WorksheetsGlobalización
Total questions: 10
Worksheet time: 5mins
Define actividade económica
Actividade que se dirixe a satisfacer as necesidades e os desexos humanos e/ou a obter unha ganancia.
Actividade que se orienta a producir bens destinados a cubrir as necesidades da sociedade ou a obter unha ganancia
Actividade que se orienta a producir bens e servizos destinados a cubrir necesidades sociais, obtendo unha ganancia.
O proceso de progresiva liberalización dos intercambios de bens, servizos, tecnoloxía, traballo e capitais entre os distintos países do mundo coñécese como…
Mercantilización
. Globalización.
. Comercialización.
A institución encargada de regular o comercio internacional é:
O Fondo Monetario Internacional (FMI).
O Banco Mundial.
A Organización Mundial do Comercio (OMC).
A deslocalización produtiva é:
O proceso polo que unha empresa pecha instalacións produtivas no seu país de orixe e as establece noutros países.
O proceso polo que unha empresa pecha as súas factorías ou sucursais e se dedica a outras actividades económicas máis rendibles e produtivas.
O proceso polo que unha empresa pecha factorías ou sucursais en países estranxeiros e as establece no seu país de orixe
O desenvolvemento comercial que resultou do proceso de globalización deu lugar a:
Un aumento da competencia, que obrigou as empresas a aumentar os investimentos, a mellorar a súa eficacia e a innovar.
O peche de moitas empresas causado pola competencia dos produtos estadounidenses con prezos máis baixos.
Unha crise económica mundial, que afectou especialmente aos países desenvolvidos.
Como afectou a globalización aos países en desenvolvemento?
Obrigounos a endebedarse e empobreceunos.
Permitiulles taxas de crecemento superiores ás dos países desenvolvidos.
Permitiulles vender os seus produtos no comercio mundial, mellorando a súa situación económica.
Define país emerxente.
País que ten un fortísimo ritmo de crecemento do PIB e da súa participación no comercio exterior.
País que sobresae entre os países desenvolvidos.
País que se independizou doutro país recentemente.
Que países forman parte do grupo dos BRICS?
Brasil, Romanía, Irlanda, China e Suráfrica.
Brasil, Rusia, Irlanda, China e Singapura
Brasil, Rusia, India, China e Suráfrica.
Que quere dicir economía mundial multipolar?
Que hai un maior número de países que exercen como grandes potencias.
Que hai máis de tres focos industriais no mundo
Que a economía mundial depende máis do comercio e as finanzas ca da industria.
Cal destes problemas non está entre os retos a que ten que facer fronte a Unión Europea na actualidade?
A forte competencia dos países emerxentes e en desenvolvemento.
As grandes diferenzas que hai no seu interior entre rexións e países.
O crecemento do comercio entre os seus países membros para suplir a caída das exportacións cara a outros países.
