WorksheetsBioXeo Mende 21-22: O Universo, o Sistema Solar e a Terra
Total questions: 20
Worksheet time: 29mins
Que teoría é a máis aceptada para explicar a orixe do Universo?
O Big Ben
O Big Bang (Gran Explosión)
O Big Crunch
O Bang Bang
Que é o Universo?
É un conxunto de estrelas.
É un conxunto de planetas.
É o conxunto de toda a materia, enerxía e tempo que existe.
É o Sistema Solar.
As nebulosas son...
Enormes nubes de vapor de auga que hai no Universo.
Nubes de tormenta.
Enormes nubes de gas e pó que hai no Universo.
Enormes nubes tóxicas.
A unidade de distancia utilizada para medir distancias dentro do Sistema Solar é...
A Unidade Astronómica (U.A.), que equivale á distancia media entre a Terra e a Lúa.
A Unidade Astronómica (U.A.), que equivale á distancia media entre a Terra e o Sol.
O ano luz, que equivale á distancia que percorre a luz nun ano.
O ano luz, que equivale á distancia que percorre a luz nun segundo.
O modelo xeocéntrico do Sistema Solar...
Propoñía que a Terra era o centro do Sistema Solar e mesmo do Universo.
Propoñía que o Sol era o centro do Universo.
Foi defendido por Nicolás Copérnico e Galileo Galilei.
Está vixente na actualidade, xa que o Sol sale polo Leste e ponse polo Oeste.
Como se denominan os asteroides que entran na atmosfera terrestre atraidos pola gravidade?
Meteoritos.
Cometas.
Satélites.
Planetas ananos.
O planeta que ten o seu eixe de rotación case horizontal respecto da eclíptica é...
Urano
Neptuno
Xúpiter
Saturno
O planeta que fai o seu movemento de rotación en sentido contrario ao resto de planetas é...
Mercurio.
Venus.
Terra.
Marte.
Cal dos planetas interiores ten maior temperatura?
Mercurio porque é o máis cercano ao Sol.
Venus porque a súa atmosfera ten moito dióxido de carbono e retén moita calor.
Marte porque a súa atmosfera ten moito dióxido de carbono e retén moita calor.
Venus porque é o máis cercano ao Sol.
A Conca Caloris é...
O maior volcán do Sistema Solar, situado en Marte.
O maior cráter do Sistema Solar, que está en Marte.
O marior volcán do Sistema Solar, que está en Mercurio.
O maior cráter do Sistema Solar, que está en Mercurio.
Que é a eclíptica?
Un plano imaxinario que corta o Sol pola metade e contén o movemento da Terra arredor del.
Un plano imaxinario que corta o Sol pola metade e contén o Ecuador.
Un plano imaxinario perpendicular ao eixe de rotación terrestre.
Un plano imaxinario paralelo ao eixe de rotación terrestre.
En que sentido xira a Terra sobre sí mesma no movemento de rotación?
De Leste a Oeste.
De Oeste a Leste.
De Norte a Sur.
Depende da estación do ano.
Por que hai un ano bisiesto cada catro anos?
Porque a Terra tarda 365 días e 6 horas en completar unha volta arredor do Sol e cada catro anos súmanse as horas sobrantes dos 365 días.
Porque así coinciden mellor os festivos.
Porque a Terra tarda 365 días e 6 horas en completar unha volta sobre si mesma, e cada catro anos súmanse as horas sobrantes.
A ciencia non ten explicación para ese fenómeno.
Que son os equinoccios?
Os días en que a diferenza entre horas de luz e escuridade é máxima.
Os días en que a duración do día e a noite é a mesma.
Os días en que cambiamos de estación.
Os días en que a duración do día é máxima.
Que son os solsticios?
Os días en que a diferenza entre horas de luz e escuridade é máxima.
Os días en que se igualan as horas de luz e escuridade.
Os días en que cambiamos de estación.
Os días en que os raios de Sol inciden perpendicularmente sobre o Ecuador.
Cando observamos un movemento aparente do Sol nun arco máis pequeno?
No equinoccio de primavera.
No equinoccio de outono.
No solsticio de verán.
No solsticio de inverno.
No solsticio de xuño...
Comeza o inverno no hemisferio Sur
Comeza o verán no hemisferio Sur
Comeza o inverno no hemisferio Norte
Comeza a primavera no hemisferio Sur
Por que vemos sempre a mesma cara da Lúa?
Porque os seus periodos de rotación e translación duran o mesmo (28 días).
Porque a cara oculta da Lúa non se pode ver.
Non é certo, en cuarto minguante vemos unha cara e en cuarto crecente outra.
A Lúa só ten unha cara.
Cando se produce un eclipse de Lúa?
Cando a Terra se interpón entre o Sol e a Lúa.
Cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Lúa.
Sempre que hai cuarto minguante.
Sempre que hai cuarto crecente.
Por que se producen as mareas?
Pola atracción gravitatoria entre a Terra e a Lúa.
Polo movemento oscilante da auga do mar debido á forza centrífuga de rotación da Terra.
Para equilibrar a cantidade de auga que baña as costas a ambos lados dos océanos.
Porque nas mareas vivas a Terra, o Sol e a Lúa están aliñados.
