wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

A economía e o seu funcionamento

Total questions: 20

Worksheet time: 20mins

Name
Class
Date
1.

Que é a actividade económica?

a)

É o proceso polo que pasa un produto dende que é producido ata que chega ao consumidor

b)

É calquera proceso que supón a xeración e o intercambio de produtos, bens e servizos.

c)

É a creación e procesamento de bens e mercadorías.

d)

É o gasto dos produtos ou servizos que se adquiren para satisfacer as necesidades.

2.

Un traballador dedicado á extracción de minerais nunha mina pertence

a)

Ao sector primario.

b)

Ao sector secundario.

c)

Ao sector terciario.

d)

Ao sector cuaternario.

3.

Unha médica dun hospital pertence a...

a)

O sector primario.

b)

O sector secundario.

c)

O sector terciario.

d)

O sector cuaternario.

4.

Un operario nunha fábrica de automóbiles pertence...

a)

Ao sector primario

b)

Ao sector secundario

c)

Ao sector terciario

d)

Ao sector cuaternario.

5.

Debido aos problemas da contorna rural e á mecanización, hoxe en España os traballadores do sector primario sitúanse...

a)

Por riba do 70%

b)

Por debaixo do 20%

c)

En números negativos.

d)

Por debaixo do 5%

6.

O comercio interior pode ser de dous tipos:

a)

Ao por maior e ao por menor.

b)

Ao alto e ao baixo.

c)

Interior ou exterior.

d)

En efectivo o con tarxeta.

7.

As compras que un país realiza a outro país son chamadas...

a)

Exportacións.

b)

Importacións.

c)

Exclusións.

d)

Implosións.

8.

O euro, a moeda única europea, empezou a circular no...

a)

2013

b)

2008

c)

2002

d)

1985

9.

Un investimento é

a)

Un diñeiro que se gasta en algo do que se espera obter beneficio nun futuro.

b)

A diferenza entre os ingresos e os gastos.

c)

A venta de bens e mercadorías a outros países.

d)

A cantidade de cartos que se dan como intercambio dun produto ou servizo.

10.

En relación co traballo, a poboación pode dividirse en...

a)

Poboación activa e en paro.

b)

Poboación activa e non activa.

c)

Poboación activa e pasiva.

d)

Poboación activa e interactiva.

11.

Qué significa ser un traballador autónomo?

a)

Significa que traballa pola súa conta e non ten xefe.

b)

Significa que sabe facer o seu traballo sen que lle teñan que dicir nada.

c)

Significa que pode escoller o seu horario sempre e cando remate as tarefas.

d)

Significa que o seu soldo provén do Estado e non depende do seu esforzo.

12.

Unha empresa é

a)

Un organización sen ánimo de lucro que loita contra as inxustizas sociais.

b)

Unha organización que defende os dereitos dos traballadores, así como un soldo digno e un horario axeitado.

c)

Unha organización creada con fins comerciais que satisfai as necesidades de bens e servizos dos seus demandantes.

d)

O conxunto de persoas que non están en idade ou condicións de desempeñar un traballo.

13.

As empresas, segundo a actividade que desenvolven, poden ser:

a)

Interiores, exteriores ou centrais.

b)

Primarias, secundarias ou terciarias.

c)

Pequenas, medianas ou grandes.

d)

Industriais, comerciais ou de servizos.

14.

As empresas que pertencen ao Estado son...

a)

Públicas.

b)

Privadas.

c)

Mixtas.

d)

Combinadas.

15.

O obxectivo da publicidade é

a)

Darnos tempo para ir ao baño cando estamos vendo a televisión.

b)

Entreternos con chistes e cousas divertidas.

c)

Dar a coñecer un produto e convencer ao receptor de que o merque.

d)

Conseguir cartos para os creadores de contido nas redes sociais.

16.

Estamos ante un caso de publicidade enganosa cando...

a)

O produto que intentan vender non se pode atopar en todas as tendas.

b)

O produto que intentan vender non ten as características que describen no anuncio.

c)

O produto que intentan vender só está dispoñible en certas cores.

d)

O produto que intentan vender é moito mellor do que explican no anuncio.

17.

Ademais da publicidade puramente comercial, ás veces...

a)

Utilízase para crear conciencia sobre certos temas.

b)

Utilízase para convencer ao público de que non merque un produto.

c)

Utilízase para rechear o espacio baleiro en autobuses e carteis.

d)

Utilízase para remover a comida que se coce dentro da pota.

18.

Como se denomina ao feito de gañar cartos e non gastalos?

a)

Investimento.

b)

Balanza comercial.

c)

Turismo.

d)

Aforro.

19.

Como denominamos a un traballador que realiza a súa actividade nunha empresa que non é da súa propiedade?

a)

Parado.

b)

Autónomo.

c)

PEME.

d)

Asalariado.

20.

Cales son as tres fases da actividade económica?

a)

Poboación activa, poboación non activa e poboación interactiva.

b)

Sector primario, sector secundario e sector terciario.

c)

Produción, distribución e consumo.

d)

Nutrición, relación e reprodución.