wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Lingüíza-T

Total questions: 25

Worksheet time: 13mins

Name
Class
Date
1.

O dicionario é...

a)

un libro que contén, por orde alfabética, todas as palabas dun idioma coas súas definicións.

b)

un libro que contén todas as palabras dun idioma con todas as súas definicións.

c)

un libro moi gordo con moitas palabras.

d)

un libro que contén todas as palabras dun idioma cos seus sinónimos e os seus antónimos.

2.

Chamamos comunicación verbal...

a)

á que se realiza sen palabras.

b)

á que se realiza por medio da lingua, falada ou escrita.

c)

á que se realiza por medio da lingua falada.

d)

á que se realiza por medio da lingua escrita.

3.

Á que se realiza por medio de imaxes, xestos ou sons, sen utilizar palabras é...

a)

comunicación verbal.

b)

comunicación non verbal.

c)

comunicación escrita.

d)

comunicación en código Morse.

4.

Como se chama a sílaba que pronunciamos con máis forza nunha palabra?

a)

átona

b)

dominante

c)

tónica

d)

débil

5.

Na palabra escaravello as sílabas átonas son:

a)

es - ca - ve - llo

b)

ca - ra - ve - llo

c)

es - ca - ra - llo

d)

es - ca - ra - ve

6.

Como se chama a forza coa que pronunciamos a sílaba tónica?

a)

acento

b)

acento gráfico

c)

sílaba átona

7.

A muller do pai do meu home é a miña...

a)

irmá

b)

curmá

c)

tía

d)

sogra

8.

Un sinónimo de gargallada é

a)

esgotada

b)

enfadada

c)

risada

d)

despistada

9.

O significado contrario das palabras chámase...

a)

sinónimo

b)

antónimo

c)

metáfora

d)

personificación

10.

Que é un enunciado?

a)

calquera texto con sentido completo, que pode estar formado por unha ou varias palabras.

b)

un enunciado que contén un verbo.

c)

calquera texto sin sentido completo.

d)

unha orde que nos dá alguén.

11.

Xulieta é un encanto! é unha oración...

a)

enunciativa afirmativa

b)

enunciativa negativa

c)

interrogativa

d)

exclamativa

12.

Os meus pais traballan moito é unha oración

a)

enunciativa afirmativa

b)

enunciativa negativa

c)

interrogativa

d)

exclamativa

13.

Cantos libros leches? é unha oración

a)

enunciativa afirmativa

b)

enunciativa negativa

c)

interrogativa

d)

exclamativa

14.

Non trouxen moitos cartos é unha oración...

a)

enunciativa afirmativa

b)

enunciativa negativa

c)

interrogativa

d)

exclamativa

15.

Cales destas palabras son agudas?

a)

actriz

b)

nube

c)

xabaril

d)

mazá

e)

lóstrego

16.

Non son agudas...

a)

bisturí

b)

hotel

c)

cámara

d)

cempés

e)

escola

17.

O suxeito da oración Os nenos xogan coas folerpas é

a)

xogan coas folerpas

b)

Os nenos

c)

Non ten suxeito

d)

Ningunha das respostas é correcta

18.

O suxeito da oración Co verán ven a caloriña é...

a)

co verán

b)

ven a caloriña

c)

a caloriña

d)

non ten suxeito

19.

O suxeito da oración Escribe poemas fermosos é...

a)

escribe

b)

poemas fermosos

c)

escribe poemas fermosos

d)

non ten suxeito

20.

O núcleo do predicado da oración O outono pinta cores cos peteiros dos paxaros é...

a)

outono

b)

pinta

c)

peteiros

d)

paxaros

21.

Son palabras graves...

a)

verán

b)

montaña

c)

paxaro

d)

bailar

e)

landras

22.

As palabras esdrúxulas...

a)

acentúanse sempre na última sílaba.

b)

acentúanse sempre na penúltima sílaba.

c)

acentúanse sempre na antepenúltima sílaba.

d)

non se acentúan nunca

23.

Permite atribuír calidades ou accións humanas ás cousas ou aos animais.

a)

Personificación

b)

Metáfora

c)

Hipérbole

24.

Consiste en esaxerar moito as calidades de algo ou de alguén.

a)

Hipérbole

b)

Metáfora

c)

Personificación

25.

Que versos riman na seguinte estrofa:

Xa chegou a primavera,

rapaciña perfumada,

trae luz nova nos ollos

e un sorriso na cara.

a)

o primeiro co segundo

b)

o terceiro co cuarto

c)

o segundo co cuarto

d)

o primeiro co terceiro