WorksheetsA nosa sociedade
Total questions: 15
Worksheet time: 15mins
A poboación absoluta é …
O conxunto de persoas que traballan nun lugar determinado
O conxunto de persoas adultas que viven nun lugar determinado
O conxunto de persoas que viven nun lugar determinado.
Segundo a idade a poboación pode diferenciarse en varios grupos:
Poboación nova, rural e urbana.
Poboación nova, adulta e anciá.
Poboación absoluta, nova, adulta e anciá.
Por quen está formada a poboación activa?
Persoas maiores de 16 anos que traballan e reciben un salario por iso.
Persoas maiores de 16 anos que traballan e reciben un salario por iso e os desempregados.
As persoas maiores de 16 anos que traballan e reciben un salario por iso, os desempregados e os xubilados
Ningunha das respostas son correctas
A poboación non activa está formada por…
Persoas maiores de 16 anos que non traballan, voluntarios, xubilados, enfermos, estudantes e persoas con discapacidade.
Persoas menores de 16 anos, voluntarios, xubilados, enfermos, estudantes e persoas con discapacidade.
Persoas menores de 16 anos, voluntarios, xubilados, estudantes e desempregados.
O padrón...
Realízao cada ano o Concello e recolle os datos persoais dos habitantes dun municipio.
Realízao cada ano o Concello e recolle os datos persoais e laborais dos habitantes dun país
Realízao cada ano o Instituto Nacional de Estadística e recolle os datos persoais dos habitantes dun país.
O censo...
Realízao cada ano o Instituto Nacional de Estadística e contén os datos persoais e laborais dos habitantes dun municipio.
Realízao cada dez anos o Instituto Nacional de Estadística e contén os datos persoais e laborais dos habitantes dun país
Realízao cada ano o Concello e contén os datos persoais e laborais dos habitantes dun municipio.
O crecemento natural é…
A diferenza entre o número de empregados e desempregados dun territorio nun tempo concreto.
A diferenza entre o número de nacementos e o número de falecidos durante un tempo concreto.
A media de habitantes que vive nun territorio por quilómetro cadrado.
En canto ao crecemento migratorio…
A poboación diminúe se o número de emigrantes é maior ca o de inmigrantes.
A poboación diminúe se o número de inmigrantes é maior ca o de emigrantes
A poboación aumenta se o número de emigrantes é maior ca o de inmigrantes.
As pirámides de poboación representan…
A idade, sexo e datos laborais dos habitantes dun lugar.
A idade, sexo e datos da poboación onde habitan.
A idade e sexo dos habitantes dun lugar.
(Varias opcións) O traballo é unha actividade que permite producir e adquirir ben e clasifícanse en varios sectores:
As actividades do sector primario son a agricultura, pesca, gandería, artesanía, a silvicultura e a minería.
As actividades do sector secundario son a industria, artesanía e a construcción.
As actividades do sector terciario son a sanidade, o comercio, a educación, o transporte e o turismo.
As actividades do sector terciario son a industria, artesanía e a construcción.
As actividades do sector primario son a agricultura, pesca, gandería, minería e a silvicultura.
A densidade de poboación dunha cidade con 100 Km2 e con 245.698 habitantes é:
24569,8 habitantes/ km2.
2456,98 habitantes/ km2.
24569,8 habitantes/ km2.
245,698 habitantes/ km2.
O comercio é a actividade do sector terciario que permite aos consumidores adquirir bens e servizos mediante a a súa compra. Marca as afirmacións verdadeiras.
O comercio polo miúdo cómpralle ao almacenista e véndelles directamente aos consumidores.
O comercio polo miúdo compra grandes cantidades de artigos para vendelos a outros comerciantes.
O comercio interior lévase a cabo entre diferentes países.
O comercio interior lévase a cabo entre as persoas que se atopan nun mesmo territorio.
O comercio por xunto compra grandes cantidades de artigos para vendelos a outros comerciantes.
As empresas son as organización que producen e comercializan os bens e servizos que as persoas necesitamos a cambio dun beneficio económico. Sabemos que se poden clasificar:
Polo seu número de empregados, pola zona onde está situada e polo beneficio que obtén.
Polo seu número de empregados e polo sector de produción.
Polo sector de produción e polos clientes que ten.
Identifica as posibles causas do despoboamento dunha zona.
A poboación está moi envellecida.
Hai poucas oportunidades de traballo.
Hai gran afluencia de transporte
Hai escasas vías de comunicación.
Que significado ten cando falamos de "éxodo rural"?
Que moitas persoas quedaron a traballar nas aldeas e vilas.
Que moitas persoas abandonaron as aldeas e vilas para transladarse ás cidades en busca de traballo.
Que moitas persoas marcharon das cidades para transladarse ás aldeas en busca dunha mellor vida.
Ningunha das respostas son correctas.
