wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Segunda Guerra Mundial

Total questions: 25

Worksheet time: 8mins

Name
Class
Date
1.

Alemaña ingresa na Sociedade de Nacións en 1926 pero, cando e por que a abandona?

a)

En 1933, porque Hitler accede ao poder e quere revisar o Tratado de Versalles.

b)

En 1939, tras ser sancionada por invadir Polonia.

c)

En 1929, porque o crack da Bolsa de Nova York supón a disolución da SdN.

d)

En 1936, porque Hitler incumple o pacto de non intervención na guerra civil española.

2.

Ademais de Alemaña, que outras potencias abandonan a Sociedade de Nacións nos anos 30?

a)

Estados Unidos, en 1933 porque o Congreso vota a favor de abandonar a SdN.

b)

A URSS, en 1936 cando Stalin inicia a Gran Purga.

c)

Xapón, en 1931 tras ser sancionada pola invasión de Manchuria.

d)

Italia, en 1935 tras ser sancionada pola invasión de Abisinia.

3.

Cal era o obxectivo da política exterior de Hitler?

a)

Crear un imperio colonial en África.

b)

Recuperar o pasado glorioso do Imperio Romano.

c)

Conquistar o "espazo vital" para forxar un Gran Reich.

d)

Asinar un pacto de non agresión coa URSS para repartirse Polonia.

4.

Hitler leva a cabo unha política de feitos consumados para revisar o Tratado de Versalles, cal é o primeiro paso que dá nesa dirección?

a)

A Anexión de Renania en 1935 logo dun plebiscito.

b)

A anexión dos Sudetes en 1938.

c)

A anexión do Sarre en 1935 logo dun plebiscito.

d)

O Anchluss ou unión con Austria en 1938.

5.

Cando e para que se formalizou o Eixe Roma-Berlín?

a)

En 1939 para repartirse Polonia.

b)

En 1936 para tomar medidas contra a influencia da internacional comunista.

c)

En 1936, tras abandonar Italia a SdN para cooperar no apoio ao bando franquista.

d)

En 1933 coa chegada ao poder de Hitler para formar un bloque fascista.

6.

Que guerras periféricas serven para achegar ás potencias fascistas e imperialistas do Eixe a partir de 1935?

a)

A invasión de Abisinia, a guerra civil española e a segunda guerra chino-xaponesa.

b)

A guerra ruso-xaponesa, a guerra chino-xaponesa e a guerra civil española.

c)

A guerra civil rusa, a guerra civil española e a guerra hispanoamericana.

d)

A guerra franco-prusiana, a guerra de Secesión americana e a guerra civil española.

7.

Quen foi o principal defensor da política de pacificación (appeasement) para evitar unha guerra co III Reich?

a)

O primeiro ministro británico Wiston Churchill.

b)

O presidente norteamericano F. D. Roosevelt.

c)

Stalin co pacto de non agresión xermano-soviético.

d)

O primeiro ministro británico Neville Chamberlain.

8.

Cales dos seguintes son os principais acordos froito da política de pacificación (appeasement) que practican as democracias occidentais para evitar a guerra nos anos 30?

a)

O pacto de non agresión xermano-soviético e o pacto antikomintern.

b)

O pacto de aceiro e o ingreso de Alemaña na Sociedade de Nacións.

c)

O pacto de non intervención na guerra civil española en 1936 e os acordos de Múnic de 1938.

d)

O Pacto de Locarno e o pacto de Briand-Kellog.

9.

Coa invasión de Polonia o 1 de setembro de 1939 comeza a II Guerra Mundial. Cal foi a escusa de Hitler para invadila?

a)

O xenocidio dos alemás en Polonia.

b)

Unha guerra preventiva antes de que Polonia atacase a Alemaña.

c)

Que estaba chea de xudíos.

d)

Recuperar o corredor de Danzig.

10.

Os éxitos de Alemaña na primeira fase da guerra debéronse a...

a)

a sorte.

b)

a esmagadora superioridade do exército alemá.

c)

a aplicación da blitzkrieg.

d)

a utilización dun arma secreta capaz de producir lóstregos.

11.

