wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Letras galegas. Coñeces o galego?

Total questions: 7

Worksheet time: 4mins

Name
Class
Date
1.

Por que se celebra o 17 de maio o Día das Letras?

a)

Porque o 17 de maio de 1963 cumpríanse 100 anos da publicación do libro de Rosalía de Castro que deu inicio ó Rexurdimento, e decidiuse conmemorar ese fito tan relevante.

b)

Porque o 17 de maio celébrase Santo Vítor de Alexandría. Como a Biblioteca de Alexandría foi tan relevante durante o período helenístico, lembramos ese fito.

c)

Porque o 17 de maio naceu Rosalía de Castro, unha importante escritora que promovería o estudo e difusión do galego.

d)

Ningunha das anteriores é correcta.

2.

Coa obra Cantares gallegos de Rosalía de Castro, iníciase o período do Rexurdimento. Sabes por que lle chamamos así?

a)

Porque se poden publicar libros en galego.

b)

Porque despois de séculos de esmorecemento, a cultura e a lingua galegas comezan unha etapa de esplendor.

c)

Porque Curros Enríquez comeza a publicar diferentes obras en galego.

d)

Ningunha das anteriores é correcta.

3.

Sabes quen foi a primeira persoa á que se lle adicou o primeiro Día das Letras (1963)?

a)

Daniel Rodríguez Castelao.

b)

Diego de Xelmírez.

c)

Eduardo Pondal.

d)

Rosalía de Castro.

4.

Sabes de cando data o documento máis antigo escrito en galego?

a)

1175

b)

1211

c)

1214

d)

1315

5.

Dirías que a literatura medieval galego-portuguesa está considerada unha das cimeiras da cultura europea entre os séculos XII-XV ?

a)

Si.

b)

Non.

6.

O Marqués de Santillana recoñeceu en pleno século XV que os trobadores das cantigas medievais da Península compoñían os seus textos en...

a)

Árabe.

b)

Castelán.

c)

Galego.

d)

Francés.

7.

Indica en cales das seguintes universidades se poden realizar estudos sobre literatura galega:

a)

Alemaña.

b)

Estados Unidos.

c)

Brasil.

d)

Finlandia.

e)

Ningunha das anteriores.