wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Animais vertebrados e invertebrados

Total questions: 38

Worksheet time: 19mins

Name
Class
Date
1.

Que animais dos seguintes teñen un esqueleto formado por cartilaxe?

a)

Lamprea

b)

Miñoca

c)

Quenlla

d)

Raia

e)

Morcego

2.

Como se chama o aparato que está formado polos ósos e os músculos e nos permite facer movementos?

a)

Locomotor

b)

Respiratorio

c)

Articulatorio

d)

Musculatorio

e)

Reproductor

3.

Cales son os grupos de animais vertebrados?

a)

Crustáceos, mamíferos, réptiles, anfibios e aves.

b)

Vermes, réptiles, equinodermos, poríferos e moluscos.

c)

Mamíferos, peixes, aves, anfibios e réptiles.

d)

Vermes, mamíferos, moluscos, peixes e réptiles.

4.

Cal é unha característica dos mamíferos?

a)

Teñen a pel cuberta de pelo.

b)

Teñen a pel cuberta de escamas.

c)

Teñen esqueleto externo.

d)

Non teñen ósos

5.

Cal é unha característica dos peixes?

a)

Teñen escamas e son ovíparos.

b)

Teñen ás e son vivíparos.

c)

Son carnívoros e teñen patas.

d)

As súas crías aliméntanse de leite e non teñen extremidades.

6.

Cales son as funcións do esqueleto externo?

a)

Soster e dárlle forma ao corpo.

b)

Permitir a realización de movementos.

c)

Protexer os órganos.

d)

Para protexer os músculos.

7.

No esqueleto dos animais vertebrados distinguimos...

a)

Cabeza, tronco e extremidades.

b)

Columna vertebral e cranio.

c)

Ósos e músculos.

d)

Columna vertebral e cabeza.

8.

Cantas extremidades teñen os animais vertebrados?

a)

Dúas.

b)

Todos teñen un número par.

c)

Todos teñen un número par menos as lampreas

d)

Catro.

9.

Por que se lle chaman mamíferos aos mamíferos?

a)

Porque posúen glándulas mamarias.

b)

Proque son vivíparos.

c)

Porque nacen do ventre da súa nai.

d)

Porque teñen pelo.

10.

Os mamíferos...

a)

Teñen fecundación externa, o óvulo e o espermatozoide únense no exterior da femia.

b)

Teñen fecundación interna.

c)

Son ovíparos.

d)

Son vivíparos, teñen fecundación externa.

11.

Son características dos mamíferos...

a)

Respiran por pulmóns.

b)

Teñen dentes e beizos.

c)

Non poden controlar a súa temperatura corporal.

d)

Case todos son mariños e algúns son terrestres.

e)

Son vivíparos e aliméntanse de leite cando nacen.

12.

Os ornitorrincos e as equidnas...

a)

son mamíferos vivíparos.

b)

Son mamíferos ovíparos.

c)

Non son mamíferos.

d)

Teñen o ocrpo cuberto de escamas.

13.

Os rumiantes...

a)

Teñen catro estómagos.

b)

Son animais carnívoros.

c)

Son capaces de producir o seu propio alimento.

d)

Son herbívoros.

14.

As aves...

a)

Reprodúcense con fecundación interna.

b)

Teñen fecundación externa e son ovíparos.

c)

Poden voar todas.

d)

Os machos poñen os ovos que incuban as femias ata que se produce a eclosión e nace a cría.

15.

Son características das aves...

a)

Respiran por pulmóns que se comunican cos sacos aéreos.

b)

Teñen ósos ocos.

c)

Teñen un peteiro sen dentes.

d)

As súas extremidades anteriores son ás.

e)

Manteñen estable a temperatura do seu corpo.

16.

Os peixes...

a)

Son ovíparos, expulsan os gametos na auga e incuban os ovos para que nazcan as crías.

b)

Expulsan os gametos na auga, onde se produce a fecundación e o desenvolvemento das crías.

c)

Teñen aletas e respiran por pulmóns.

d)

Son capaces de controlar a súa temperatura corporal.

e)

Teñen a pel cuberta por escamas, que teñen todas a mesma forma e tamaño.

17.

A vexiga natatoria, que é?

a)

Unha bolsa de paredes flexibles que se pode encher cunha cantidade variable de gases.

b)

Unha bolsa que serve para controlar a profundidade á que se sitúan sen necesidade de nadar.

c)

Un órgano de láminas finas situado aos lados da cabeza.

d)

Un órgano que lles permite aos peixes obter osíxeno da auga e expulsar dióxido de carbono.

18.

Que son as branquias?

a)

Unha bolsa de paredes flexibles que se pode encher cunha cantidade variable de gases.

b)

Unha bolsa que serve para controlar a profundidade á que se sitúan sen necesidade de nadar.

c)

Un órgano de láminas finas situado aos lados da cabeza.

d)

Un órgano que lles permite aos peixes obter osíxeno da auga e expulsar dióxido de carbono.

19.

