Font size
WorksheetsCanto sabes das Pontes?
Total questions: 16
Worksheet time: 8mins
Cal é a data do primeiro documento que fala do "Concejo das Pontes"?
1267
1376
1270
Quen mandou construir a actual "Ponte dos Ferros"?
García Rodríguez Valcárcel
O Condado de Lemos
Os Sanxurxo de Montenegro
Cantas parroquias ten actualmente As Pontes?
13
10
14
Cal dos seguintes ríos é afluente do Eume ao seu paso polas Pontes ?
Frei Bermuz
Ponte da Pedra
Chamoselo
Sesín
Onde se atopa actualmente a estatua da Virxe do Carmen que estaba no Cemiterio Vello da Vila?
Na Igrexa da Vila
Na Praza do Carmen
Na Capela do Carmen
Onde foi atopado o "Vaso campaniforme das Pontes", depositado na USC e actualmente desaparecido?
As Medoñas da Mourela
Veiga da Vilavella
Castro da Uz
Que podemos ver nesta imaxen tomada por Federico Maciñeira en 1947?
Túmulos do Monte Grou
Círculo lítico da Mourela
Círculo lítico do Freixo
Cal era o nome da "illa" que daba nome á Festa da Illa?
Illa de Dona Rita
Illa da Balsa
Illa da Ramalleira
En que ano comezou a empresa pública Encaso a explotación da mina das Pontes?
1950
1946
1930
Cal é o ano no que entrou en funcionamento a actual Central Térmica das Pontes?
1972
1976
1968
Onde se atopaba a "Fábrica da Luz" primeira Central hidroeléctrica das Pontes?
No Muiño de Alende
Na Fraga, no actual Muiño de Prieto
Na Fervenza de Somede
Que era unha "meda rodeira" referida ao cultivo do "pan" cereal?
Un método de cultivo do centeo.
Unha anada de "pan" adiantada.
Un xeito de malla
Cando tivo lugar o asasinato fascista das "Barosas"?
22 de agosto de 1936
24 de xuño de 1939
20 de xaneiro de 1937
Cales son os límites xeográficos das Pontes?
Mañon, Muras, Xermade, A Capela, San Sadurniño.
Mañón, Ortigueira, Muras, Xermade, A Capela, San Sadurniño, Somozas.
Mañón, Ortigueira, Muras, Xermade, A Capela, Monfero, San Sadurniño, Somozas.
Onde se atopa esta estatua de Ramón Conde denominada "Alegoria da Morte e a vida"?
Cemiterio do Aparral
Cemiterio das Campeiras
Cemiterio dos Alimpadoiros
Cal é a parroquia pontesa na que naceu a poeta Medos Romero autora, entre outros, do poemario "O Pozo da Ferida"?
Deveso
Bermui
Somede
