Font size
WorksheetsORTOGRAFÍA. Palabras con X e S
Total questions: 20
Worksheet time: 7mins
A letra x ten dous sons, nalgunhas palabras pronúnciase como xe (xersei, xarda, xerra) e noutras pronúnciase como ks (éxtase, axila, taxa).
verdadeiro
falso
As palabras que empezan por extra-, cando é prefixo e significa ‘fóra’ ou ‘moi’. Por exemplo, extraplano (moi plano) extratosfera (fóra da atmosfera)
escríbense con x
escríbense con s
ningunha opción é correcta
As palabras escusa e escavar e os seus derivados
escríbense con s
escríbense con x
ningunha é correcta
A palabra estragar está ben escrita?
sí, porque estra- non é un prefixo
non
escríbese con x
Completa a oración coa palabra correcta.
Ten un patio ... para xogar ao aire libre.
esterno
externo
Escolle a palabra axeitada.
O condenado ... as súas culpas no cárcere.
espiou
expiou
Gústalle durmir a sexta todas as tardes
correcta
incorrecta
Os doentes que romperon algún óso están na sesta planta.
correcta
incorrecta
Escolle a resposta correcta.
O incendio provocouse por un ... mal apagado.
misto
mixto
Escolle a palabra correcta.
Óso que está no centro do peito ao que se unen as costelas.
esterno
externo
Cando nos referimos a algún profesional, tamén podemos dicir:
esperto
experto
A palabra estrema significa:
límite dunha leira (finca)
que alcanza o punto límite ao que se pode chegar
Sinala a palabra correcta.
Conxunto de palabras consideradas de forma unitaria polo seu contido.
testo
texto
Hoxe ás catro da mañá estaba xa esperto.
correcta
incorrecta
Ocultouse detrás dunha árbore e desde alí expiaba o vestiario das actrices.
correcta
incorrecta
Sinala a palabra correcta.
"Que ocupa o lugar número seis nunha serie".
sesta
sexta
Sinala a opción correcta.
"Pau pequeno de madeira con cabeza feita dun material que arde".
misto
mixto
Eu estudo nun colexio mixto.
correcta
incorrecta
"Recipiente groso no medio e estreito na boca e na base, con asa e bico, que se emprega para conter líquidos e para servilos".
xerra
serra
ninguna é correcta
"Aparello que serve para apagar o lume".
extintor
estintor
ningunha é correcta
