Worksheets¿Canto sabes sobre o mar do Grove?
Total questions: 9
Worksheet time: 5mins
Moitas persoas se preguntan cal é a diferenza entre zamburiña e volandeira. Saberías decir cal das seguintes imaxes se corresponde cunha volandeira?
O pulpo á feira é un manxar que moitos consideran o corazón da gastronomía galega pero, ¿cantos corazóns ten un pulpo?
Un, por suposto
Oito, un por cada raxo
Tres, porque non hai dous sen tres
Dous, por si falla o primeiro
A dorna de calime e as naves vikingas gardan un íntimo parentesco debido á disposición das táboas que forman o forro da embarcación, denominada...
Martelo de Thor
Tingladillo
Principio de Staffan Mörling
Nas antigas salgadeiras cada parte tiña o seu nome: a chanca, o morto, a tonelería, etc. ¿Con qué nome se coñecía o almacén de sal?
Alfolí
Alhelí
Alcanfor
O aceite extraido co prensado da sardiña tiña múltiples e apreciados usos antigamente. ¿Cómo se denominaba?
Saín
Aceite de sardiña virxe extra
Omega 3
Antigamente, os cabos e redes tinguíanse cos taninos extraídos da cortiza ou "casca" dos piñeiros para facelos impermeables, ¿cómo se chamaba esta tarefa?
Encascado
Baño María
Cortizado
¿Quen foi o inventor da conserva hermética?
Nicolas Appert
Rudolf Diesel
Nikola Tesla
Entre as décadas de 1950 e 1960 fabricáronse no Grove preto de cen motores mariños diésel por parte dunha importante empresa conserveira, ¿qué nome recibían estos motores?
Lores
Ayón
Barreiros
¿En qué ano foi inaugurado o Museo das Salgadeiras de Punta Moreiras?
2007
2000
2012
2017
