Font size
WorksheetsOS ANIMAIS
Total questions: 20
Worksheet time: 10mins
Cales son seres vivos?
As persoas, animais e plantas.
As pedras e montes.
Os coches e bonecos.
Os animais INVERTEBRADOS son ...
...os que non teñen esqueleto.
...os que teñen esqueleto.
Cal destes animais é mamífero?
(Pode haber varias opcións.)
A balea, que tipo de animal é?
mamífero
peixe
anfibio
réptil
Cal é o único mamífero que pon ovos?
ornitorrinco
crocodilo
aguia
morcego
O morcego é ...
mamífero
paxaro
insecto
Os réptiles están recubertos de...
escamas
plumas
pelo
pel núa
Adiviña! Non é cama nin é león
e desaparece en calquera rincón.
Son un...
camaleón
león
formiga
avestruz
Un animal é ovíparo porque...
nace do ventre da súa mamá.
nace de ovos.
Segundo a súa alimentación, os animais poden ser...
carnívoros, herbívoros ou omnívoros.
vertebrados ou invertebrados.
ovíparos ou vivíparos.
O pingüín é...
unha ave.
un mamífero.
un anfibio.
A vaca é un animal...
carnívoro porque come carne.
herbívoro porque come herba.
omnívoro porque come plantas e carne.
Cantas patas ten un insecto?
seis
catro
dúas
oito
O elefante é un animal...
salvaxe.
doméstico.
Os insectos son ...
ovíparos.
vivíparos.
Son animais vertebrados ...
o cabalo e a vaca.
o caracol e bolboreta.
o escaravello e a xoaniña.
a eiruga e a araña.
Os anfibios teñen...
a pel húmida e espida.
pelo.
plumas.
aletas e escamas.
Hai aves que teñen ás pero non poden voar, como son ...
a avestruz e o pingüín.
o colibrí e o xílgaro.
a anduriña e a pomba.
Non o parezo é son peixe,
e a miña forma reflexa
unha peza de xadrez. Que son?
A xoaniña non ten...
ósos.
antenas nin ás.
patas.
