terra
Á Terra no centro do Universo
Ningunha é correcta
O cinto de asteroides
é un conxunto de asteroides que se atopa entre Marte e Xúpiter
é o nome que recibía o telescopio do descubridor de Marte
separa o Sol de Mercurio
está formado por cometas
Se navegaramos libremente polo espazo
Atoparíamonos cun montón de estrelas ao noso paso
A meirande parte do tempo estaríamos perdidos na inmensidade do espazo, que está practicamente baleiro
Fóra do Sistema Solar non atoparíamos planetas
Chocaríamos seguro cun meteorito
A Lúa
é un satélite pequeno en comparación coa Terra
e o único satélite que atopamos nos planetas interiores
é un planeta que orbita en torno á Terra
non ten luz propia
O Sol
ten unha temperatura superficial de case 55000 ºC
é unhas 1000 veces maior que a Terra
móvese xunto con todo o Sistema Solar
é unha estrela grande
