Font size
WorksheetsRepaso Temas 1 e 2 Sociais
Total questions: 20
Worksheet time: 15mins
Que é a latitude?
Distancia dende calquera punto da Terra e o Ecuador.
Distancia dende calquera punto da Terra e o meridiano de Greenwich.
Distancia entre calquera punto da Terra e os Polos.
Unha cidade coas seguintes coordenadas: 42ºN 56ºL; atópase á esquerda ou á dereita do meridiano de Greenwich nun mapa?
Dereita
Esquerda
Que representan os mapas físicos?
As divisións políticas ou administrativas dun territorio
Os principais accidentes xeográficos dun territorio.
Acontecementos e fenómenos do pasado.
As diferentes autoestradas, autovías, estradas...
Como se denomina o pequeno recadro que nos permite interpretar axeitadamente a información dun mapa?
Rosa dos ventos
Lenda
Cadro de símbolos
Recadro
Cal é a diferenza entre tempo e clima?
O tempo refírese a un momento determinado
O clima son as condicións meteorolóxicas durante un período curto.
O clima refírese a un período de tempo máis longo que o tempo.
Cales son os factores que permiten diferenciar as zonas climáticas?
Altitude
Salinidade
Latitude
Distancia ao mar
Que instrumento empregamos para medir as precipitacións?
(a)
Que tipo de paisaxes de interior coñeces?
De montaña
De chaira
De bahía
De glaciar
Indica o nome: entrante de mar na terra aproveitando a desembocadura dun río
(a)
Indica o nome: unión entre unha península e o continente.
(a)
Indica o nome: entrante de terra no mar
(a)
Indica o nome: terreo chan moi alto con respecto ao nivel do mar.
(a)
Cales son os climas da zona cálida?
Mediterráneo
Ecuatorial
Desértico
Continental
Tropical
De que clima é tipica a tundra?
Ecuatorial
Oceánico
Continental
Polar
De que clima son típicas as árbores caducifolias coma o carballo ou a faia?
(a)
Que clima presenta temperaturas moi contrastadas, con veráns moi calorosos e invernos moi fríos?
Mediterráneo
De alta montaña
Continental
Tropical
Observa este climograma, a que clima cres que pertence?
Ecuatorial
Polar
Mediterráneo
Tropical
Que clima presenta como paisaxe típica a sabana?
(a)
Que tipo de mapa empregarías para coñecer o clima dunha rexión?
(a)
Que clima se da na maior parte do sur de Europa?
Mediterráneo
Continental
Oceánico
De alta montaña
