Font size
WorksheetsA Atmosfera
Total questions: 13
Worksheet time: 3hrs 15mins
Das seguintes afirmacións indica cales son verdadeiras:
A atmosfera terrestre primitiva tiña a mesma composición que a actual.
O osíxeno da atmosfera actual procede da actividade dos seres vivos.
A atmosfera é unha capa moi dinámica que foi evolucionando desde a súa formación.
A auga da Terra puido chegar en meteoritos.
A atmosfera está formada por unha mestura de gases. Ordéalos desde o máis abundante ao de menor cantidade:
argon > osíxeno > dióxido de carbono
nitróxeno > osíxeno > argon > outros gases
dióxido de carbono > vapor de auga > outros gases
Escribe o nome da cada capa da atmosfera que se mostra coa frase que corresponda:
a) Capa que limita co espazo exterior
b) Capa na que os seres vivos desenvolven a súa actividade
c) Capa na que se localiza a capa de ozono
a: troposfera / b: estratosfera / c: mesosfera
a: ionosfera / b: troposfera / c: mesofera
a: exosfera / b: troposfera / c: estratosfera
Marca as respostas correctas:
O Sol é principal motor que provoca os movemento da atmosdera
O aire quente é menos denso que o frío polo que tende a descender
O vento móvese pola superficie dende as zonas de altas presións cara ás de baixas presións
O aire non pode transportar contaminantes dende a fonte emisora
Relaciona:
a) Capa de ozono
b) Capas superiores da atmosfera
c) Gases de efecto invernadoiro
a: Filtra a radiación UV / b: Bloqueo de meteoritos / c: Control das chuvias
a: Control da temperatura / b: Control dos ventos / c: Formación capa de ozono
a: Filtra a radiación UV / b: Bloqueo de meteoritos / c: Control da temperatura
a: Control dos ventos / b: Filtra as radiacións gamma / c: Control dos ventos
Selecciona as respostas correctas:
A presión atmosférica é a forza que exerce o aire situado sobre unha unidade de área da superficie da Terra.
A presión aumenta ao aumentar a altitude.
As zonas de baixas presións ou borrascas son zonas de calma nas que case non hai ventos.
As nubes están formadas por pequenas gotas de auga suspendidas no aire.
Un dos gases presentes na atmofera é o vapor de auga, que provén da evapotranspiración.
Relaciona cada unha das imaxes con cada un dos mecanismos polos que se forman as nubes:
1: Fronte / 2: Convección térmica / 3: Ascenso orográfico
1: Ascenso orográfico / 2: Fronte / 3: Convección térmica
1: Convección térmica / 2: Fronte / 3: Ascenso orográfico
Responde:
Poden os seres vivos alterar a composición da atmosfera?
Sí, mediante procesos como a respiración ou a fotosíntese.
Non, a biosfera e a atmosfera son capas da Terra independentes.
Indica cales das seguintes afirmacións sobre o efecto invernadoiro son verdadeiras:
O efecto invernadoiro é un proceso natural, se non existiese a temperatura global terrestre sería menor.
O osíxeno e o argón son os principais gases de efecto invernadoiro.
Existe unha relación entre o aumento do efecto invernadoiro e o quecemento global.
Reducir o consumo de combustibles fósiles pode frear o aumento non natural do efecto invernadorio.
Unha medida para frear o efecto invernadoiro pode ser ir sempre en cohe ao sitios, evitando camiñar ou usar o transporte público.
Esta cidade está afectada por...
...choiva ácida.
...o burato do ozono.
...smog.
Cales dos seguintes poden ser efectos da contaminación atmosférica:
Enferminades do aparato respiratorio e irritación dos ollos e pel das persoas.
Danos sobre os ecosistemas.
Desperfectos en edificios ou outros bens materiais.
Todas as anteriores son correctas.
Indica se as seguintes medidas corresponden a medidas preventivas da contaminación:
Creación de zonas verdes
Aforro de enerxía.
Consumir menos combustibles fósiles.
Depurar os gases emitidios polas fábricas.
Selecciona a resposta incorrecta:
A contaminación atmosférica débese á presenza no aire de substancias químicas ou formas de enerxía.
Os contaminantes proceden de dous tipos de fontes, naturais e artificiais.
As formas de enerxía non dan orixe a contaminación.
As medidas correctora pretenden diminuír a concentración de contaminantes na atmosfera unha vez emitidos e as preventivas evitar que aparezan problemas de contaminación.
