wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Nexos subordinadas adverbiais

Total questions: 20

Worksheet time: 10mins

Name
Class
Date
1.

Unha cláusula adverbial vai sempre introducida por...

a)

Unha conxunción ou unha locución conxuntiva

b)

Un adverbio ou unha locución adverbial

c)

Unha preposición ou unha locución prepositiva

2.

A cláusula adverbial temporal vai introducida ...

a)

Polo adverbio de tempo “cando”

b)

Pola conxunción temporal “cando”

c)

Polo adverbio interrogativo “cando”

3.

Unha cláusula adverbial locativa vai introducida

a)

Pola conxunción “onde”

b)

Pola conxunción “cando”

c)

Pola conxunción “como”

d)

Pola conxunción “onde” e “onde queira que”

4.

Unha cláusula adverbial modal pode levar o verbo en...

a)

Infinitivo

b)

Xerundio

c)

Participio

5.

A cláusula adverbial modal pode...

a)

Ir introducida por unha conxunción ou unha locución conxuntiva modal

b)

Levar o verbo en xerundio

c)

Ambas afirmacións son correctas

6.

A cláusula subordinada adverbial sempre desenvolve a función de...

a)

Complemento circunstancial

b)

Complemento axente

c)

CD

d)

Suplemento

7.

A conxunción e a locución conxuntiva sempre van

a)

Antes da cláusula subordinada

b)

No medio da cláusula subordinada

c)

Despois da cláusula subordinada

8.

As conxuncións e as locucións conxuntivas funcionan como nexos porque...

a)

Complementan

b)

Introducen

c)

Introducen e unen ambas cláusulas

9.

O termo cláusula subordinada aplícase a...

a)

Unha cláusula subordinada

b)

Unha cláusula adxectiva ou de relativo

c)

Unha cláusula adverbial

d)

Todas as respostas son correctas

10.

Na cláusula “cando saibas algo máis avísame como fas sempre”, a cláusula adverbial é

a)

Cando saibas algo máis

b)

Como fas sempre

c)

Ambas son correctas

11.

En “mentres esteamos na casa venceremos esta pandemia” a cláusula adverbial mentres esteamos na casa é ...

a)

Temporal

b)

Locativa

c)

Modal

12.

En “seguindo a receita da túa avoa fixen o biscoito de mazá”, a cláusula subordinada adverbial de modo é...

a)

Seguindo a receita da túa avoa

b)

Fixen o biscoito de mazá

13.

Mentres é unha conxunción...

a)

Modal

b)

Temporal

c)

Locativa

14.

Onde queira que é unha locución conxuntiva ...

a)

Locativa

b)

Temporal

c)

Modal

15.

“Segundo” e “como” son conxuncións...

a)

Modais

b)

Locativas

c)

Temporais

16.

“Dende que” é unha locución conxuntiva

a)

Temporal

b)

Modal

c)

Locativa

17.

A locución conxuntiva “tal e como” pode introducir unha cláusula adverbial

a)

Temporal

b)

Modal

c)

Locativa

18.

”Como queira que” é unha locución conxuntiva

a)

Modal

b)

Locativa

c)

Temporal

19.

“Desde que” é unha locución conxuntiva

a)

Locativa

b)

Temporal

c)

Modal

20.

“Sen que” é unha locución conxuntiva

a)

Modal

b)

Temporal

c)

Locativa