Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Hidrosfera Mondariz

Total questions: 13

Worksheet time: 8mins

Name
Class
Date
1.

No planeta Terra o 97% da auga está nos mares e océanos, e a auga doce só é o (a)   (poñede a porcentaxe)

2.

A maior parte da auga doce do planeta atópase..

a)

Formando os glaciares, un 70% do total de auga doce

b)

Na auga dos ríos, un 55% da auga doce

c)

Nas augas subterráneas, un 85% da auga doce

d)

Nas nubes, o 80% da auga doce

3.

A auga do río é boa ou mala?

(Varias)

a)

É boa para beber, porque é doce

b)

É mala para regar, hai que usar auga potable

c)

É mala para beber ou cociñar, hai que usar auga potable.

d)

Pode ser boa para darse un baño ou ir en piragua

e)

Depende do uso que se lle dé, e dos contaminantes que teña

4.

A auga do mar serve para...

(varias)

a)

Beber. É moi hidratante e saudable.

b)

Bañarse e practicar deportes.

c)

Regar as prantas e os cultivos

d)

Refrixerar en procesos industriais

e)

Lavar vehículos

5.

A molécula imprescindible para todos os seres vivos e que fixo posible que aparecese a vida na Terra é...

(a)  

6.

Os acuíferos

a)

Todos os acuiferos son ríos subterráneos que van por covas

b)

Son formacións de rocha con poros polos que circula a auga

c)

Son construccións feitas polos humáns para almacenar auga

d)

Son un dos maiores almacéns de auga doce da Terra

7.

As fontes e os manantiais

a)

Son lugares onde se produce auga a partires de nada

b)

Sempre son artificiais, postas polos concellos nos lugares onde pasa un camiño.

c)

Son puntos naturáis onde a auga dun acuífero sae ao exterior da rocha

d)

Están máis protexidas da contaminación que as augas superficiais

e)

Nelas nacen os ríos

8.

Qué propiedade da auga explica o problema de humidades de esta casa?

a)

O elevado calor de vaporización

b)

A capilaridade ou propiedade da auga de ascender por "tubos"estreitos

c)

A tensión superficial, porque as moléculas de auga únense con forza unhas ás outras

d)

A capacidade da auga de disolver ós materiais de construcción

9.

Qué comportamento da auga explica que a savia ascenda pola pranta?

a)

A capilaridade, pola adhesión ás paredes de celulosa

b)

O elevado calor específico, xa que costa moito quentala

c)

A capacidade de disolver mineráis

d)

A electricidade entre o chan e as follas

10.

Aínda que pareza mentira, o basilisco é un animal que pode correr por riba da auga. A qué propiedade da auga se debe?

a)

A capilaridade ou adhesión da auga ás superficies

b)

Á elevada calor de vaporización da auga, que necesita moita calor para evaporarse

c)

Á tensión superficial debida ás forzas de cohesión que unen unhas moléculas de auga a outras

d)

Á capacidade da auga de disolver mineráis

11.

Cando me baño no río cóstame moito saír porque fóra da auga conxélome. Por qué pasa isto?

a)

Pola capilaridade ou adhesión da auga ás superficies

b)

Pola elevada calor de vaporización da auga, que necesita moita calor para evaporarse

c)

Pola tensión superficial debida ás forzas de cohesión que unen unhas moléculas de auga a outras

d)

Pola capacidade da auga de disolver mineráis

12.

Para a refrixeración en procesos industriais emprégase auga a cotío. Por qué?

a)

Porque absorbe pouca calor

b)

Porque absorbe moita calor sen subir case de temperatura

c)

Porque se evapora moi fácilmente

d)

Porque se quenta moi fácilmente

13.

A auga é chamada o "disolvente universal".

Cando vertemos substancias químicas residuáis ao medio acuático (ríos, mares, acuíferos...)

a)

A contaminación só se produce na zona máis próxima ao verquido

b)

A contaminación estenderase transportada pola circulación da auga

c)

A contaminación da auga elimínase fácilmente con filtros

d)

A contaminación da auga é moi difícil de eliminar, porque é moi bon disolvente

e)

A contaminación afectará aos seres vivos, porque todos usan a auga