Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

7. O tecelán de Carballás e a vara de sol

Total questions: 10

Worksheet time: 5mins

Name
Class
Date
1.

Segundo un escritor, o corpo do tecelán de Carballás está...

a)

enterrado nun cemiterio

b)

enterrado nunha mámoa

c)

enterrado no Monte de Carballás

d)

desaparecido

2.

Que é unha mámoa?

a)

Un enterramento prehistórico que estaba cuberto por terra

b)

Un cemiterio da aldea

c)

Unha meiga antiga que vivía no monte

d)

Unha casa vella onde vivían os druídas

3.

Manuela Cortizo, veciña de Barro, confirmou que o tecelán era devanceiro da súa familia e tiña moita sona por Cerdedo.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

4.

O tecelán anunciou que a fin do mundo chegaría cando...

a)

Xa non houbese coches nas estradas

b)

Xa non houbese coches de cabalos

c)

Xa non houbese coches nas estradas e meigas nos montes

d)

Xa non houbese coches de cabalos e a xente andase polo aire

5.

O tecelán nunca usaba cadeiras nin bancos para sentar

a)

Falso

b)

Verdadeiro

6.

Cando entraba na cociña dunha casa, logo de asegurar o bastón...

a)

Descolgaba a capa dos ombros e comía

b)

Poñía a capa e acendía o lume

c)

Descolgaba a capa e botábaa no lume

d)

Descolgaba a capa e colgábaa nun raio de sol

7.

Segundo contan as lendas, algo tan máxico só o podería facer....

a)

Un feiticeiro do lugar

b)

Unha meiga da mámoa

c)

O santo Goar e a santa Susana

d)

O santo Goar e a santa Bríxida

8.

Un tecelán é a persoa que ten por oficio tecer ou facer tecidos para pezas de roupa.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

9.

O protagonista, en vez de sentar...

a)

apoiaba a súa capa de escano a escano e alí se acomodaba

b)

apoiaba a cabeza nunha parede

c)

apoiaba o seu bastón de escano a escano e alí se acomodaba

d)

apoiaba a man no escano e alí se acomodaba

10.

Manuela Cortizo soubo desa historia cando era...

a)

Nena

b)

Vella

c)

Adulta

d)

Bebé