wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Proba de lectura_1ºESO_ASB

Total questions: 20

Worksheet time: 2hrs 31mins

Name
Class
Date
1.

Quen escribiu A señorita Bubble?

a)

Leticia Costas

b)

Andrés Meixide

c)

Ledicia Costas

d)

María Reimóndez

2.

Como era Noa?

a)

Soñadora e creativa, gustáballe ler e coidar da súa irmá pequena.

b)

Soñadora e creativa, gustáballe debuxar e inventar máquinas para axudar a xente que o necesitaba.

c)

Mentireira e medosa.

d)

Ningunha das respostas é correcta.

3.

Cando comezou a aventura de Noa e Sofi?

a)

Non di o día, só ocorreu que as nenas coñeceron á señorita Bubble na rúa.

b)

O día do aniversario de Sofi, cando ían camiño da festa.

c)

Un martes, despois dun problema no colexio porque Noa esquecera devolver un libro.

d)

Un luns, despois de fuxir da escola e levar un susto porque Sofi tivo un ataque de asma, a señorita Bubble parou onda elas e iniciouse a gran aventura.

4.

Que pensaban as nenas da señorita Bubble?

a)

Que era unha meiga comenenos.

b)

Que non era de fiar.

c)

Que era moi estilosa, vestía moi ben e era fermosa.

d)

Todas as respostas son correctas

5.

Que é o Flash Bubble?

a)

O castelo no que vive a señorita Bubble.

b)

O brazo biónico da señorita Bubble.

c)

O corazón biónico da señorita Bubble.

d)

O coche deseñado pola señorita Bubble.

6.

Por que acaban indo as nenas á casa da señorita Bubble?

a)

Porque rescata do tubo de escape a cobaia de Nefertiti e está preocupada polo seu estado de saúde, así que decide ir primeiro a comprobar que está ben e despois leva as nenas á casa.

b)

Porque lles quería demostrar que non comía nenos asados.

c)

Porque as nenas non teñen chave da casa e non quere deixalas soas na rúa.

d)

Porque Noa e Sofi lle piden que as leve á súa casa.

7.

Quen é Nefertiti?

a)

Unha gata mecánica que ten de mascota a señorita Bubble.

b)

A cobaia con rodas mecánicas que ten a señorita Bubble como mascota.

c)

Unha gata que fora atropelada e abandonada e a señorita Bubble adoptou.

d)

Unha momia exipcia que agocha no soto da casa.

8.

Quen é Vincent?

a)

O fillo da señorita Bubble.

b)

O mecánico axudante da señorita Bubble.

c)

O alcalde da vila, odia á señorita Bubble porque quere quedar co seu castelo.

d)

O neno abandonado que acolleu a señorita Bubble.

9.

Por que a xente da vila odia á señorita Bubble?

a)

Todas as respostas son correctas.

b)

Porque é estranxeira e desconfían da xente de fóra.

c)

Porque é diferente á xente da vila: é solteira, independente, intelixente e diferente ao resto das persoas adultas.

d)

Porque o alcalde inventou mentiras sobre ela e a xente creunas sen comprobar se eran certas.

10.

Que conseguía a señorita Bubble grazas a Nefertiti?

a)

Burbullas que gardaban sorrisos para a xente gris que esquecía sorrir.

b)

Bágoas que enviaba á xente que non tiña empatía nin sabía sentir tristeza.

c)

Ver o que pasaba no resto da vila a través do seu ollo mecánico.

d)

Facer funcionar o seu laboratorio ao poñela a rodar nunha cinta para conseguir electricidade.

11.

Que pensaban os pais de Noa e Sofi sobre os bastóns de caramelo?

a)

Que conseguían que os nenos se fiasen dela para poder raptalos.

b)

Que estaban envelenados.

c)

Nada, porque non sabían que ela vendía bastóns de caramelo.

d)

Que eran deliciosos.

12.

Cal foi o castigo dos pais cando souberon que estiveran na casa da señorita Bubble?

a)

Castigalas sen saír da casa excepto para ir á escola. Noa tampouco podía ler.

b)

Recoller as herbas malas do xardín da casa.

c)

Limpar os baños cos seus cepillos de dentes.

d)

Estar encerradas na casa durante un mes.

13.

Que partes do corpo da señorita Bubble eran mecánicas?

a)

O corazón e o ollo esquerdo, perdéraos por culpa dunha enfermidade grave aos 10 anos.

b)

O brazo e a perna esquedas, perdéraos nun accidente de coche había xa unha década.

c)

O brazo e o ollo esquerdos, perdéraos nun accidente había xa 10 anos.

d)

Os dous brazos e un ollo, perdéraos nun accidente había xa 10 anos.

14.

Sinala as características emocionais da señorita Bubble (hai máis dunha resposta correcta):

a)

Empática (dise da persoa que se identifica cos sentimentos ou o estado de ánimo doutra persoa ou ser vivo).

b)

Xenerosa (dise da persoa que comparte con outra(s) as súas cousas).

c)

Vingativa (dise da persoa que devolve a outra(s) o mal que lle fixeron).

d)

Loitadora (dise da persoa que non se rende ante as adversidades).

15.

Que querían facerlle á señorita Bubble as persoas da vila?

a)

Nada malo, só quería rescatar as nenas e falar con ela.

b)

Queimar a súa casa e, posiblemente, matala a ela e a todos os que vivían alí queimándoos tamén.

c)

Saber se era certo que comía nenos.

d)

Coñecela mellor.

16.

Noa e Sofi volven saber da señorita Bubble?

a)

Si, a señorita Bubble chámaas por teléfono de cando en vez.

b)

Si, porque o alcalde lle pide perdón e a señorita Bubble volve vivir na vila.

c)

Non, nunca máis volven saber dela.

d)

Si, envíalles unha pomba mensaxeira mecánica cunha carta.

17.

Que lles pasou á directora e a bibliotecaria?

a)

Foron detidas pola policía ao saber que facían trampas ás cartas para roubarlles as casas a outros xogadores.

b)

Seguiron traballando na escola, pero os pais de Noa e Sofi obrigáronas a deixar de castigar as súas fillas.

c)

Noa e Sofi déronlles bágoas de tristura mesturadas coa comida e non podían deixar de chorar, polo que perderon o seu traballo na escola.

d)

Non se sabe o que pasou con elas, non volven aparecer na novela.

18.

Por que estaba triste Vincent despois de coñecer as nenas?

a)

Porque quería velas, eran as primeiras amigas que tiña, e poníao triste saber que estaban castigadas.

b)

Porque non quería vivir coa señorita Bubble, quería volver coa súa familia.

c)

Porque quería vivir con elas na vila.

d)

Porque non tiña amigos.

19.

Cal foi finalmente o castigo que lles puxo a directora da escola ás nenas?

a)

Escribirlle unha carta á señorita Bubble, que ela lle ditou a Noa, chea de insultos e dicíndolle que non querían volver a vela.

b)

Unha carta-trampa para a señorita Bubble, porque querían que as viñese recoller e así o alcalde podía detela.

c)

Limpar os baños todos do colexio con cepillos de dentes durante unha semana.

d)

Recoller o lixo do patio durante os recreos do resto do curso.

20.

Como podía saber a señorita Bubble o que pasaba no resto da vila?

a)

Grazas a un invento que tiña na casa e que controlaba as cámaras de seguridade de toda a vila.

b)

Grazas ao seu ollo mecánico e á súa capacidade de concentrarse no que quería saber.

c)

Porque era realmente unha meiga, como dicían na vila, pero era boa e quería axudar.

d)

Porque era moi intuitiva.