wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

PROTOCOLO COVID

Total questions: 43

Worksheet time: 33mins

Name
Class
Date
1.

Os centros educativos promoverán que as actividades non lectivas se realicen de xeito telemático.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

2.

O equipo COVID estará formado por...

a)

A persoa titular do centro, persoa que delegue e dous membros do profesorado.

b)

A persoa titular do centro, persoa que delegue e o profesorado dependerá do número de unidades do centro.

c)

Polas persoas que determine o equipo directivo.

3.

Os centros terán un (a)   de atención primaria de referencia

4.

O persoal docente e non docente terán que realizar diariamente unha (a)   de síntomas

5.

Os resultados da autoenquisa diaria de síntomas terán que ser comunicados diariamente ao centro.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

6.

Si un alumno/a ten a condición de vulnerable...

a)

Será inspección educativa o que determine a asistencia a clase ou a escolarización domiciliaria

b)

Será o pediatra o que determine a asistencia a clase ou a escolarización domiciliaria.

c)

Será a familia a que determine a asistencia a clase ou a escolarización domiciliaria.

7.

Ante a aparición de sintomatoloxía compatible coa COVID no persoal non docente e profesorado...

a)

Esperarase ata unha PCR negativa para poder incorporarse ao centro de traballo.

b)

Manterase en illamento preventivo a espera de que os síntomas remitan.

c)

Manterase en illamento preventivo poñendose en contacto co centro de saúde e estes valorarán a sintomatoloxía e a pertinencia de realizar unha PCR ou non.

8.

Para a xustificación das ausencias derivadas da aplicación do protocolo covid...

a)

Será sempre necesario un xustificante médico.

b)

Serán as familias as que poidan xutificar as faltas.

9.

No caso de detectarse sintomatoloxía compatible na casa, o alumnado...

a)

Non acudirá ao centro e a súa familia contactará co centro de saúde.

b)

Non acudirá ao centro e a súa familia contactará co centro de saúde e cun membro do equipo COVID.

c)

Non acudirá ao centro ata que remitan os síntomas.

10.

Poderán os centros establecer mecanismos para a identificación de síntomas nos alumnos/as a entrada ao centro?

a)

Si, ou mesmo unha declaración responsable dos proxenitores ao inicio do curso escolar.

b)

Si, entre eles a medición da temperatura ao chegar pola mañá ao centro.

11.

Se unha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer COVID-19...

a)

O alumnado ou persoal do centro deberán acudir ao traballo/escola ata que o resultado da proba sexa positivo convertíndose en contactos estreitos.

b)

O o alumnado ou persoal do centro non deberán acudir ao mesmo ata que o resultado da proba sexa negativo.

c)

O alumnado ou persoal do centro avisarán ao equipo COVID e este determinará que facer.

12.

A canle informática denominada "EduCovid" terá como finalidade...

a)

Establecer unha canle de comunicación entre o centro de atención primaria, O CSC e o equipo COVID.

b)

Comunicar os datos básicos dos contactos próximos dos casos confirmados.

13.

No caso de comunicación ao centro educativo por parte do seu persoal ou de algún alumno/a da aparición dun caso confirmado, o equipo COVID do centro incluirá na aplicación EDUCOVID...

a)

A información dos posibles contactos estreitos do afectado, incluindo os contactos das actividades extraescolares.

b)

A información dos posibles contactos estreitos do afectado do seu grupo-clase.

c)

A información dos posibles contactos estreitos do afectado tanto do seu grupo-clase como dos compañeiros do transporte e do comedor escolar.

14.

Terá que ser sanidade quen demande a información dos contactos estreitos a través da aplicación EDUCOVID ao centro educativo.

a)

Falso

b)

Verdadeiro

15.

As familias terán que autorizar aos centros a utilización dos datos persoais para o uso da aplicación EDUCOVID.

a)

Si, sempre, xa que se tratan de datos especialmente protexidos.

b)

Non, as familias teñen o deber de colaboración

16.

Deberase manter unha distancia interpersoal entre as persoas do centro educativo?

a)

Non, xa que o centro educativo conforma un grupo de convivencia estable.

b)

Si, de polo menos 2 metros.

c)

Si, de 1,5 metros.

17.

Deberase manter nas aulas de Educación Infantil e Primaria unha distancia de 1.5 metros entre postos escolares?

a)

Si, sempre, artellándose as medidas organizativas necesarias para que esa distancia se cumpra.

b)

Non, forman grupos de convivencia estable.

c)

Non, forman grupos de convivencia estable, pero a distancia será a máxima que permita a aula.

18.

Ten o alumnado, o profesorado e o restante persoal

a obriga de usar máscaras durante toda a xornada?

a)

Si, independentemente de que se cumpra a distancia de seguridade.

b)

Si, agás o alumnado de infantil e as persoas que presenten algún tipo de enfermidade respiratoria.

c)

Si, aínda que só cando non se cumpra a distancia de seguridade.

19.

Para a celebración das conmemoracións nos centros educativos...

a)

Poderanse realizar actividades interniveis sempre e cando se respete a distancia de seguridade.

b)

Evitaranse as actividades que supoñan a mestura do alumnado de diferentes grupos de convivencia.

20.

Para a realización dos eventos deportivos e celebracións...

a)

Terase en conta o aforo dos lugares de realización e priorizarse a asistencia das familias do alumnado implicado.

b)

Realizarse ao aire libre sempre e cando sexa posible.

c)

Realizaranse sen asistencia de público.

21.

