NEW
Font size
WorksheetsPERÍFRASES
Total questions: 18
Worksheet time: 9mins
"Non dou feito" contén unha perífrase
aspectual imperfectiva
aspectual perfectiva
temporal de futuro
pasiva
Cal destas estruturas non é perífrase?
Teño ido
Vexo vir
Vou merendar
Está a chover
Que perífrase sobra na serie?
Está para chover
Está a chover
Está chovendo
Segue chovendo
Sinala a perífrase aspectual perfectiva
Estou a xogar
Veño de publicar un libro
Botouse a chover
Veñen sendo familia nosa
As perífrases incoativas expresan a acción
No seu término
No seu comezo
Durante o proceso
Cantando
"Conseguiron salvalo" é
Unha perífrase incoativa
Unha perífrase terminativa
Unha perífrase perfectiva
Non é unha perífrase
Cal destas estruturas verbais é unha perífrase?
Viñeron cantando da festa
Viñeron para sementar as patacas
Viñeron andando
Vinde entrando
Imos gañar a batalla ao coronavirus é unha perífrase
Imperfectiva
Temporal de futuro
Pasiva
Perfectiva
Quero dar clases presenciais! é
unha perífrase temporal de futuro
non é perífrase
unha perífrase terminativa
unha perífrase perfectiva
"Non me lembro de dar bicos" é
unha perífase modal
unha perífrase reiterativa
non é perífrase
un accidente verbal
Cal destas perífrases é modal de probabilidade?
Medirá uns 2 m
Ha medir uns 2 m
Quizais mida uns 2 m
Chegará a medir 2 m algún día
Sinala a perífrase non terminativa
Chegarás a ser escritora algún día
Acabarás por ser escritora algún día
Vas ser escritora algún día
Virás a ser escritora algún día
Paseabamos tranquilamente polo monte e, nisto, deu en chover. Nesta frase hai unha perífrase
Imperfectiva
Perfectiva
Incoativa
Reiterativa
Houben caer da bici esoutro día. Nesta frase hai unha perífrase
Modal
Temporal
Pasiva
Incoativa
Debían ser as oito cando remataron o roteiro. Nesta frase hai unha perífrase
Perfectiva
Terminativa
Pasiva
Modal de probabilidade
Parece que quere chover, non cres? Nesta frase hai unha perífrase
Temporal
Modal
Terminativa
Incoativa
Tos son a dicirme que estude, estou cansa. Esta frase contén unha perífrase
Temporal
Imperfectiva
Incoativa
Modal
Teño ido moitas veces ao Xurés. Esta frase contén unha perífrase
Temporal
Imperfectiva
Perfectiva
Reiterativa
