Font size
WorksheetsLingua Galega e Literatura 1ºESO. Parte I
Total questions: 30
Worksheet time: 16mins
Que é o nushu?
É unha lingua que se fala no norte de Negreira.
É a lingua dos xitanos.
Era unha lingua xa desaparecida que falaban as campesiñas chinesas para que non as entendesen os homes.
Aproximadamente, cantas linguas hai no mundo?
Menos de 2000
Máis de 6000
Ao redor de 200
Nesta oración hai un erro. ESCRIBE A PALABRA CORRECTA
Deixei a grapadora enriba da mesa do cuarto.
(a)
Escribe o PLURAL destes nomes:
sol, rapaz, animal
(a)
Para formar o FEMININO dos substantivos, se o masculino rematan en -ÓN, muda -ÓN por
-a
á
-oa
-án
Pasa a FEMININO a oración. Fai todos os cambios de concordancia que se precisen:
O meu irmán foi coa miña avoa falar co director do banco.
(a)
As palabras rematadas en -L monosílabas (SOL) e as polisílabas non agudas (RÉPTIL) forman o PLURAL engadindo
-s
-es
-is
As palabras agudas rematadas en -L (OFICIAL) forman o plural mudando o -L por
-s
-es
-is
Elixe a parella correcta:
león/ leona
o xuíz/ a xuíz
campión/ campioa
Os ADXECTIVOS concordan en xénero e número co ................... ao que acompañan.
Substantivo
Verbo
Elixe a opción correcta:
O árbore de Nadal quedóu moi bonita coas luces de cores.
A arbore de Nadal quedou moi bonita coas luces de cores.
A árbore de Nadal quedou moi bonita coas luces de cores.
Un adxectivo explicativo é ...
Un adxectivo que aporta unha cualidade xa coñecida do substantivo ao que acompaña.
Un adxectivo que aporta unha cualidade nova do substantivo ao que acompaña.
Selecciona as opcións correctas:
O cómic é un texto narrativo.
O cómic non é un texto literario.
A onomatopea é un recurso habitual do cómic.
As liñas cinéticas indican movemento.
Cantos substantivos hai na seguinte oración?
Antonia foi a primeira astrónoma de Galicia.
1
2
3
4
5
INDICA O XÉNERO DE: sangue
Masculino
Feminino
Denominamos ACEPCIÓN a
Cada un dos significados que recolle o dicionario para unha palabra.
Un tipo de palabra.
Un termo que indica que dúas palabras son sinónimas.
EQUIPAXE, VIAXE, PAISAXE son palabras de xénero
FEMININO (A)
MASCULINO (O)
Os ELEMENTOS DA NARRACIÓN son...
Introdución, no e desenlace
Argumento, narrador, personaxes, espazo e tempo
Narrativa, lírica e teatro
Os NOMES DE PERSOA denominámolos...
Topónimos
Antropónimos
Galeguismos
Personónimos
Le o seguinte fragmento dun diario e a continuación responde as preguntas.
23 de agosto
Hoxe foi un día moi divertido, pero cansado. Os meus pais trouxéronme ao campamento pola mañá cedo. No coche estaba moi nervioso e non paraba de pensar como ía ser isto.
Nada máis chegar, recibiunos Ariadna, a coordinadora dos monitores, e fixemos un xogo de presentacións.
Máis tarde fomos comer e fixemos equipos para ir descubrir a vila. Había probas por todas as partes e tivemos que correr moito.
Mañá seica faremos escalada e unha carreira de orientación! Xa teño gana de ver que é isto!
Quen cres que escribiu o diario?
Unha nena que foi de campamento.
Alguén que foi de viaxe.
Un neno ou unha nena que foi a un campamento.
Cales destas palabras teñen prefixo?
zapateiro
imposible
antinatural
peixeira
Os tres grandes xéneros literarios son:
Narrativa, Lírica e Poesía
Narrativa, Lírica e Teatro
Narrativa, Poesía e Novela
Cantas linguas se falan no mundo?
Arredor de 4500
Arredor de 400
4798
Máis de 6000
Escribe as catro CONSOANTES que non PERTENCEN ao alfabeto galego (en MAIÚSCULA e deixando un espazo entre cada unha)
(a)
Cal é a forma femeninina de xenro?
Cuñada
Sogra
Nora
Tía
O grao do adxectivo que expresa unha cualidade sen máis é o grao (a)
O sol está animadísimo. O ADXECTIVO é ANIMADÍSIMO. En que grao está? Grao...
(a)
Unha pequena fraude significa
Unha pequena vinganza
Un pequeno traballo
Unha pequena estafa
Escolle a serie que non teña ningún castelanismo:
cuarto, corcho, curruncho, cadeira
andel, ventá, mesiña, lámpada
fiestra, saba, grampadora e gafas
Que palabra ten un PREFIXO?
descoidado
baloncesto
debuxante
moreira
