Worksheets1ºav
Total questions: 50
Worksheet time: 17mins
1. Cantos anos nos di o autor que ten Paulo na primeira páxina do libro:
10 anos
15 anos
8 anos
6 anos
1. O pai de Paulo gañaría as olimpíadas de:
Beber cervexas na taberna
Falar polo móbil
Xogar ao futbolín
Comer pizzas
O barco imaxinario de Simbad é...
O sofá do seu cuarto
A cama do avó
O sofá do salón
A cadeira da cociña
Sinala a correcta:
Paulo é Simbad e o avó o capitán dos cinco océanos.
O avó é o capitán dos sete mares e Paulo, Simbad.
Paulo é Simbad e o avó o coronel dos cinco océanos.
O avó é osarxento dos sete mares e Paulo, Simbad.
Como se chama o irmán do avó:
Xosé
Sebastián
Bernardino
Secundino
A última palabra do capítulo III para indicar rapidez escríbese:
Atodamáquina
Atodavelocidade
A fume de carozo
A toda máquina
Como comeza a narrarlle o conto o pai de Paulo...
Era unha vez un neno que se chamaba Simbad e era moi rico.
Era unha vez un neno que se chamaba Paulo e era moi rico
Era unha vez un neno que se chamaba Simbad e era un pirata.
Era un neno que se chamaba Simbad e era moi pobre.
Séguelle narrando o conto e dille:
Simbad o mariñeiro vivía en Bagdad.
Paulo o mariñeiro vivía en Bagdad.
Simbad o mariñeiro vivía en Teherán.
Paulo o mariñeiro vivía en Teherán.
O pai dille a Paulo...
Os maiores temos res-pon-sa-bi-li-da-des...
Os maiores temos mo-rri-ña...
Os maiores temos pro-ble-mas...
Os maiores temos a-mi-za-des...
Con que pensaba baterse Paulo no Entroido ?
Cos adefesios
Cos filibusteiros
Cos piratas
Cos vigueses
Paulo decátase de que a súa nai quería moito ao avó porque cando este se perdeu...
Pon un detective privado para buscalo.
Péchase na cociña e chora durante moito tempo.
Vai mercar moitas flores.
Paga do seu peto máis policías para buscalo.
Cando o carteiro lle entregou a carta a Paulo que estaba xogando ao fútbol...
Lea e segue xogando
Abandona o partido e di que o sente
Xoga de porteiro mentres le a carta
Ponse moi contento e logo mete tres goles máis
O avó ten unha letra:
Ben feitiña e redonda
Grande e alongada
Pequena e enrevesada
Clariña e rectangular
Que obxecto viña na carta do avó:
Unha pluma
Un osiño pequeno
Un mapa
Unha chave
O pai de Paulo chegaba normalmente a xantar:
puntualísimo
tarde
xantaba fóra sempre
xantaba no bar do lado
O avó é o pai de:
Da nai de Paulo
Do pai de Paulo
De ninguén
Veu das Américas xa maior e non se sabe
Cal era a afección do avó?
debuxar edificios
montar decabalo
ler
xogar ao póquer
Como estaba o libro de Simbad o mariño que atopa Paulo?
Novo, acabado de comprar.
Con moitas follas arrincadas, pero novo.
Vellísimo
Non tiña as portadas
Cando está a facer limpeza Paulo dille á nai:
Estás moi guapa
pareces unha actriz
Hoxe tes un vestido moi bonito
Pareces unha bruxa con eses pelos
A caixa detrás do libro de Simbad tiña:
Un barco pequeno dentro
Un barco debuxado por fóra
Forma de barco
Unha pechadura
Paulo abriu a pechadura...
á primeira
á quinta
á novena
non conseguiu abrila
Que había na caixa?
Poucas fotos e poucos papeis
Moitas fotos e moitos papeis
Poucas fotos e moitos papeis
Moitas fotos e poucos papeis
Os papeis foran escritos por:
Polo bisavó de Paulo
Por Bernardino
Por Secundino
Polo avó de Paulo
Os homes que saían nas fotos:
Levaban gabardinas amarelas
Levaban gabardinas marróns
Levaban pucha ou sombreiro
Non levaban nin pucha nin sombreiro
As fotos eran:
En branco e negro de había moito tempo
A cor, de actualidade.
