WorksheetsADIVIÑAS
Total questions: 10
Worksheet time: 5mins
Unha señorita moi enseñoritada, chea de remendos sen unha puntada.
A GALIÑA
A LINGUA
A AGULLA
UNHA PINTORA
Anda e non ten pés; come, e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca.
O MUIÑO
UNHA CARTA
UN DRAGÓN
O PORCO
Estou pensando, pensando; de pensar vólvome tola. Coa sogra da muller de meu irmán, ¿que parentesco me toca?
MIÑA TÍA
MIÑA IRMÁ
MIÑA AVOA
MIÑA NAI
Capullo sobre capullo, capullo do mesmo pano, senón que cho diga eu, non o acertas neste ano.
UNHA EIRUGA
UN GORRO
A CEBOLA
UN PANO
Ten un dente e tira pola xente.
UNHA CORDA
A CAMPÁ
O DENTISTA
A MANDÍBULA
Unha señorita moi aseñorada, sempre está na casa e sempre está mollada.
O PARAUGAS
A GALIÑA
A LINGUA
UNHA MODELO
Unha saba branca sen algodón, que cobre o mundo e o río non.
A CONTAMINACIÓN
O AIRE
A CHUVIA
A NEVE
Moitas monxiñas no seu convento, visitan as flores e fan doce dentro.
AS BOLBORETAS
AS ABELLAS
OS DENTES
AS PASTELEIRAS
Doce señoritas nun balcón; todas teñen medias e zapatos non
AS HORAS
AS DUCIAS
MACETAS NUN BALCÓN
AS ABELLAS
Verde no campo, negro na praza e coloradiño na casa
O XIRASOL
O MILLO
O PEMENTO
O CARBÓN
