Font size
WorksheetsEDIXGAL Netex LG T6-«Un océano de aventuras»
Total questions: 12
Worksheet time: 7mins
Cal é o título e o nome do autor da novela ao cal pertence o texto da Lectura inicial?
"Matilda" de Roald Dahl
"20.000 leguas baixo dos mares" de Xulio Verne.
"Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.
"20.000 leguas baixo dos mares" de Roald Dahl.
Sinala as palabras que sexan compostas.
limpacristais, medianoite, imprudente e maleducado.
randeeira, quilómetro, benestar, limpacristais.
medianoite, maleducado, limpacristais e benestar
Que diferencia unha palabra simple dunha composta? Marca as respostas correctas.
As simples contan cun lexema e as compostas con máis dun.
As simples son curtas e as compostas son máis longas.
As palabras compostas se forman coas simples.
Que é un comentario literario?
O comentario literario consiste en facer unha análise completa do que nos quere transmitir un texto.
É comentar un texto dicindo se nos gustou ou non.
Consiste en facer unha análise dun texto dicindo as súas partes e o que nos parece.
Os adverbios e as preposicións son semellantes porque...
As dúas teñen un prefixo.
Son palabras invariables pois non teñen nin xénero nin número.
Son palabras invariables e as dúas enlazan palabras.
Sinala cales son adverbios
ben, tampouco, lonxe, non
contra, para, sobre, tras
sí, tampouco, desde, en
Sinala as contraccións de artigos con preposicións.
a, en, de, con
por, de, pola, do
coa, polos, nas, do
Os artigos .......................... e ................................contraen coas ............................. a, con, de, en, por e o artigo determinado, tamén coa partícula comparativa .... .
determinados, indeterminados, preposicións, ca
determinados, preposicións, indeterminados, a
posesivos, indefinidos, preposicións, ca
Para contar experiencias é importante...
ter lápis e papel e pensar o que vas dicir.
pensar o que vas dicir, facerse un pequeno guión e poñer atención á hora de redactar.
pensar ben o que vas dicir, poñer atención e redactar ben.
Cal é ou cales son os poemas?
Estou confinado,
estou encerrado,
pero esperanzado
co meu alumnado.
Estou confinado e encerrado pero esperanzado co meu alumnado que está traballando en xeral moi ben.
Camiñante, non hai camiño,
faise camiño ao andar.
Ao andar faise camiño,
e ao volver a vista atrás,
vese a senda que nunca
volverase pisar.
Sinala as contraccións que hai neste texto:
Eu díxenlle que marchara pola beira da estrada, camiñando lentamente para gozar do solpor.
(por+a), (de+o)
(por+a), (de+a), (de+o)
(polo+a), (da+a), (da+o)
Que contracción utilizarías neste texto?
A nena deixou de chorar ....... bicicleta e decidiu pintar ..... acuarelas para distraerse.
(por+a), (con+as)
(en+a), (por+as)
(con+o), (a+os)
