wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

COVID

Total questions: 22

Worksheet time: 11mins

Name
Class
Date
1.

Para a detección precoz do alumnado ante a Covid19, cada mañá as familias deben facer unha autoavaliación dos síntomas. Deben achegar os resultados da mesma ao centro?

a)

Si, sempre

b)

Si, no caso de detectar algún síntoma e non mandar ao neno/a ao centro.

c)

Non

2.

A enquisa de detección clínico-epideomolóxica que debe pasar o alumnado sobre sintomatoloxía da Covid-19, quen a realiza e onde?

a)

As familias, na casa antes de ir ao centro

b)

A persoa titora no momento da entrada á aula

c)

Un membro do equipo covid do centro ao longo da primeira sesión da mañá.

3.

Cal é a alternativa para a asistencia á clase do alumnado vulnerable?

a)

Educación semipresencial a cargo da persoa titora

b)

Educación totalmente online a cargo do equipo Covid

c)

Escolarización domiciliaria

4.

Que ocorre coas faltas de asistencia a causa da COVID 19 en relación ao protocolo de absentismo?

a)

As familias deben entregar un xustificante firmado polo médico dos días das ausencias

b)

As ausencias derivadas a causa da Covid considéranse sempre xustificadas

c)

Un caso de Covid non pode volver nunca máis ao centro escolar ata que remate a pandemia a nivel mundial

5.

Con que frecuencia debe pasar o alumnado a enquisa de detección clínico-epideomolóxica sobre sintomatoloxía da Covid-19?

a)

Na primeira hora da mañá e antes de saír do centro

b)

3 días alternos ao longo da semana

c)

Diariamente antes de saír da casa

6.

Na aula os nenos/as de E.I traballarán cun distanciamento físico respecto dos restantes grupos de:

a)
b)
c)
7.

A hixiene de mans será frecuente:

a)

Cando menos 5 veces ao día (entrada e saída do centro, antes e despois do recreo, antes e despois de comer e sempre despois de ir ao baño)

b)

Cantas veces sexa necesario

c)

5 veces ao día (entrada e saída do centro, antes e despois do recreo, antes e despois de comer, antes e depois de psicomotricidade, antes e despois de ir ao baño)

8.

O uso de luvas será:

a)

Con carácter xeral para o profesorado e persoal de limpeza

b)

Poderánse usar cando se considere oportuno por calquera membro do centro

c)

Limitado ao persoal de limpeza no momento de utilizar substancias abrasivas

9.

O servicio de limpeza do centro:

a)

Permanecerá no centro toda a xornada facendo desinfección de xeito continuado

b)

Só estará 2 horas desinfectando as superficies de uso frecuente e os baños

c)

Unha persoa do servicio de limpeza levará a cabo a limpeza de superficies de uso frecuente e no caso dos aseos de polo menos 2 veces na xornada

10.

Cando un profesional presta asistencia no mesmo espazo con diferente alumnado (profesor/a especialista, orientador/a...):

a)

Deixará a porta aberta no tempo que tarda en chegar o seguinte neno/a

b)

O servizo de limpeza desinfectará aquelas superficies comúns

c)

Ventilarase a aula polo menos 5 minutos logo de cada sesión

11.

Cales son as medidas para o alumnado con NEE?

a)

Recoméndase o uso de máscaras dentro e fóra da aula. No caso de non poder usalas, o persoal que atenda a este alumnado poderá usar pantallas

b)

O alumnado non ten porque levar máscaras debido ás súas características persoais

c)

Recoméndase o uso de luvas e máscaras dentro e fóra da aula

12.

Que facer cando un familiar está á espera do resultado dunha proba diagnóstica?

a)

O alumnado pode acudir ao centro ata que se coñezan os resultados da proba, sempre e cando manteña unha distancia de seguridade de 1,5m, empregue máscara e pantalla

b)

O alumnado non poderá acudir ao centro ata que se coñeza que o resultado da proba é negativo

c)

O alumnado ten que facerse unha proba de inmediato e se o resultado é negativo pode asistir a clase

13.

A quen se lle comunica un resultado positivo?

a)

Ao director/a do centro e ao titor/a.

b)

Introdúcese o código facilitado na app RadarCovid e avísase ao titor/a

c)

Á persoa coordinadora do equipo COVID do centro

14.

Como se comunican os datos as consellerias de educación e sanidade?

a)

A través da app RadarCovid

b)

A través da canle EduCovid

c)

A través dun escrito formal

15.

Cantas máscaras ten que levar o alumnado?

a)

A que leve posta ao centro escolar

b)

A que leve posta ao centro escolar e unha de recambio

c)

Dúas ou tres, dependendo se ten educación física ou non ese día

16.

Cales son as medidas máis importantes para previr a transmisión do virus?

a)

Uso correcto da máscara, realización de PCR mensuais, ventilación, evitar tocar ollos, nariz e orellas, etc.

b)

Uso correcto da máscara, evitar tocar ollos, nariz e boca, hixiene de mans, ventilación, etc.

c)

Non hai ninguhna forma de previr a transmisión, polo que debemos estar alerta ata que exista unha vacina

17.

Os centros educativos promoverán que as reunións de coordinación e aquelas outras actividades non lectivas se realicen:

a)

de forma telemática

b)

sempre de forma presencial

c)

de forma presencial agás que haxa sospeitas dun caso positivo

18.

Quen elabora e aproba o “Plan de adaptación á situación COVID no curso 2020-2021?

a)

Será elaborado pola dirección do centro e a súa aprobación dependerá do Consello Escolar

b)

Será elaborado polo equipo COVID e a súa aprobación dependerá da dirección

c)

Será elaborado polo equipo COVID e a súa aprobación dependerá do Consello Escolar

19.

Os eventos deportivos ou celebracións que teñan lugar nos centros educativos realizaránse:

a)

Con público sempre e cando este leve máscara

b)

Con público, gardando 1,5 metros de distancia

c)

Sen público

20.

Cal é a medida principal de protección colectiva?

a)

O uso de máscara

b)

Unha higiene de mans adecuada

c)

Unha adecuada autoavaliación dos síntomas compatibles co Covid

21.

Que pasa se o alumnado no quere usar a máscara?

a)

Teremos sempre en conta os intereses do noso alumnado polo que nos adaptaremos

b)

Terá consideración de conduta leve contraria á convivencia os casos de incumprimento do uso da máscara nos tempos e lugares que sexan obrigatorios

c)

Terá consideración de conduta grave contraria á convivencia os casos de incumprimento do uso da máscara nos tempos e lugares que sexan obrigatorios

22.

Quen ten que usar a máscara?

a)

Toda a comunidade educativa obrigatoriamente

b)

O alumnado a partir dos 6 anos de idade e o resto da comunidade educativa aínda que se manteña a distancia de seguridade

c)

O alumnado a partir dos seis anos de idade e o resto da comunidade educativa de non cumprir coa distancia de seguridade