wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Xeocronoloxía

Total questions: 28

Worksheet time: 14mins

Name
Class
Date
1.

Con que principio relacionas a seguinte frase de Charles Lyell: 'O presente é a clave do pasado'?

a)

Fixismo

b)

Actualismo

c)

Uniformismo

d)

Catastrofismo

2.

Como explica o catrastofismo os procesos xeolóxicos?

a)

Mediante cambios graduais e constantes no tempo

b)

Mediante cambios puntuais pero constantes no tempo

c)

Mediante eventos extraordinarios e grandes convulsións

d)

Ningunha é correcta

3.

Como se chama o principio que defende que os procesos xeolóxicos se producen de forma gradual e durante longos períodos de tempo?

a)

Uniformismo

b)

Catastrofismo

c)

Actualismo

d)

Fixismo

4.

Que corrente actual aúna os principios do uniformismo e o catastrofismo?

a)

Actualismo

b)

Fixismo

c)

Evolucionismo

d)

Neocatastrofismo

5.

Que é un fósil?

a)

Calquera resto dun organismo vivo ou da súa actividade que chegou ata ós conservado nas rochas

b)

Calquera cadáver dun animal que viviu en calquera época

c)

Calquera resto vexetal que se conservou ata agora

d)

Ningunha é correcta

6.

Como se denomina o proceso de formación de fósiles?

a)

Mineralización

b)

Fosilización

c)

Emparedamento

d)

Momificación

7.

Como se chama a ciencia que estuda os fósiles?

a)

Fosioloxía

b)

Mineraloxía

c)

Paleontoloxía

d)

Xeoloxía

8.

Que información aportan os fósiles?

a)

Anatomía dos organismos do pasado

b)

Hábitos de vida dos organismos do pasado

c)

Cambios das especies ó longo do tempo

d)

Climatoloxía do pasado

e)

Datación das rochas que os conteñen

9.

Que tipo de fósil é este?

a)

Fósil químico

b)

Pegadas

c)

Fósiles corporais

d)

Outros

10.

Que é un fósil guía?

a)

Calquera fósil é un fósil guía

b)

Aquel que ten características diferentes ó resto da súa contorna

c)

Aquel que aporta información moi valiosa sobre o substrato rochoso que o contén

d)

Aquel que aparece en moitos estratos de diferentes épocas xeolóxicas

11.

Que condicions debe cumprir un fósil para ser fósil guía?

a)

Aparecer nunha pequena área do planeta

b)

Ser moi abundante

c)

Ter facilidade de fosilización

d)

Ter unha dispersión xeográfica ampla

e)

Vivir durante un curto período de tempo

12.

A xeocronoloxía absoluta úsase para ordenar as rochas segundo a súa antigüidade.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

13.

Sinala métodos de xeocronoloxía absoluta

a)

Aneis de crecemento das árbores

b)

Reloxos moleculares

c)

Fósiles

d)

Varvas glaciarias

e)

Radiometría

14.

O potasio-40 é un isótopo radiactivo que cando se desintegra transfórmase en argon-40. O período de desintegración do potasio é de 1.300 m.a. por período. Se un mineral posúe un 82% de potasio-40, que antigüidade ten ese mineral? (tranquilos, tedes 5 minutos para resolverlo)

a)

468 m.a.

b)

2.132 m.a.

c)

1.300 m.a.

d)

Imposible sabelo

15.

Que principio de xeocronoloxía relativa se representa aquí?

a)

Principio de correlación estratigráfica

b)

Principio de superposición dos acontecementos xeolóxicos

c)

Principio de superposición dos estratos

d)

Todas son correctas

16.

Que capa posúe os fósiles máis modernos?

a)

A

b)

D

c)

B

d)

F

17.

Que di o principio de superposición dos acontecementos xeolóxicos?

a)

Un obxecto ou unha superficie que afecta ou atravesa outra é máis recente ca esta última

b)

As capas de sedimentos acumúlanse de forma que os máis antigos se localizan na parte inferior, e os máis modernos, na parte superior

c)

Pódese establecer correlación temporal entre estratos que se formaron ó mesmo tempo, e polo tanto teñen unhas características e unha composición similar

18.

Que di o principio de correlación estratigráfica?

a)

Un obxecto ou unha superficie que afecta ou atravesa outra é máis recente ca esta última

b)

As capas de sedimentos acumúlanse de forma que os máis antigos se localizan na parte inferior, e os máis modernos, na parte superior

c)

Pódese establecer correlación temporal entre estratos que se formaron ó mesmo tempo, e polo tanto teñen unhas características e unha composición similar

19.

Cando se di que hai unha discondancia estratigráfica?

a)

Cando unha serie estratigráfica foi sometida a un pregamento ou sufriu erosión, e posteriormente se depositou outra serie estratigráfica sobre ela

b)

Cando os estratos se depositan de forma continua e quedan separados por planos de estratificación

c)

Cando unha serie estratigráfica depositouse nun ambiente seco e posteriormente foi inundada polo mar, e viceversa

d)

Todas son correctas

20.

Son concordantes as capas Q, O, N, M e L?

a)

Si

b)

Non

21.

Onde se observa unha discordancia?

a)

Entre M e L

b)

Entre I e J

c)

Entre J e K

d)

Non hai discondancias

22.

Que capa é a mais antiga?

a)

K

b)

Q

c)

P

d)

L

23.

Que ocorreu antes, o depósito da capa M ou a intrusión P?

a)

Depósito da capa M

b)

Intrusión P

c)

Ocorreron ó mesmo tempo

d)

Non se pode saber

24.

Que ocorreu primeiro, o depósito da capa E ou a intrusión A?

a)

O depósito da capa E

b)

A intrusión A

c)

Ocorreron ó mesmo tempo

d)

Non se pode saber

25.

Que ocorreu antes, a falla E ou a intrusión D?

a)

A falla E

b)

A intrusión D

c)

Ocorreron ó mesmo tempo

d)

Non se pode saber

26.

Que tipo de fósil é este?

a)

Fósil corporal

b)

Molde

c)

Fósil químico

d)

Outros

27.

Que tipo de fósil é este?

a)

Fósil químico

b)

Pegada

c)

Molde

d)

Fósil corporal

28.

Que conclusións se poden extraer da observación deste fósil?

a)

Ten patas longas, logo debía ser un corredor veloz.

b)

Ten dentes afiados, logo debía ser carnívoro.

c)

Ten unha cola longa, logo debía ser un bo nadador.

d)

Non se pode deducir nada disto.