NEW
Font size
WorksheetsVivimos en comunidade
Total questions: 21
Worksheet time: 11mins
Na convivencia en familia:
Debo colaborar nas tarefas que podo realizar sen axuda dos adultos.
Aínda non é responsabilidade miña realizar tarefas na casa.
Na escola son necesarias normas de convivencia?
Falso
Verdadeiro
Son normas de convivencia escolar:
Facer a miña cama todos os días.
Respectar as quendas de palabra, atender, axudar a que aula estea ordenada.
Poñer a mesa.
A comunidade escolar está formada por:
O persoal docente, o persoal sanitario e o alumnado.
A fontaneira, o cociñeiro e os mestres e mestras.
O persoal docente, persoal non docente, alumnos e alumnas e os pais e nais.
O lugar onde vivimos é a nosa localidade.
Verdadeiro
Falso
As persoas vivimos en :
Polígonos industriais.
Aldeas, vilas ou cidades.
En parques acuáticos
As vilas son :
Localidades grandes con máis de 10.000 habitantes.
Localidades pequenas con menos de 10.000 habitantes.
A poboación rural:
Vive en grandes cidades.
Vive en vilas ou aldeas.
Nunha cidade viven:
Máis de 10.000 habitantes.
Máis de 5.000 habitantes.
Máis de 1.000 habitantes.
A poboación urbana:
Vive en vilas ou aldeas.
Vive nas cidades.
Nunha cidade distínguense:
A praza, os campos de cultivo e as granxas.
O centro, o ensanche e a periferia.
O concello organiza ou goberna:
A vila ou a cidade.
A comunidade Europea.
O concello está formado por:
O presidente ou presidenta e os ministros e ministras.
O alcalde ou alcaldesa e os concelleiros e concelleiras.
O concello debe asegurar o funcionamento dos servizos municipais:
Falso.
Verdadeiro.
Outras funcións do Concello son:
Desordenar o tráfico da localidade.
Ordenar o tráfico, organizar actos culturais e festivos, facer cumprir as normas municipais, fomentar a participación da veciñanza.
Desinformar aos veciños e veciñas.
A limpeza das rúas:
É un servizo municipal.
Non é un servizo municipal.
A recollida do lixo é un servizo municipal:
Falso.
Verdadeiro.
As eleccións municipais son:
Cada 6 anos.
Cada 4 anos.
Cada 3 anos.
Nas eleccións municipais:
Poden votar todos os cidadáns e cidadás maiores de 18 anos.
Poden votar todos os cidadáns e cidadás maiores de 20 anos.
Os habitantes da cidade:
Soen traballar na industria e no sector servizos.
Traballan na gandaría e na agricultura.
No centro da vila:
Atópanse os campos de cultivo.
Atópanse as granxas.
Atópanse as casas e os edificios máis antigos.
