NEW
Font size
WorksheetsAS PLANTAS.
Total questions: 35
Worksheet time: 18mins
Nunha flor a corola é...
Conxunto de sépalos.
Conxunto de pétalos.
Conxunto de talos.
Conxunto de pistilos.
Nunha flor o caliz é...
Conxunto de sépalos.
Conxunto de pétalos.
Conxunto de talos.
As flores non teñen caliz.
Cales son os órganos reprodutores da flor?
Órgano reprodutor marculino.
Órgano reprodutor feminino.
Órgano reprodutor masculino e órgano reprodutor feminino.
Non ten órganos reprodutores.
Cal é o órgano reprodutor masculino?
A corola.
O caliz.
O pistilo.
Os estames.
Cal é o órgano reprodutor feminino?
O pistilo.
O talo.
Os pétalos.
Os estames.
Que se produce nas anteras?
Pole.
Froitos
Sementes.
Pistilos.
Cales son as partes da flor?
Pistilo, caliz,corola e antera.
Pistilo, corola, talo e estame.
Corola, talo, estame e follas.
Pistilo, caliz, corola e estame.
As plantas son seres vivos ou inertes?
Seres inertes
Seres vivos.
As funcións vitais dos seres vivos son:
Función de nutrición, referencial e de relación
Función de reprodución, nutrición e de adición
Función de nutrición, de relación e de reprodución.
As plantas diferéncianse dos animais porque:
Nacen, medran, reprodúcense e morren.
Fabrican o seu alimento e non se desprazan.
Hai plantas con flores e plantas sen flores.
Falso.
Verdadeiro.
As partes das plantas son:
Raíz, semente e follas.
Pétalos, raíz e talo.
Raíz, talo e follas.
Segundo o talo as plantas se clasifican en:
Algas, herbas e arbustos.
Árbores, arbustos e herbas.
Fungos, herbas e arbustos.
Que gas absorben do aire as plantas?
Dióxido de carbono.
Nitróxeno.
Ozono.
As plantas coas súas raíces absorben do solo:
Dióxido de carbono e nitróxeno.
Auga e sales minerais.
Vapor de auga e hidróxeno.
O zume bruto está formado por:
Dióxido de carbono e osíxeno.
Nitróxeno e dióxido de carbono.
Auga e sales minerais.
Os órganos reprodutores das plantas atópanse nas flores?
Verdadeiro.
Falso.
Os grans de pole atópanse nos:
Pistilos.
Pétalos.
Estames.
As plantas están formadas por células eucariotas animais.
Verdadeiro
Falso
Durante o proceso da fotosíntese, que gas se libera a atmosfera?
Dióxido de carbono
Osíxeno
Nitróxeno
Cando respiran, as plantas absorben osíxeno e expulsan dióxido de carbono.
Verdadeiro
Falso
Onde se produce o intercambio de gases nas plantas?
Nos estomas
Na raíz
No talo
Nas esporas
Sinala a afirmación que sexa falsa:
A clorofila atópase nos cloroplastos.
A clorofila proporciónalles ás plantas a súa cor verde.
Os cloroplastos atópanse nas células vexetais e animais.
Al plantas sen flor reprodúcense mediante:
Esporas
Estomas
Escobas
Non se reproducen
Sinala a orde correcta nas fases da reprodución:
Polinización- Fecundación-Dispersión-Xerminación
Polinización- Xerminación-Fecundación-Dispersión
Fecundación-Dispersión-Xerminación-Polinización.
Xerminación- Dispersión- Polinización- Fecundación.
Como se chama a parte da folla que está unida ao tronco ou ás polas?
Limbo
Envés
Face
Pecíolo
As plantas anxiospermas son aquelas nas que a semente está envolvidas nun froito.
Verdadeiro.
Falso.
Onde se atopan os grans de pole?
Na antera
No pistilo
No filamento
Nos ovarios
As plantas sen flor tamén se chaman
Criptógamas
Fanerógamas
A dispersión da semente realízase:
Polo aire
Pola auga
Polos animais
Todas son correctas
Coas condicións axeitadas, o embrión da semente empeza a crecer e aparece unha nova planta. Este proceso chámase:
Polinización
Dispersión
Xerminación
Fecundación
Ten forma alongada e comunica o estigma co ovario
Filamento
Estilo
Limbo
Corola
No proceso de absorción, a auga e os sales minerais pasan a uns vasos condutores e forman o zume
Verdadeiro.
Falso.
O exceso deste gas é unha das causas do efecto invernadoiro que, a súa vez, é responsable do cambio climático que afecta ao planeta.
Dióxido de carbono
Osíxeno
Gas natural
Gaseosa
O proceso que lles permite ás plantas fabricar o seu propio alimento, chámase:
Circulación
Respiración
Fotosíntese
Absorción
