wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

O SISTEMA NERVIOSO

Total questions: 24

Worksheet time: 12mins

Name
Class
Date
1.

De que se encarga o sistema nervioso?

a)

Da función de nutrición.

b)

Da función de reprodución.

c)

Da función de relación.

2.

Cal é o órgano fundamental do sistema nervioso?

a)

O cerebro.

b)

O aparato locomotor.

c)

O estómago.

3.

Como se chaman as células que forman o tecido nervioso?

a)

Células epiteliais

b)

Células ópticas

c)

Células neuronais

4.

Grazas ás neuronas podemos recibir e enviar información a través do sistema nervioso.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

5.

As neuronas son células moi simples.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

6.

Cales son as partes do sistema nervioso?

a)

Sistema nervioso neuronal e sistema exterior.

b)

Sistema nervioso central e sistema nervioso periférico.

c)

Sistema nervioso interior e sistema nervioso exterior.

7.

O sistema nervioso central está formado por...

a)

polos órganos dos sentidos.

b)

polo encéfalo e a médula espiñal.

c)

polo aparato locomotor.

8.

Cal é o principal elemento de control do noso corpo?

a)

O encéfalo.

b)

O aparato locomotor.

c)

Os órganos dos sentidos

9.

Cal é o órgano que regula o pensamento e a memoria?

a)

Médula espiñal

b)

O encéfalo

c)

A columna vertebral

10.

O encéfalo está formado por...

a)

polo cerebro.

b)

polo cerebro, cerebelo e bulbo raquídeo.

c)

polo cerebro e o cerebelo.

11.

Que parte do encéfalo se ocupa de almacenar a memoria?

a)

Cerebro

b)

Cerebelo

c)

Bulbo raquídeo

12.

Que parte do encéfalo coordina os movementos e mantén o equilibrio?

a)

Cerebro

b)

Cerebelo

c)

Bulbo raquídeo

13.

Onde está situado o encéfalo?

a)

Na cabeza

b)

Nas extremidades

c)

No aparato dixestivo

14.

Por quen está protexida a médula espiñal?

a)

Pola columna vertebral.

b)

Polo cranio

c)

Polo aparato locomotor.

15.

Pola médula espiñal viaxan poucos nervios.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

16.

Quen regula a actividade de moitos dos nosos órganos?

a)

A médula espiñal.

b)

O cerebro

c)

O bulbo raquídeo

17.

Pola médula viaxan moitos nervios que controlan o movemento dos brazos e das pernas.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

18.

Se tes unha lesión medular podes perder a mobilidade das extremidades.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

19.

Sinala situacións nas que nos podemos lesionar a médula espiñal.

a)

Durmindo

b)

Accidente de tráfico.

c)

Mergullarse nun río con pouca profundidade

d)

Vendo a televisión

e)

Realizando un deporte sen a protección adecuada

20.

O sistema nervioso periférico está formado por...

a)

neuronas

b)

nervios

c)

músculos

21.

Os nervios son fibras moi alongadas e finas repartidas por todo o corpo.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

22.

Tipos de nervios:

a)

Sensitivos e motores.

b)

Sensitivos e periféricos

c)

Internos e externos

23.

Os nervios sensitivos levan a información dende os órganos dos sentidos a...

a)

ao aparato locomotor

b)

ao sistema nervioso central

c)

aos músculos.

24.

Os nervios motores levan a informanción dende o sistema nervioso central a...

a)

Aos músculos e órganos.

b)

Ao encéfalo

c)

Non levan información.