NEW
Font size
WorksheetsParticipios regulares e irregulares
Total questions: 15
Worksheet time: 8mins
Indica a afirmación incorrecta:
Cando o participio ten función adxectiva indica cualidades.
Cando o participio ten función verbal está marcado polo valor aspectual.
Cando o participio ten función adxectiva pode substituírse por un adxectivo que indique cualidade ou pola construción que + ser/estar + participio
Cando o participio ten función adxectiva, concorda en número co substantivo ao que se refire, mais o xénero fica invariábel.
En cal destas oracións o participio ten función adxectiva?
Acabado o traballo fun para a casa.
Non deron acabado o traballo.
O traballo acabado dá tranquilidade.
Sinala a serie na que haxa algún verbo SEN duplo participio:
acender, cansar, enxugar
erguer, imprimir, limpar
torcer, pagar, nacer
romper, facer, fritir
Os verbos dicir, facer, poñer, ver e escribir só teñen un participio, que é irregular.
Verdadeiro
Falso
Ese detective leva ___________ moitos casos
resolver
resolvido
resolto
Non soporto ver os cadros ____________.
tocer
torcidos
tortos
torcendo
Despois do accidente non demos __________ aquel home.
calmar
calmado
calmo
Xa estou ____________ de tanto exame.
cansar
cansado
canso
Ti xa levas _________ moito hoxe. Agora pago eu.
pagar
pagado
pago
A nena está _________. Non lle deas máis comida.
fartar
fartada
farta
Levántase (a)__________ pola mañá. Moito se ten (b)________ no traballo ao longo da xornada!
a) canso / b) cansado
a) cansado / b) canso
a) canso / b) canso
a) cansado/ b) cansado
Unha vez ________ o libro, comezou a lelo.
escoller
escollido
escolleito
Os rapaces están __________ de tanto traballar.
cansar
cansados
cansos
Despois de xogar durante unha hora, non dei ________ o neno.
cansar
cansado
canso
Xeralmente, no caso dos verbos con participios duplos, utilízase:
o participio regular cando ten valor verbal e o irregular con valor adxectivo.
o participio regular cando ten valor adxectivo e o irregular con valor verbal.
o participio regular e irregular indistintamente.
o participio irregular nas perífrases verbais e o regular cando é atributo ou predicativo.
