WorksheetsGalego IV
Total questions: 10
Worksheet time: 10mins
Como se chama este doce tradicional do Entroido galego?
Filloas
Orellas
Bica
Cocido
Por que o 17 de maio é a data elixida para o Día das letras galegas?
Porque é a data de publicación de Cantares gallegos
Porque é a data da dedicatoria de Rosalía de Castro a Cecilia Böhl de Faber de Cantares gallegos
Porque é a data de nacemento de Manuel Murguía
Eu quero que ti (a) (estar) ben nesta época de cambios e inquedanzas. (Completa coa conxugación correcta do verbo estar nese contexto)
Quen foi a primeira persoa que escribiu unha obra literaria completa en galego tras os Séculos Escuros?
Rosalía de Castro
Manuel Murguía
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Xosé Neira Vilas
Quen é o homenaxeado no Día das letras galegas 2020?
Rosalía de Castro
Ricardo Carvalho Calero
Antón Fraguas
María Victoria Moreno Márquez
Cal destes NON é un xénero xornalístico de opnión?
Reportaxe
Noticia
Crónica
Artigo de opinión
Crítica
Elixe a descrición axeitada para a seguinte imaxe
Hai unha muller nunha cociña que está facendo unha receita. A cociña é grande e conta con moitas olas laranxas.
Hai unha muller de pé nunha habitación. Está diante dun grupo de nenos que parecen atender á súa explicación. A aula é grande e ten moitas mesas verdes.
Hai un mozo diante dun ordenador. El está sentado na cadeira. O ordenador é metálico e moi grande.
Que foi primeiro nesta oración: Manuel casara cando Rosalía lle contou que estaba namorada del
Casar
Contar
Namorar
Cal é a función do "che" nesta oración: (Unha muller falando coa súa veciña sobre o fillo da súa veciña) O neno non che aprobou a materia de galego.
Obxecto indirecto
Dativo de interese
Pronome de solidariedade
Que tipo de oración subordinada é a presente nesta oración: As persoas que contesten polo menos seis preguntas ben aprobarán o Quizizz.
Adxectiva
Substantiva
Adverbial