O protocolo COVID relaciónase coa lexislación de convivencia no sentido de que...

a)

O incumprimento do alumnado do uso de máscara nos tempos e lugares que sexan obrigatorios supón unha falta grave de convivencia.

b)

O incumprimento do alumnado do uso de máscara nos tempos e lugares que sexan obrigatorios supón a apertura dun expediente corrector.

c)

O incumprimento do alumnado do uso de máscara nos tempos e lugares que sexan obrigatorios supón unha falta leve contraria á convivencia.

22.

As tarefas de ventilación levaranse a cabo, sempre...

a)

Durante os recreos.

b)

Entre os cambios de clases.

c)

Ao inicio da xornada, durante os recreos e ao finalizar as clases.

23.

Se un mestre/a imparte docencia nun mesmo espazo dun xeito consecutivo con diferentes alumnos...

a)

Deberase proceder á desinfección das cadeiras e mesas.

b)

Ventilarase polo menos a aula 15 minutos logo de cada sesión.

c)

Deberase levar un rexistro dos sitios que utiliza o alumnado para facilitar o rastrexo de contactos.

24.

Quenes serán os responsables de levar o inventario do aprovisionamento do material de protección?

a)

Será o equipo directivo.

b)

Será o equipo covid.

c)

Será o o equipo covid en colaboración coa secretaria do centro.

25.

Quen/quenes serán os encargados de ordear a cuarentena ou peche de aulas nos centros educativos?

a)

O equipo COVID.

b)

O equipo directivo.

c)

A autoridade sanitaria

26.

A quenes consideramos contactos estreitos?

a)

A calquer persoa que compartise espazo co caso confirmado a unha distancia <1,5 metros do caso confirmado sen utilizar máscara.

b)

A calquer persoa que compartise espazo co caso confirmado a unha distancia <2 metros do caso confirmado sen utilizar máscara.

c)

A calquer persoa que compartise espazo co caso confirmado a unha distancia <2 metros do caso confirmado utilizando máscara

27.

Que funcións terá o Grupo de Coordinación e Seguimento da Pandemia?

a)

Analizar os datos da plataforma EDUcovid.

b)

Coordinar as actuacións e adoptar decisións.

c)

Elaborar o plan de riscos laborais dos centros educativos.

28.

Quen elaborará o Plan de adaptación á

situación COVID-19 no curso 2020/2021"?

a)

O equipo directivo

b)

O equipo covid

c)

A secretaría xeral técnica

29.

Quen aprobará o Plan de adaptación á

situación COVID-19 no curso 2020/2021"?

a)

O consello escolar

b)

O claustro

c)

A dirección do centro.

30.

Que deberá conter o "Plan de Continxencia"?

a)

As medidas organizativas do centro escolar: saídas, entradas, tempo de lecer...

b)

As medidas en caso de suspensión da actividade lectiva do ensino a distancia e a reactivación da actividade lectiva presencial.

c)

O protocolo a seguir no caso dun gromo no centro.

31.

As actividades extraescolares promovidas pola ANPA non se poderán realizar no centro educativo.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

32.

As actividades extraescolares promovidas pola ANPA fóra da xornada lectiva rexiranse polo mesmo protocolo que as actividades de centro dentro da xornada lectiva.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

33.

As reunións de titoría...

a)

Realizaranse principalmente de xeito telemático agás que a familia solicite unha reunión presencial.

b)

Só se poderán realizar de xeito telemático.

c)

Realizaranse principalmente de xeito telemático agás que ao xuizo do titor/a ou da dirección sexa preciso facelo de xeito presencial.

34.

Poderanse utilizar todas as prazas no transporte escolar?

a)

Non, e limitarase o acceso ao alumnado que ten dereito lexítimo.

b)

Non, haberá que gardar unha distancia de 1,5 m entre o alumnado.

c)

Si, inicialmente si se poderán utilizar.

35.

Se a capacidade dos autobuses non resultara suficiente para satisfacer a demanda...

a)

Perderá o deireito ao transporte o alumnado de Educación Infantil.

b)

Establécese como prioridade o de maior distancia de residencia ao centro educativo.

c)

Establécese como prioridade a letra do apelido do alumno/a en función do sorteos da Xunta de Galicia.

36.

No comedor o alumnado de Educación Infantil e Primaria

a)

Todo o alumnado terá que estar separado dunha distancia de 2 metros.

b)

Pode comer agrupado sen respectar a distancia de 1,5 metros sempre e cando forme parte dun grupo de convivencia ou grupos colaborativos.

c)

O alumnado de Educación Infantil terá que estar situado a unha distancia de 2 metros do resto.

37.

O uso da máscara en educación física non será obrigatoria.

a)

Falso, será obrigatoria en todos os casos.

b)

Verdadeiro si se realizan actividades no exterior.

c)

Verdadeiro si se realizan actividades no exterior de maneira individual e a máis de 2 metros.

38.

A biblioteca poderá ser usada ata o (a)   do seu aforo.

39.

O uso dos aseos estará limitado a unha simultaneidade non superior a (a)   do seu aforo.

40.

Poderase reducir o tempo de duración dos recreos.

a)

Falso, a orde do 22 de Xullo di claramente que o recreo ten que durar de entre 20 a 30 minutos.

b)

Verdadeiro, a orde do 22 de xullo deixa total libertade aos centros educativos para establecer o tempo de lecer.

c)

Verdadeiro, é unha medida organizativa que recolle o protocolo Covid.

41.

Quen deberá determinar o aforo máximo da sala de mestres?

a)

O equipo COVID

b)

Os especialistas en seguridade e riscos laborais

c)

O equipo directivo.

42.

No caso do ensino a distancia o alumnado de todas as etapas educativas terá que empregar as aulas virtuais.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

43.

No mes de setembro ........... terá que identificar ao alumnado que por falta de recursos non puidera acceder á educación telemática no caso de ensino a distancia.

a)

O equipo directivo

b)

O equipo COVID

c)

Os/as titores/as