Son características dos anfibios...

a)

A súa temperatura depende do medio.

b)

Teñen patas longas, agás as serpes que carecen de extremidades.

c)

Son ovíparos e incuban os seus ovos.

d)

Reprodúcense por fecundación externa.

20.

En canto a alimentación dos réptiles...

a)

Poden ser omnívoros, carnívoros, herbíveros e insectívoros.

b)

Tragan as súas presas sen mastigar.

c)

Todos son carnívoros ou omnívoros.

d)

Case todos son insectívoros.

21.

Os animais invertebrados...

a)

Teñen o corpo brando e algúns contan con cunchas.

b)

Teñen esqueleto interno.

c)

Son ovíparos, e dicir, non se reproducen por ovos.

d)

Representan o 70% dos animais da Terra.

22.

Como poden ser os invertebrados segundo a distribución do seu corpo?

a)

Simétricos bilaterais.

b)

Simétricos radiais.

c)

Asimétricos.

d)

Simétricos trilaterais.

23.

Son características dos artrópodos...

a)

Teñen corpo e patas articulados.

b)

Todos teñen antenas.

c)

Posúen pel húmida que os protexe.

d)

Representan o 95% dos animais da Terra.

24.

Son artrópodos os...

a)

Insectos.

b)

Arácnidos.

c)

Crustáceos.

d)

Miriápodos.

e)

Moluscos

25.

Son características dos insectos...

a)

Teñen o corpo dividido en cabeza, tronco e extremidades.

b)

Teñen o corpo dividido en cabeza, tórax e abdome.

c)

Teñen dúas antenas e a maioría ten ás.

d)

Teñen seis patas.

e)

Nunca son sociais.

26.

Os arácnidos...

a)

A maioría son acuáticos.

b)

Teñen seis patas.

c)

Teñen oito patas.

d)

O corpo divídese en cefalotórax e abdome.

27.

Os crustáceos...

a)

Pertencen aos moluscos.

b)

Teñen o corpo dividido en cefalotórax e abdome.

c)

Teñen antenas.

d)

Normalmente teñen dez patas e as dúas dianteiras son pinzas.

28.

Os miriápodos...

a)

Teñen o corpo dividido en cabeza, tronco e cefalotórax.

b)

Teñen o corpo dividido en cabeza e tronco.

c)

Teñen antenas e o tronco dividido en aneis.

d)

Teñen oito patas.

29.

Algunhas características dos moluscos son...

a)

Teñen o corpo brando e musculoso.

b)

Todos teñen cunchas externas.

c)

A maioría son acuáticos.

d)

Poden ter cuncha externa, interna ou non tela.

30.

Os moluscos divídense en...

a)

Bivalvos

b)

Cefalópodos

c)

Gasterópodos

d)

Vermes

31.

Son características dos bivalvos...

a)

Respiran por branquias.

b)

Posúen unha cuncha formada por valvas.

c)

Teñen cabeza diferenciada e tronco

d)

A meirande parte son mariños.

32.

Os cefalópodos...

a)

Teñen cuncha externa, agás o nautilo.

b)

Teñen unha coroa de tentáculos xunto á cabeza.

c)

Poden segregar unha tinta negra e respiran por branquias.

d)

Teñen un cerebro moi desenvolvido

33.

Os gasterópodos...

a)

Poden ser mariños ou terrestres.

b)

Os seus ollos localízanse en tentáculos que poden retraer.

c)

Non teñen unha cabeza ben diferenciada.

d)

Moitos teñen unha cuncha externa, normalmente en forma de espiral.

34.

Son características dos vermes...

a)

Teñen un corpo brando e alongado.

b)

Teñen a pel húmida.

c)

Non teñen patas articuladas.

d)

Algúns son parásitos e poden causar enfermidades.

e)

Son acuáticos.

35.

As medusas, anémonas e corais...

a)

Teñen o corpo en forma de bolsa, cun só orificio rodeado por tentáculos.

b)

O corpo é brando e posúe simetría radial.

c)

Poden ser carnívoros, herbívoros e omnívoros.

d)

Viven fixados ao substrato, agás as medusas que poden nadar.

36.

Os equinodermos...

a)

Non se poden desprazar.

b)

Son mariños e terrestres.

c)

Teñen simetría radial.

d)

Posúen protección formada por pezas duras situadas baixo a pel.

e)

Os ourizos, ademais de protección interna teñen pugas.

37.

Os poríferos...

a)

Son animais moi sinxelos con corpos irregulares.

b)

Teñen o corpo cheo de poros.

c)

Aliméntanse de substancias que filtran da auga a través dos seus poros.

d)

As esponxas non son poríferos.

38.

Cales son verdadeiras?

a)

As eirugas son vermes.

b)

Algúns vermes son parásitos.

c)

Todos os artrópodos son terrestres.

d)

Os cefalópodos, as medusas, as anémonas e os corais teñen tentáculos.

e)

As anémonas, os corais e as eponxas viven fixos no substrato.