NEW
Font size
WorksheetsFrases feitas
Total questions: 15
Worksheet time: 45mins
Cal é o significado da frase feita remarcada en verde:
Veña, que xa me comeza a ladrar o estómago
Ter fame.
Ter a dixestión pesada
Impacientarse
Parece mentira, déitase coas galiñas e anda cheo de sono
Déitase no poleiro
Dorme coa cabeza moi alta
Déitase moi cedo
Vaia, xa botaches a lingua a pacer!
Botaches a lingua fóra en sinal de burla
Dixeches unha barbaridade
Puxécheste a comer
Pronto me decatei de que María lle enchía o ollo a Martiño
Gustáballe, caíalle ben
Facíao chorar
Facíao rir ás gargalladas
A ese vanlle calcar as costelas un día destes
Mallarlle o lombo
Operalo da columna vertebral
Empurralo forte e sen consideración
Se o vexo, vou ter unhas palabras con el
Rifar, botar algo en cara
Conversar un anaco
Contar unha historia
Paréceme que a ese lla van armar con queixo se non se move
Atraelo a engano con algo apetecíbel
Darlle un golpe no queixo
Collelo durmido
Cando escoitei iso, dixen coa miña lingua pequena: vai haber barullo
Dicir con voz insegura e tímida
Dicir en voz baixa, en segredo
Dicir para si, pensar
Sabedes o que me contestou? Pois: xa se meteu o demo a predicador
Es moi gracioso predicando
Estás a dar consellos, ti que es o menos indicado
Iso parece cousa do demo
Parece que o seu avogado está decidido a tirar da manta
Refrescar o corpo na cama
Ver de que cor son as sabas
Descubrir a verdade caia quen caia
Que fai? Pois, ultimamente, anda aos grilos
Ocúpase en cousas sen utilidade, vas
Caza grilos e véndeos a unha fábrica de conservas
Anda coa cabeza nas nubes
Amigo, penso que con eses métodos vas mallar en ferro frío
Facer moita forza
Cansarte moito
Perder o tempo
Esquece ese asunto, que sería botarlle aceite ao lume
Aumentar o interese
Irritar os ánimos
Avivar a labarada e o fume
Que significan as seguintes adiviñas
Teño catro pés e non son animal; bríllanme os ollos na noite e sen beber non podo andar
O burro
O coche
O avión
As persoas
Ten lombo e non anda, follas ten e non é planta, sabe moito e nada fala
Unha árbore
A igrexa
Un libro
O colexio
