WorksheetsO relevo e a hidrografía
Total questions: 25
Worksheet time: 25mins
Que nome reciben as diferentes formas ou accidentes xeográficos que presenta a superficie da Terra?
Paisaxe
Montañas
Relevo
Cordilleiras
Fíxate nas partes dunha montaña e escolle a opción correcta
As tres partes da montaña están ben situadas.
Están mal situadas as tres partes da montaña.
Están mal situadas a ladeira e o pé ou base da montaña.
Están mal situadas a ladeira e a cima da montaña.
Marca todas as formas de relevo propias dunha paisaxe de interior de chaira. (Tes que marcar máis dunha opción).
Serras.
Mesetas.
Depresións.
Outerios.
Un conxunto de montañas aliñadas forma...
Unha cordilleira.
Unha meseta.
Un outeiro.
Unha serra.
As depresións son...
planicies situadas a elevada altitude sobre o nivel do mar.
planicies situadas a pouca altitude sobre o nivel do mar.
elevacións do terreo que non superan os 200 metros de altitude.
zonas chairas situadas entre montañas.
Como se lle chama á extensión de terra rodeada de mar por todas partes menos por unha?
Illa.
Aquipélago.
Península.
Estreito
Cales das seguintes opcións son formas de relevo de costa? (Tes que marcar máis dunha casilla).
Cabos e golfos.
Illas e arquipélagos.
Baías, cantís e estreitos.
Penínsulas e serras.
O relevo de España consta de cinco grandes unidades de relevo. Cales son?
Cordilleira, relevos interiores, relevos periféricos, relevos exteriores e depresións do Guadalquivir.
Meseta, relevos interiores, relevos periféricos, relevos exteriores e depresión do Ebro.
Meseta, relevos interiores, relevos periféricos, relevos exteriores e depresión do Ebro e do Guadalquivir.
Meseta, relevos interiores, relevos periféricos, relevos exteriores e depresións do Ebro e do Guadalquivir.
A que unidade de relevo pertencen os Montes de Toledo?
Aos relevos interiores.
Aos relevos exteriores.
Aos relevos periféricos.
Á meseta.
Que illas forman o arquipélago canario?
Tenerife, A Palma, A Gomera, O Hierro, , Gran Canaria e Lanzarote.
Tenerife, A Palma, A Gomera, O Hierro, Fuerteventura, Gran Canaria e Lanzarote.
Mallorca, Menora, Eivisa, Formentera e Cabrera.
Tenerife, A Palma, A Gomra, O Hierro, Formentera e Cabrera.
A costa cantábrica esténdese desde
o cabo Ortegal ata a fronteira portuguesa.
o cabo Ortegal ata a punta de Tarifa.
o golfo de Biscaia ata a fronteira portuguesa.
o golfo de Biscaia ata o cabo Ortegal.
Cales son os principais accidentes da costa atlántica galega?
O cabo Ortegal, o cabo Fisterra e as rías de: Ferrol, A Coruña, Muros, Arousa, Pontevedra e Vigo.
O cabo Ortegal, o cabo Trafalgar e as rías de: Ferrol, A Coruña, Muros, Arousa, Pontevedra e Vigo.
O cabo Ortegal, o cabo Fisterra, o cabo Trafalgar e as rías de: Ferrol, A Coruña, Muros, Arousa, Pontevedra e Vigo.
O cabo Ortegal e as rías de: Ferrol, A Coruña, Muros, Arousa, Pontevedra e Vigo.
Como se chama a grande unidade do relevo interior galego?
Dorsal Galega.
Terra Chá-
Macizo Galaico.
Macizo Galaico ou Dorsal Galega.
Marca a opción correcta.
As serras setentrionais están situadas no norte de Lugo.
As serras setentrionais percorren Galicia de norte a sur.
As serras setentrionais esténdese polo leste de Galicia.
Como se lles chama ás depresións alongadas situadas entre montañas e que están atravesadas por un río?
Vales.
Vales fluviais.
Depresións.
Costas fluviais.
A costa galega está bañada por....
Só polo océano Atlántico.
Só polo mar Cantábrico.
Polo mar Cantábrico, polo océano Atlántico e polo mar Mediterráneo.
Polo mar Cantábrico e polo oceáno Atlántico.
Que costa galega se estende desde a ría de Ribadeo ata o cabo Ortegal?
A costa cantábrica.
A costa atlántica.
Selecciona as opcións que se correspondan coas Rías Altas galegas. (Tes que marcar máis dunha resposta).
Van desde a ría de Ribadeo ata o cabo Ortegal.
Van desde a ría de Ribadeo ata o cabo Fisterra.
Son rías curtas e estreitas.
Algunhas delas son as rías de: Viveiro, Ribadeo, Ferrol, A Coruña e Camariñas.
Que é unha vertente?
O conxunto de ríos e afuentes que desembocan no mesmo mar.
O conxunto de ríos que desembocan no mesmo mar.
O conxunto de ríos e afuentes que desembocan en diferentes mares.
O conxunto de ríos que desembocan en diferentes mares.
Que vertente se estende desde o cabo Ortegal ata a punta de Tarifa?
A Vertente Cantábrica.
A Vertente Mediterránea.
A Vertente Atlántica.
Ningunha opción é correcta.
Que vertente española ten ríos curtos e con pouco caudal?
Os da Vertente Mediterránea.
Os da Vertente Atlántica.
Os da Vertente Cantábrica.
Todos os ríos de Galicia.
Cal é o río máis caudaloso de España?
O río Ebro.
O río MIño.
O río Eo.
O río Texo.
Os ríos Bidasoa, Nervión e Nalón pertencen á vertente...
Mediterránea.
Cantábrica.
Atlántica.
O río máis coñecido da Vertente Atlántica galega é o...
Sil.
Eume.
Mera.
Miño.
Cales son os ríos de España que destacan no sur da Vertente Atántica?
Guadalquivir e Tinto.
Guadalquivir, Guadalete e Tinto.
Guadalquivir, Guadiana e Tinto.
Guadiana, Guadalete e Tinto.
