WorksheetsLiteratura Medieval 3ºESO
Total questions: 20
Worksheet time: 10mins
Que cantigas medievais tratan o tema do amor?
A cantiga de amor
A cantiga de escarnio
A cantiga de amigo
Cal é a palabra clave nas cantigas de amor?
Amigo
Senhor
Marca sinónimos da palabra amigo.
Amado
Namorado
Senhor
Que nome recibe o(s) verso(s) que se repite ao final de cada cobra?
Estrofa
Leixaprén
Refrán
Que situación social aparece reflectida nas cantigas de amor?
O feudalismo
O camiño de Santiago
A arte románica
Que nome reciben as cantigas que non teñen refrán?
Cantigas de mestría
Cantigas de escarnio
Cantarolas
Que son os cancioneiros?
Libros que compilaban cantigas.
Pergameos con cantigas dun trobador.
As cantigas medievais.
Que é o pergameo Vindel?
Un pergameo que contén cantigas de amor.
Un pergameo que contén cantigas de amigo.
Un pergameo que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax con notación musical.
Un pergameo que contén as sete cantigas de amor de Don Dinis con notación musical.
Quen eran os xograres?
Nobres que compuñan a letra e música das cantigas.
Os intérpretes das cantigas que compuñan os trobadores.
Os músicos dos espectáculos.
Quen fala nas cantigas de amigo?
Unha moza namorada.
O amigo namorado.
As flores do verde pino.
As bailadas son
Cantidas de amigo de ambientación mariñeira
Cantigas de amor que invitan a bailar
Cantigas de amigo que invitan a bailar
Na cantiga de amor a palabra clave é
amiga
senhor
fremosa
Nas cantigas de amor fala
Unha muller
Un home
Os elementos da natureza
Con quen se identifica a muller das cantigas de amor?
Cunha muller namorada
Cun vasalo
Cun senhor feudal
Que recursos medievais coñeces para axudar a memorizar o texto?
O refrán, o leixaprén e as cobras.
O paralelismo, o leixaprén e o refrán.
O paralelismo, o leixaprén e as cobras.
Que son as cantigas de escarnio e maldicir?
Son cantigas de amor que critican costume e vicios.
Son cantigas satíricas semellantes ao sirventés provenzal
Son cantigas que satirizan o amor dos trobadores.
A fiinda é
Un recurso estilístico que consiste en repetir palabras ao final
Unha cobra breve que está ao final da cantiga e resume o contido.
Unha cobra de tres versos que está ao final da cantiga e resume o contido.
Segundo a súa rima as cobras poden ser
Unissonantes ou singulares
Mordobres ou dobres
Paralelísticas
Considéranse versos con rima macho
Os versos que rematan nunha palabra aguda.
Os versos que rematan nunha palabra grave.
Os versos que rematan nunha palabra esdrúxula.
Afonso X escribe dous tipos de cantigas de Santa María
De amor e milagre
De amigo e milagre
De loor e milagre