Moi pequeniñas
De animais exóticos
Que quere dicir o avó cando lle di a Paulo "Calquera mariñeiro fuxiría se soubesen que lle ían afundir o barco"?
Un mariñeiro sabe como salvar a súa vida ante un afundimento.
Cando as cousas van mal tes que loitar polo que queres.
Cando as cousas van mal estás a tempo de marchar e non sufrir.
Non significa nada
Que fai o pai de Paulo cando descobre que o seu fillo sabe das cartas?
Explícalle todo o acontecido.
Castígao no seu cuarto
Enfádase e non quere xantar
Xanta rápido e marcha da casa
A que se dedicaba antes o Bernardino?
era vendedor ambulante
era taberneiro
era mariñeiro
era cociñeiro
A que se dedica agora Bernardino?
É vendedor ambulante
É taberneiro
É mariñeiro
É cociñeiro
Por que non quere ducharse Paulo?
Porque quere rematar de ver unha peli
Porque escondeu un mapa na bañeira
Porque está canso
Porque está enfadado
Quen é María?
unha amiga de Paulo
A filla da veciña de Paulo
Unha amiga da nai
A moza de Bernardino
Que adoita facer María os domingos pola mañá?
Axuda a Paulo cos deberes
Baixa xogar ao patio con Paulo
Vai a misa
Sae pasear en bici co seu pai
Que mentira conta Paulo ese domingo para marchar da casa?
Que ten que facer un traballo do colexio cun amigo
Que baixa xogar ao fútbol no patio con Xabier
Que quere pasear en bici coa familia de María
Que quedara con María e ía á rúa
Que fai realmente?
Colle un taxi
Ponse a camiñar en busca do enderezo misterioso
Xoga ao fútbol no patio
Ponse a investigar no seu portátil onde está o enderezo misterioso
Que leva Paulo cando decide marchar da casa?
2 billetes; un de 20 euros e outro de 5 euros
5 billetes de 5 euros
A caixa dos cartos
O bolso da súa nai
Na taberna do pirata preparan moi ben...
o polbo
o raxo con patacas
As croquetas
A empanada
Paulo chega ás 12 da mañá á taberna porque...
Soan as badaladas
Mira o reloxo
Pregúntalle ao taxista que hora é
Pregunta a un transeúnte que pasaba pola zona
Que había no chan da taberna?
serrín
escarvadentes
restos de comida
lama
Que había nas paredes da taberna?
Teas de araña
Fotos antigas
Cadros de Laxeiro
Andeis cheos de botellas
A quen atopa saíndo da cociña da taberna?
Á cociñeira defunta
Ao avó
Aos seus pais
A ninguén
De quen foi a idea de escribirlle a carta a Paulo?
Do avó
Do irmán do seu avó
Dun amigo do avó
Da nai de Paulo
Como lle chama Bernardino ao avó?
Fervellasverzas
Pirata
Filibusteiro
Capitán
Quen entra na taberna mentres que están reunidos?
Unha señora cunha botella baleira
Un cliente habitual da taberna
Unha señora cun cesto
Ninguén
Para o avó, quen son os verdadeiros filibusteiros?
Os pais de Paulo
Os amigos de Paulo
Os piratas dos contos de Simbad
Uns seres mitolóxicos
Que relación gardan (alén da familiar) Bernardino e Paulo para o avó?
Ambos os dous viaxaron polo mundo
Escoitan a mesma música
Ambos os dous coidan do avó
Non teñen nada en común
O Bernardino tiña os ollos...
Pequenos e redondiños
De xigante
Grandes cor esmeralda
Choscos
De que era a empanada favorita do avó e que lle pide á nai de Paulo?
O pai de Paulo, por non ter que coidar ao avó, foi quen de...
Pagarlle a estancia nun hotel o resto da súa vida
Ofrecerlle cartos ao seu tío a cambio de que o coidase el
Pedirlle que se fora vivir con outro familiar
Mentirlle e dicir que estaba enfermo
Por que quere o avó vivir co seu fillo?
Porque o quere moitísimo
Porque non ten a ninguén máis
Para ver crecer ao seu neto
Porque non se falaba con Bernardino
Finalmente...
O avó regresa a casa con toda a familia
Bernardino queda co avó nunha residencia
O avó queda nunha residencia e Paulo e Bernardino vano visitar
Volven a ser mariñeiros e e reviven as súas andanzas
