Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Os ecosistemas T.5 CN Netex

Total questions: 17

Worksheet time: 15mins

Name
Class
Date
1.

Cando unha especie considerase extinta?

a)

Cando non se atopa ningún individuo da especie en liberdade.

b)

Cando a especie convive só co home.

c)

Cando morre o último individuo desa especie.

2.

O conxunto de todos os ecosistemas chámase...

a)

Terra.

b)

Biosfera.

c)

cadea alimentaria.

3.

Conxunto formado polos seres vivos que habitan un lugar determinado e as relacións que se establecen entre eles e co medio no que viven.

a)

Ecosistema

b)

Biosfera

c)

Terra

d)

Especie

4.

Sinala os compoñentes dos ecosistemas.

a)

Medio físico

b)

Seres vivos

c)

As relacións

5.

Tipos de relacións que se poden dar entre os seres vivos dun ecosistema.

a)

Intraespecíficas e interespecíficas.

b)

Abertas e pechadas.

c)

Sinxelas e complexas

6.

Entre os seres vivos dun ecosistema establécense distintos tipos de relacións. Unha das máis importantes está relacionada coa...

a)

reprodución

b)

protección

c)

alimentación

7.

As relacións de alimentación pódense representar en forma de...

a)

esquema conceptual

b)

cadea alimentaria

c)

árbore

d)

elos

8.

As cadeas alimentarias están formadas por elos que son grupos de seres vivos que conseguen o seu alimento do mesmo xeito. O primeiro elo é sempre un ser vivo...

a)

produtor

b)

consumidor primario

c)

consumidor secundario

d)

descompoñedor

9.

Os ecosistemas poden dividirse en:

a)

naturais e artificiais

b)

naturais e desnaturalizados

c)

naturais e humanizados

10.

Os ecosistemas naturais máis importantes son:

a)

terrestres, acuáticos e mixtos.

b)

terrestres, acuáticos e humanizados.

c)

terrestres e acuáticos.

11.

(Contesta en galego e empregando unha soa palabra de 4 letras)

Nos ecosistemas TERRESTRES o principal compoñente é o

(a)  

12.

(Contesta en galego e empregando unha soa palabra de 4 letras)

Nos ecosistemas ACUÁTICOS o principal compoñente é a

(a)  

13.

Os ecosistemas mixtos máis importantes son ...

a)

o litoral e o terrestre.

b)

o litoral e as zonas húmidas.

c)

as zonas húmidas e as zonas secas.

14.

Os principais ecosistemas humanizados son:

a)

as cidades e as aldeas.

b)

aldeas, vilas e cidades.

c)

as cidades, as aldeas e os cultivos.

15.

Os cambios nos ecosistemas...

a)

poden ser naturais e artificiais.

b)

poden ser naturais e provocados polo ser humano.

c)

non se dan: nunca cambian.

16.

Marca as accións humanas prexudiciais para os ecosistemas.

a)

Contaminación

b)

Quecemento global

c)

Extinción de especies

d)

Deforestación

e)

Colaborar na limpeza de praias e bosques.

17.

Para reducir os efectos negativos sobre os ecosistemas, as persoas realizan accións que son beneficiosas para os ecosistemas entre as que salientan:

a)

reducir a contaminación

b)

reducir a emisión de gases do efecto invernadoiro

c)

protección e conservación de especies

d)

reforestación

e)

quedarse confinados en casa