Worksheets17. A aposta do trasno
Total questions: 13
Worksheet time: 7mins
Un trasno é...
Ser fantástico con busto de muller e o resto do corpo de peixe.
Ser fantástico nocturno que adoita facer estragos e enredar sen producir dano grave
Ser imaxinario que representa o mal na tradición popular.
Persoa con coñecementos de medicina natural a quen se lle atribúen poderes sobrenaturais, que realiza curacións, adiviña o porvir etc.
O trasno da historia...
Nunca quere apostar
Sempre gaña as apostas
Vive no Casal da Aldea de Abaixo, en Cerdedo e chámase Goriño
Verdadeiro
Falso
Quen o quixo poñer a proba?
Un veciño
Unha monxa
Un cura
Unha rapaza
O cura quería saber se era capaz de...
Limpar un prado en toda a noite
Limpar unha ponte
Limpar un prado en todo o día
Limpar a igrexa en 24 horas
Cando eran as 12 do mediodía o trasno levaba case toda a herba segada...
Falso
Verdadeiro
Non se sabe
O cura non quería que o trasno seguise segando e deulle....
Un caldo de porco vello
Unha empanada de ovella machorra
Unha fritura de peixe podre
Un caldo de galiña choca
O caldo de galiña choca era tóxico e provocaba cagarríos...
Falso
Verdadeiro
Non se sabe
Cando Goriño bebeu o caldo...
marchou durmir unha sesta
deuse conta de que o cura o estaba enganando
díxolle ao cura: bebe un pouco ti tamén
correu tras dun valado cos pantalóns na man
Durante a tarde o trasno traballou...
Moito
Pouco
Igual que pola mañá
Para non ter que ir evacuar ao trasno ocorréuselle....
contratar unha veciña que lle axudase
traballar en coiros, co cu ao fresco
buscar axuda dunha feiticeira
facerlle unha adiviña ao cura
Como xa podía traballar e aliviar sen ter que facer paradas....
Conseguiu segar o prado pero unha hora máis tarde de meterse o sol
Non conseguir segar todo o prado
Conseguiu segar o prado ao pouco de comezar a empardecer
Conseguiu segar o prado coa axuda da muller
Noutra historia similar, en Lugo, o cura dáballe ao trasno...
Caldo de rato de campo
Caldo de polo podre
Auga cun rato vivo
Auga con herba de rato
