wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

O CLIMA E A PAISAXE DE ESPAÑA E GALICIA

Total questions: 38

Worksheet time: 19mins

Name
Class
Date
1.

En que zona climática está situada España?

a)

Zona fría da Terra.

b)

Zona temperada.

c)

Zona cálida, próxima ao Ecuador.

2.

Que tipo de clima hai no norte de España?

a)

Clima oceánico.

b)

Clima mediterráneo.

c)

Clima continental.

d)

Clima de montaña.

3.

Que tipo de clima temos na submeseta norte e na depresión do Ebro?

a)

Clima oceánico.

b)

Clima mediterráneo

c)

Clima continental

d)

Clima de montaña

4.

Marca os elementos que inflúen no clima dun lugar.

a)

A altitude.

b)

A hora do día

c)

A distancia do mar.

d)

As fases da lúa.

5.

Marca as comunidades nas que se da o clima semidesértico ou seco.

a)

Galicia, Asturias e Cantabria.

b)

Illas Canarias e Baleares.

c)

Alicante, Murcia e Almería

6.

Que tipo de clima hai nas illas Baleares, Ceuta, Melilla, costa atlántica andaluza e o levante penisular?

a)

Clima oceánico

b)

Clima mediterráneo

c)

Clima continental

d)

Clima subtropical

7.

Segundo ascendemos en altura as temperaturas baixan e as precipitacións aumentan.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

8.

Clima propio dos Pireneos, Sistema Central, as Cordilleiras Béticas e a Cordilleira Cantábrica.

a)

Clima continental

b)

Clima de montaña

c)

Clima mediterráneo

d)

Clima subtropical

9.

O clima subtropical está próximo ao trópico de Cáncer.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

10.

O clima subtropical é típico das Illas Baleares.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

11.

Galicia, Asturias e Cantabria teñen un clima oceánico.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

12.

Sinala os compoñentes abióticos dunha paisaxe

a)

montañas

b)

fauna

c)

flora

d)

rochas

13.

Como se chama a paisaxe natural transformada polos homes?

a)

Paisaxe humanizada

b)

Paisaxe antinatural

c)

Paisaxe artificial

14.

A vexetación do clima oceánico é escasa pero variada. Debido á sequidade, é unha vexetación que se adapta ás temperaturas frías do inverno

a)

Verdadeiro

b)

Falso

15.

No clima oceánico costeiro e de interior da nosa comunidade autónoma, a vexetación é abundante e variada

a)

Verdadeiro

b)

Falso

16.

O bosque atlántico, está composto na súa maioría de árbores de folla caduca (carballos, bidueiros, castiñeiros, freixo, ameneiro e salgueiro)

a)

Verdadeiro

b)

Falso

17.

Elevacións naturais do terreo con altitudes superiores aos 600 metros.

a)

Chairas

b)

Montañas

c)

Vales

18.

Extensións de terreo moi grandes, sen desniveis ou levemente ondulados, cunha altitude non superior aos 200 metros sobre o nivel do mar.

a)

Montañas

b)

Depresións

c)

Chairas

19.

Terras baixas que están inundadas polo mar.

a)

Marismas

b)

Baías

c)

Albufeiras

20.

Parte saínte ou porción da costa, que penetra no mar.

a)

Golfo

b)

Marisma

c)

Cabo

21.

Terreo abrupto en forte pendente.

a)

Acantilado

b)

Val

c)

Baía

22.

Extensión de area ou pedra miúda á beira do mar ou dun río.

a)

Depresión

b)

Praia

c)

Marisma

23.

Conxunto de illas, polo regular numeroso, que están agrupadas por ter certa proximidade entre elas.

a)

Golfo

b)

Albufeira

c)

Arquipélago

24.

A que vertente pertence o río Miño?

a)

Atlántica

b)

Mediterránea

c)

Cantábrica

25.

A que vertente pertence o río Xúcar?

a)

Cantábrica.

b)

Atlántica.

c)

Mediterránea

26.

A que vertente pertence o río Ebro?

a)

Cantábrica

b)

Mediterránea

c)

Atlántica

27.

A que vertente pertence o río Guadalquivir?

a)

Cantábrica

b)

Mediterránea

c)

Atlántica

28.

A que vertente pertence o río Tambre?

a)

Atlántica

b)

Mediterránea

c)

Cantábrica

29.

A que vertente pertence o río Navia?

a)

Atlántica

b)

Mediterránea

c)

Cantábrica

30.

Os ríos da vertente mediterránea desembocan no océano Atlántico.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

31.

Os ríos da meseta son os máis curtos da península Ibérica.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

32.

Os ríos andaluces son curtos e de caudal escaso

a)

Verdadeiro

b)

Falso

33.

O Miño é o río máis longo de Galicia

a)

Verdadeiro

b)

Falso

34.

Os ríos Ter, Llobregat, Turia, Xúcar e Segura desembocan na vertente mediterránea.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

35.

En España os ríos desembocan en catro vertentes hidrográficas.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

36.

Clima característico das serras orientais de Galicia

a)

Costeiro

b)

De montaña

c)

Subtropical

37.

As intervencións dos homes que reducen os caudais dos ríos son ...

a)

Vías de comunicación

b)

Construción de encoros

c)

Deforestación

38.

Que é o sotobosque?

a)

Parte frondosa, formada por árbores de folla caduca.

b)

Agrupación de montañas

c)

Vexetación que medra no bosque e ten menor altura que o seu arboredo.