Por que Hitler decidiu atacar a Europa septentrional antes de atacar a Francia?

a)

Porque Francia estaba moi ben defendida pola Liña Maginot.

b)

Porque a industria alemá precisaba o ferro sueco e para controlar a costa oriental do mar do Norte.

c)

Porque Hitler consideraba que suecos e noruegos formaban parte da raza aria.

d)

Non hai ningunha razón concreta, Hitler non tiña un plan predeseñado.

12.

Que é o réxime de Vichy?

a)

É o nome que recibe a resistencia francesa dirixida por Charles de Gaulle.

b)

É o nome do réxime político instaurado en Francia tras o armisticio coa Alemaña nazi.

c)

É a república establecida por Mussolini tras ser liberado polos alemás.

d)

É unha dieta de adelgazamento que seguía Hitler a base de auga de VIchy.

13.

Con que nome se coñece a anexión de Austria por parte de Alemaña?

a)

Blitzkrieg

b)

Wehrmacht

c)

Luffwafe

d)

Anschluss

14.

Cal foi o detonante da Segunda Guerra Mundial?

a)

A invasión da Unión Soviética por parte de Alemaña

b)

A invasión de Polonia por parte de Alemaña

c)

A loita ideolóxica entre comunismo e fascismo

d)

A desobediencia de Hitler ao Tratado de Versalles

15.

Que política seguiron as democracias ante a actitude de Hitler antes da guerra?

a)

Política de pacificación: non facer nada por medo a unha nova guerra

b)

Política bélica: aplastar o fascismo

c)

Política neutral: nin fascista nin comunista.

d)

Política pro-fascista

16.

En que consiste a chamada blitzkrieg ou "guerra lóstrego"?

a)

En facer a guerra aproveitando que vai mal tempo

b)

En ser rápidos nas manobras e estratexias

c)

En lanzar moitos bombardeos sobre o inimigo

d)

En penetrar con rapidez e por sorpresa sobre as filas inimigas empregando un ataque coordinado da forza aérea e dos carros de combate.

17.

Cal foi o detonante para que Estados Unidos entrase na guerra?

a)

O ataque xaponés a Pearl Harbour

b)

O expansionismo xaponés

c)

Hitler estaba tomando demasiado poder

d)

O espírito belicista do presidente Roosevelt.

18.

Que coñecemos como "Operación Barbarroxa"?

a)

A ocupación de Berlín por parte dos soviéticos.

b)

O desembarco de tropas aliadas en Francia.

c)

A invasión de Polonia por parte de Alemaña.

d)

A invasión alemana da Unión Soviética o 22 de xuño de 1941

19.

Cal foi o último país en rendirse concluíndo deste xeito a Segunda Guerra Mundial?

a)

Alemaña

b)

Italia

c)

Xapón

d)

Unión Soviética

20.

Por que foi tan importante a Batalla de Stalingrado en 1942?

a)

Porque cambiou o curso da guerra a favor dos Aliados

b)

Porque foi a primera gran derrota do Eixe

c)

Porque foi unha das máis sanguentas da Historia

d)

Todas as respostas son válidas

21.

Que foi o Holocausto?

a)

O internamento en campos de concentración dos xudíos

b)

A persecución e asasinato sistemático dos xudíos

c)

A morte dos xudíos como consecuencia dos traballos forzosos

d)

O uso de man de obra xudía para enriquecer ao III Reich

22.

Como acabou a guerra en Europa?

a)

Coa ocupación de Berlín polos soviéticos

b)

Coa execución de Mussolini

c)

Con Desembarco de Normandía

d)

Co impacto da bomba atómica

23.

Como acabou a guerra no Pacífico?

a)

Coa batalla de IwoJima

b)

Coa ocupación estadounidense de Xapón

c)

Co lanzamento de dúas bombas atómicas

d)

Co asesinato do emperador

24.

Que feito ilustra a seguinte frase de Wiston Churchill?

"Déronvos a elixir entre a deshonra e a guerra, escollestes a deshonra e teredes a guerra"

a)

O Tratado de Versalles

b)

Os Acordos de Múnic de 1938

c)

O ataque xaponés a Pearl Harbor

d)

A formación do goberno de Vichy

25.

Como acabaron Mussolini e Hitler?

a)

Xulgados pola Corte Penal Internacional por crimes de guerra.

b)

Mussolini foi fusilado polos partisanos e Hitler suicidouse.

c)

Abdicaron e refuxiáronse nos Emiratos Árabes.

d)

Cambiaron de identidade e ocultáronse ata a súa morte.