wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

REPASO XÉNERO E NÚMERO

Total questions: 12

Worksheet time: 7mins

Name
Class
Date
1.

Indica cal é a regra que segue "nugallán" para formar o feminino:

a)

-ÁN>-ANA por ter un matiz pexorativo.

b)

-ÁN>-Á non ten significado negativo.

c)

-ÁN>-Á é unha excepción da regra.

2.

"Fiábel" realiza o plural como:

a)

Fiábeis, graves rematas en -l, mudan por -is.

b)

Fiábeles, polisílabas en -l acrecentan -es.

c)

Fiábeis, palabras rematadas en -bel>-beis.

d)

É invariable.

3.

O feminino de "xenro" é:

a)

Xenra, rematadas en vogal ou consoante distinta de -n, mudan por -a.

b)

Nora, substantivos heterónimos.

c)

Nora, xénero epiceno.

d)

Nora, xénero común.

4.

O plural de "baúl" é:

a)

Baúis, agudas polísílabas en -l mudan o -l>-is.

b)

Baúles, polisílabas agudas acrecentan -es.

c)

Baúis, graves en -l mudan o -l>-is.

5.

O feminino de "bretón" é:

a)

Bretona, rematados en vogal ou -n engaden un -a.

b)

Bretoa, -ón>-ona sen significado pexorativo.

c)

Bretoa, -ón>-ona excepción.

d)

É un subtantivo de xénero común.

6.

O plural de "isósceles" é:

a)

Non ten plural.

b)

Os graves e esdrúxulos rematados en -s modifican o artigo: os isósceles.

c)

Os rematados en -s engaden -es.

7.

A palabra "hippy" fai o plural seguindo a regra:

a)

Rematados en vogal ou consoante distinta de -n, engaden -s.

b)

Estranxeirismos e rematados en consoante distinta de -N, -R, -S, -L, -Z engaden -es.

c)

Os estranxeirismos engaden -s ou fan o plural na súa lingua de orixe.

8.

O feminino de "euscaldún" é:

a)

Esucaldúa, rematados en -ún>-úa.

b)

Euscalduna, rematado en -ún>-una.

c)

Posúe xénero común.

9.

Indica cal é a regra que segue "unisex" para formar o plural:

a)

Estranxeirismos engaden -s.

b)

Palabras rematadas en -x engaden -s.

c)

Rematadas en -X e grupos consonánticos son invariables.

d)

Os estranxeirismos teñen dous plurais.

10.

Indica como se forma o feminino de señor:

a)

Rematados en consoante distinta de -N engaden -A.

b)

Ten xénero común.

c)

Rematados en -R, -L, -S engaden -A.

d)

Rematadas en consoante engaden -A.

11.

Indica cal é a regra que segue "tsar" para formar o feminino.

a)

Substantivo heterónimo, tsarina.

b)

Sufixo especial, tsarina.

c)

Xénero epiceno, tsarina.

d)

Xénero común, tsarina.

12.

Indica cal é a regra que segue "mal" para facer o plural.

a)

Graves en -L engaden -ES.

b)

Agudas engaden -ES.

c)

Monosílabos en -L engaden -ES.

d)

Rematados en vogal engaden -ES.