NEW
Font size
WorksheetsA Terra
Total questions: 15
Worksheet time: 4hrs 45mins
Como se formaron a Terra e a Lúa?
Un planeta do tamaño de Marte impactou contra ela e a partir dos entullos xerados formouse a Lúa.
Produciuse unha gran explosión que formou o Sol e os planetas que coñecemos actualmente.
O Sol impactou contra un meteorito e os fragmentos, pola acción da gravidade, foros agrupándose e formando a Terra e a Lúa.
Cando se formaron as capas da Terra (xeosfera, atmosfera, hidrosfera, biosfera)?
Todas xuntas, no momento da formación da Terra.
Todas apareceron despois do impacto de Tea; despois foros cambiando.
No momento en que apareceu a vida na Terra.
Durante unha serie de procesos lentos e graduais, a medida que a Terra foi arrefriando.
Indica que parte da Terra desvía o vento solar
A biosfera
A magnetosfera
A xeosfera
A atmosfera
Que movemento da Terra dá lugar aos días e ás noites?
Rotación
Translación
Precesión
Nutación
A que se debe a existencia de estacións en latitudes temperadas?
Ao movemento de translación.
A que o eixe de rotación da Terra está inclinado.
As dúas respostas anteriores son correctas.
Cales son os catro movementos principais da Terra?
Rotación e Translación.
Rotación, translación, precesión e xiro vertical.
Rotación, translación, precesión e nutación.
Rotación, translación, nutación e fixación.
Sinala a resposta correcta:
A lúa é un dos satélites naturais que ten a Terra.
Non produce luz propia, porén pode ser observada incluso durante o día.
Presenta unha atmosfera moi densa.
A cara oculta móstrase á Terra cada 28 días.
Para saber en que fase se encontra a Lúa...
Se ten forma de D está crecendo.
Se ten forma de C está crecendo.
Se ten forma de C está en lúa nova.
Se ten forma de D está en lúa chea.
Que aparece representado na imaxe?
Un eclipse se Sol.
Un eclipse de Lúa.
O movemento de nutación da Terra.
O movemento de translación do Sol.
Por que se producen as mareas?
Pola inclinación do eixe terrestre.
Debido á atracción gravitatoria que exercen a Lúa e Sol sobre a Terra.
Debido ao magnetismo terrestre.
Polo efecto do vento sobre a superficie do mar.
Sinala a resposta correcta
A existencia da Lúa fai posible a vida na Terra porque filtra a radiación UV e axuda a regular la temperatura.
A existencia de magnetosfera estabiliza o eixe de rotación da Terra o tamén o clima.
A existencia da atmosfera desvía o vento solar.
A distancia ao Sol permite a existencia de temperaturas axeitadas para que exista auga líquida na Terra.
Cal das seguintes afirmacións é falsa?
Os equinoccios teñen lugar en primavera e outono
Durante o verán ten lugar o solsticio de verán
O afelio correspóndese co punto da órbita terrestre máis próximo ao Sol
O perihelio coincide co punto da traxectoria da Terra máis próximo ao Sol
Os polos achátanse e o ecuador ensánchase; os ventos e as correntes mariñas desvíanse cara á dereita no hemisferio norte e á esquerna no sur. Estes efectos prodúcense como consecuencia dun dos movementos da Terra, cal deles?
Rotación
Translación
Nutación
Precesión
Por que se producen as mareas lunares?
Pola atracción gravitatoria que exerce o Sol sobre a Terra
Non existen mareas lunares, en todo caso son mareas solares
Pola atracción gravitatoria da Lúa sobre a Terra
As mareas vivas prodúcense cando...
...a Terra atópase na zona máis afastada da órbita que describe ao redor do Sol
...cando a Terra, o Sol e a Lúa están aliñados, desde xeito os efectos da marea lunar e solar súmanse
...cando a Terra, o Sol e a Lúa están aliñados, desde xeito os efectos da marea lunar e solar réstanse
...non existen as mareas vivas, chámanse mareas mortas
