Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Vocabulario sobre coronavirus, coa axuda de Dígocho Eu (TVG)

Total questions: 20

Worksheet time: 10mins

Name
Class
Date
1.

Como chamamos ao espazo de tempo no que se manteñen illadas as persoas a causa dunha epidemia?

a)

Cuarentena

b)

Corentena

2.

Denonominamos corentena ao período de confinamento, porque na súa orixe as corentenas eran de corenta días, como sucedeu no século XIV coa peste negra.

a)

VERDADEIRO

b)

FALSO

3.

Que é un corentón?

a)

Un persoa que ten corenta anos ou máis pero non chega aos cincuenta.

b)

Unha persoa maior.

c)

Un corenta moi grande.

4.

Como se chama o país onde se orixinou o coronavirus?

a)

A China

b)

China

c)

Xapón

d)

España

5.

Segundo a Real Academia Galega, cal é a palabra máis axeitada para referirse aos habitantes da China?

a)

Chineses

b)

Chinos

6.

En galego chino é sinónimo de...

a)

gato

b)

can

c)

porco

d)

cabalo

7.

Á expulsión brusca e ruidosa, pola boca e o nariz, do aire dos pulmóns por causa da irritación das mucosas nasais, en galego denomínase...

a)

Esbirro

b)

Estornudo

8.

Indica todos os sinónimos de esbirrar, ten en conta que hai máis dunha resposta correcta.

a)

esbechar

b)

esbichar

c)

estornudar

d)

espirrar

e)

espurrar

9.

Completa a oración:

"Tivo que saír da sala porque lle deu a..."

a)

Tose

b)

Tos

10.

Indica a segunda persoa do plural do verbo tusir.

a)

Vós tosedes

b)

Vós tusides

c)

Ti toses

d)

Ti tuses

11.

Indica a primeira persoa do plural do verbo tusir.

a)

Nós tusimos

b)

Nós tosimos

c)

Ti toses

d)

Ti tuses

12.

Indica a oración na que se emprega correctamente o verbo tusir.

a)

Tose, neniño!

b)

Tuse, neniño!

13.

Cando vaiamos a tusir ou esbirrar, debemos ter en conta que:

a)

Hai que facelo poñendo a man diante, para evitar contaxios

b)

Non hai que poñer ningunha barreira para que o virus saia libremente.

c)

Debemos tusir ou esbirrar no sangradoiro, que é a parte interna da articulación do cóbado.

14.

O sangradoiro é a zona onde nos extraen o sangue cando ímos a doar.

a)

VERDADEIRO

b)

FALSO

15.

Respecto das palabras que aparecen na imaxe podemos afirmar que en galego...

a)

Están recollidas no dicionario da RAG, e por tanto, son termos correctos en galego.

b)

Só vacuna é correcta

c)

Só xeringa é correcta.

d)

Nin vacuna, nin xeringa son termos admitidos pola RAG.

16.

A que termo da RAG, se refire a definición da imaxe?

a)

Vacina

b)

Vacuna

c)

Tanto a vacina como a vacuna, porque son termos sinónimos.

17.

Segundo a RAG a forma máis recomendable para denominar ao instrumento sanitario que se ve na imaxe é...

a)

xeringa

b)

xiringa

c)

xeringuilla

d)

xiringuilla

18.

Durante a corentena realizáronse campañas para animar á xente a respectar o confinamento e non saír da casa. Sinala das seguintes frases a correcta.

a)

Queda na casa

b)

Quédate na casa

c)

As dúas oracións son correctas

19.

Como norma xeral, o verbo quedar co significado de ficar ou permanecer, non debe usarse co pronome reflexivo se

a)

VERDADEIRO

b)

FALSO

20.

Non é recomendable utilizar #FicaNaCasa, porque pode interpretarse como morre na casa, é máis recomendable utilizar #QuedaNaCasa

a)

VERDADEIRO

b)

FALSO