Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

A atmosfera e o clima

Total questions: 25

Worksheet time: 13mins

Name
Class
Date
1.

O cataventos indica...

a)

o clima dun lugar

b)

a dirección do vento

c)

a velocidade do vento

2.

Que fenómeno afecta á saúde das persoas e incide de xeito negativo nos distintos sectores económicos?

a)

O cambio climático

b)

O clima

c)

O efecto invernadoiro

3.

O estado atmosférico dun lugar ao longo das estacións ou durante anos e décadas é...

a)

o tempo atmosférico

b)

o vento

c)

o clima

4.

A presión atmosférica mídese co...

a)

termómetro en ºC

b)

anemómetro en km

c)

barómetro en milibares

5.

A cantidade de vapor de auga que se encontra no aire é...

a)

a humidade do aire

b)

a presión atmosférica

c)

a temperatura

6.

Que é a latitude dun lugar?

a)

A altura sobre o nivel do mar

b)

A súa distancia ao ecuador

c)

As grandes cadeas montañosas

7.

O peso que exerce a masa do aire que contén a atmosfera sobre un punto da Terra é...

a)

a presión atmosférica

b)

a humidade do aire

c)

a temperatura

8.

A humidade do aire mídese co...

a)

pluviómetro

b)

viraventos

c)

higrómetro

9.

Sirven para representar as temperaturas dun lugar nun período de tempo determinado.

a)

Gráficos de temperaturas

b)

Gráficos de precipitacións

c)

Mapas de isóbaras

10.

A atmosfera é...

a)

a capa onde o aire é moi tenue e irrespirable

b)

a capa de aire que envolve a Terra

c)

a capa que está en contacto coa Terra a 15 km da mesma

11.

Sirven para representar as precipitacións dun lugar nun período de tempo determinado.

a)

Gráficos de precipitacións

b)

Mapas de isóbaras

c)

Gráficos de temperaturas

12.

A temperatura dun lugar, polo xeral, descende...

a)

1ºC por cada 100 m de altitude

b)

1ºC por cada 150 m de latitude

c)

1ºC por cada 150 m de altitude

13.

É a ciencia que estuda o estado do tempo atmosférico e os fenómenos que acontecen na atmosfera.

a)

Meteoroloxía

b)

Bioloxía

c)

Xeoloxía

14.

A latitude, altitude, influencia do mar e relevo son...

a)

gases de efecto invernadoiro

b)

factores climáticos

c)

cambios climáticos

15.

O aire en movemento é...

a)

o viraventos

b)

o clima

c)

o vento

16.

O vento mídese co...

a)

termómetro

b)

higrómetro

c)

anemómetro

17.

Algúns dos impactos das actividades humanas no planeta son...

a)

ambas as respostas son correctas

b)

contaminación da atmosfera

c)

esgotamento dos recursos naturais

18.

O estado da atmosfera dun lugar, nun momento dado ou en períodos de tempo moi curtos é...

a)

a temperatura

b)

o clima

c)

o tempo atmosférico

19.

Son gases de efecto invernadoiro...

a)

metano, butano e aerosoles

b)

vapor de auga, metano e dióxido de carbono

c)

dióxido de carbono e butano

20.

As precipitacións mídense co...

a)

viraventos

b)

pluviómetro

c)

barómetro

21.

Os mapas meteorolóxicos poden ser...

a)

ambas respostas son correctas

b)

significativos

c)

de isóbaras

22.

A cantidade de enerxía calorífica que se encontra no aire chámase...

a)

precipitacións

b)

temperatura

c)

presión atmosférica

23.

Algunhas medidas preventivas para salvar o noso planeta poden ser...

a)

protexer os recursos naturais e os seres vivos

b)

reducir a emisión de gases contaminantes

c)

ambas respostas son correctas

24.

A temperatura mídese co...

a)

barómetro en milibares

b)

pluviómetro en mm

c)

termómetro en ºC

25.

Cal é o fenómeno natural producido por algúns gases da atmosfera, que reteñen a enerxía emitida pola superficie terrestre ao ser quentada polos raios solares e fai que a Terra teña unha temperatura moi agradable?

a)

Capa de ozono

b)

Quentamento global

c)

Efecto invernadoiro