NEW
Font size
WorksheetsCCNN - As plantas
Total questions: 25
Worksheet time: 1hrs 15mins
Cales son as principais partes da planta?
Raíz, talo, follas e fotosíntese
Raíz e flores
Raíz, talo, follas e vasos condutores
TODAS as anteriores son incorrectas
Para que serve a raíz?
Para ancorar a planta ao solo e para obter o zume bruto.
Para chupar auga
Para facer a fotosíntese
Para defenderse dos factores de deterioración, como por exemplo a erosión do aire.
LE DETIDAMENTE ESTE TEXTO E MARCA A OPCIÓN CORRECTA --> A fotosíntese é o proceso polo que captan dióxido de carbono do aire e o xuntan co zume bruto (auga e sales minerais) e coa enerxía da luz do Sol. Deste xeito, transfórmano no alimento para a planta (zume elaborado) e liberan osíxeno ao aire.
É CERTO
FALSO
Sería verdadeiro SÓ se indicase que a fotosíntese unicamente é realizada polas anxiospermas.
Non hai información suficiente para poder dicir se é verdadeiro ou falso.
Que son os estomas?
Órganos sexuais da planta.
Filamentos da raíz a través dos cales a planta absorbe auga.
As cápsulas nas que se atopan as sementes.
Poros que permiten que se produza o intercambio de gases entre a planta e o aire
Como se chaman os vasos condutores que aprendemos?
Vasos produtores e vasos siberianos
Vasos leñosos e vasos liberianos
Vasos brutos e vasos elaborados
Vasos excretores e vasos respiratorios
As plantas CON FLORES reprodúcense mediante...
Esporas
Sementes
Estomas
Vainas
As plantas CON FLOR podemos clasificalas en...
Aracnospermas e fitospermas
Troposferas e litosferas
Fotospermas e ximnospernas
Anxiospermas e ximnospermas
As anxiospermas...
reprodúcense por esporas.
teñen froito e as sementes están dentro del.
son un tipo de planta invasora.
tardan moito en facer a fotosíntese.
Os musgos e os fentos son...
Plantas sen flores.
Especies en perigo de extinción.
Capaces de fabricar o seu propio alimento sen facer a fotosíntese.
especies que pertencen ao Reino dos Protistas.
Que é a CLOROFILA?
Unha marca de chicles
Un produto químico para botar nas piscinas
Unha substancia que se atopa nas follas das plantas e que lles dá esa cor verde tan característica
O nome que reciben os líquidos que ascenden desde as raíces ata as follas para que se produza a fotosíntese.
Que falta nesta fórmula "máxica"?
Dióxido de Carbono (C0₂) + Zume Bruto + ????? = Zume Elaborado + Osíxeno (0₂)
Auga (H₂O)
Luz solar
Hidratos de carbono
Ganas de pasalo ben
Que viaxa a través dos vasos liberianos?
O zume bruto
A auga
Non existen os vasos liberianos
O zume elaborado
Que son as FLORES?
Órganos reprodutores que teñen os gametos masculinos e femininos.
Elementos decorativos das plantas.
Resudios da fotosíntese
Estame e pistilo.
Onde se producen os gametos femininos ou óvulos?
No estame
No pistilo
No envés
No estoma
Que son os estames?
Partes superiores das follas.
Pequenos poros polos que as plantas absorben dióxido de carbono e expulsan osíxeno.
Órganos que producen os gametos masculinos ou o pole.
Ningunha das anteriores.
O conxunto de follas de cores (pétalos) que atraen aos insectos e que protexen os órganos encargados da reprodución chamámolo...
Pistilo
Estame
Corola
Estigma
Unha planta con flores hermafroditas pode reproducirse por si mesma?
É un ser vivo, entón si.
Non, porque precisa que o pole da flor viaxe ata o óvulo da flor doutra planta.
Si, sempre e cando o ambiente sexa húmido.
Depende da planta.
Como é transportado o pole habitualmente?
Polo zume bruto.
Polo vento e os animais.
Polos pistilos.
A planta colle dióxido de carbono e luz solar para transportalo a toda a planta mediante a fotosíntese
Cando se forma a semente?
Nas anxiospermas, no verán. Nas ximnospermas nos meses fríos.
Cando cae no chan e xermina.
Cando un insecto é atraído para a polinización.
Cando se xuntan os dous gametos no ovario.
Cando se produce a xerminación?
Cando a planta capta toda a enerxía solar posible.
Na primavera.
Cando un insecto vai dunha flor a outra, deixando atrás restos de pole.
Cando a semente sae do froito que a rodea e medra ata converterse nunca planta nova
Como se reproducen as carrizas e os fentos?
Por reprodución sexual
Por esporas
Por sementes
Por favor
Como se chaman as estruturas nas que se agrupan as esporas dos fentos?
Soros
Poros
Coros
Estomas
Cando se dá a reprodución asexual das plantas?
Cando non hai suficientes insectos no ecosistema
Cando teñen sexo mixto
Cando teñen flores hermafroditas
Cando unha parte delas se divide
Que é un bulbo?
Un órgano subterráneo formado por escamas e que contén os nutrientes
Un órgano reprodutor situado na parte máis alta da planta
Unha parte da corola.
bun banimal barecido a un calamar, bero con ventosas.
Que son os talos que medran baixo terra de forma horizontal e dos que xorden novas plantas?
Lesmas
Gallos
Rizomas
Tubérculos
