WorksheetsStatus da lingua galega
Total questions: 28
Worksheet time: 9mins
O galego é unha lingua ...... ou neolatina, é dicir, procedente do latín.
romántica
romana
románica
rumana
O galego é a lingua _________ de Galicia, tal e como recolle o noso Estatuto de Autonomía
maioritaria
oficial
legal
propia
O Estatuto de Autonomía describe o status legal da nosa lingua no seu artigo (a) º (número)
Segundo o Estatuto de Autonomía...
os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
os idiomas galego e castelán son non oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
os idiomas galego e castelán son lingua nai en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
os idiomas galego e castelán son propios de Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
Os poderes públicos de Galicia garantirán ...
o uso normal e oficial dos dous idiomas
potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa
disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento (do galego).
todas son correctas
O Estatuto de Autonomía, no seu artigo 5º, recoñece que
Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
Ninguén poderá ser discriminado por causa da súa cultura.
Ninguén poderá ser discriminado por causa das súas crenzas ou relixión.
Ninguén poderá ser discriminado por causa das súas opinións políticas.
O galego non é falado unicamente no territorio administrativo da nosa comunidade autónoma, senón en zonas limítrofes de Asturias e Castela e León, ademais de Estremadura. ë o que se coñece como ...
galego de fóra
galego exterior
galego externo
galego da estrema
As linguas maioritarias son as que ...
teñen máis falantes
teñen máis prestixio social
teñen o recoñecemento legal
se falan a maioría do tempo
As linguas maioritarias tamén poden ser denominadas linguas dominantes.
Verdadeiro
Falso
Unha lingua dominante é ...
a que goza dun maior prestixio social
a utiliza un maior número de persoas
a que ten recoñecemento legal
a lingua nai nunha comunidade de falantes
O galego, segundo os datos máis recentes, é o idioma falado polo 50,9% da poboación por iso é a
lingua dominante
lingua maioritaria
lingua minoritaria
lingua minorizada
lingua propia
Unha lingua é minoritaria se ...
ve reducido o seu ámbito de uso
é a que ten menos número de falantes nunha comunidade
se non ten o recoñecemento legal
se non é lingua propia
As lingua que ven reducido o seu ámbito de uso pola presión dunha lingua dominante denomínanse...
minoritarias
maioritarias
minorizadas
non oficiais
O termo ____________designa o conxunto político-cultural de falantes da lingua portuguesa e as súas variantes.
portuñol
lusofobia
lusofonía
portugués
Galicia comparte moitos vínculos coa lusofonía, de feito, podemos considerar o portugués europeo como ....
a variedade dialectal do sur de Galiza
un dialecto do galego
o berce onde naceu o galego
a variante internacional do galego
Na Unión Europea existen na actualidade ...
12 linguas oficiais
unha lingua oficial por cada estado membro
tres linguas oficiais: o alemán, o inglés e o francés
24 linguas oficiais e outras minoritarias, con máis de 50 millóns de falantes (150 linguas segundo a Wikipedia)
As variedades internas da lingua son catro:
social, política, económica e xeográfica
social, profesional, xeográfica e cultural
cronolóxica, socio-cultural, xeográfica e situacional
cronolóxica, socio-cultural, política e económica
Os factores que condicionan as variedades internas da lingua son catro:
tempo, espazo, situación económica e profesión
historia, cultura, situación económica e profesión
tempo, nivel socio-cultural, situación de comunicación e zona xeográfica
profesión, nivel socio-cultural, situación de comunicación e zona xeográfica
Segundo a zona xeográfica distinguimos ...
tres bloques: occidental, central e oriental
dúas zonas: norte e sur.
catro zonas: unha por provincia
Á pronuncia aspirada do fonema /g/ (ghato por gato) chamámoslle ...
seseo
gheada
castelanismo
hiperenxebrismo
Á pronuncia do son do c (ante e, i) e do z cun /s/ (sinco, des) chamámoslle ...
seseo
gheada
castelanismo
hiperenxebrismo
Son expresións propias da variedade xeográfica do bloque occidental ...
ghato
irmao
camiois
sapato
Son expresións propias da variedade xeográfica do bloque central ...
ghato
irmao/irmá
pantalós
sapato
Son expresións propias da variedade xeográfica do bloque oriental...
ghato
irmao/irmá
pantalois
sapato
O contexto comunicativo (a relación entre falantes, o tema tratado, a canle ou a intención do discurso) tamén nos permite distinguir ...
nivel culto e vulgar
rexistro formal e informal
nivel culto, medio e vulgar
As variedades sociais teñen relación co nivel de formación lingüística do falante e permiten distinguir ...
bloque occidental, central e oriental
rexistro formal e informal
nivel culto, medio e vulgar
O seu fin último é servir como instrumento eficaz de comunicación en calquera contexto, nivel socio-cultural, territorio ou tempo.
lingua estándar
variedade dialectal
variedade situacional
variedade sociocultural
variedade cronolóxica
Este cuestionario pareceume
moi fácil
bastante fácil
bastante difícil
moi difícil
